O Clúster TIC Galicia colabora coa sede de everis en Galicia para impulsar e fomentar a participación do ecosistema emprendedor galego nos eAwards Spain, que convoca a fundación everis. A entidade ofrécese así para resolver calquera dúbida sobre a presentación á convocatoria dos seus asociados.
Nestes premios, cuxo prazo límite de presentación é o 21 de xuño de 2021, búscanse proxectos que se atopen, como mínimo, en fase de prototipado, baseados en tecnoloxías de alto impacto, innovadoras, escalables, sostibles, que contribúan a mellorar a calidade de vida e/ou solucionen problemas ambientais a través de modelos de negocio dixitais e/ou do uso intensivo da tecnoloxía.
O gañador español recibirá 20.000 €, accederá a un programa de aceleración especializado e obterá un pase á final internacional da 20ª edición dos Global eAwards, onde optará a 60.000 € adicionais e a un programa de aceleración exclusivo. Neste certame, competirá por este premio con proxectos tecnolóxicos doutros dez países de Europa e Latinoamérica: Arxentina, Bélxica, Brasil, Chile, Colombia, Holanda, Italia, Perú, Portugal e Reino Unido.
Os emprendedores interesados en participar poden consultar as bases dos eAwards Spain aquí e presentar a súa candidatura na web eawardsspain.es. Aqueles que teñan algún tipo de consulta ou dúbida, poden dirixila a info@clusterticgalicia.com.
Comentarios