25 febreiro 2025
O Clúster TIC Galicia vén de adxudicar a Zabala Innovation a contratación dun servizo de consultoría para a elaboración do Plan Director da Industria das TIC. A consultora internacional, referente na estratexia de innovación e financiamento da I+D+i, terá que apoiar á entidade na recollida de información, redacción e aprobación desta folla de roteiro estratéxica para o sector tecnolóxico galego.
Ademais, terá que realizar as seguintes tarefas:
Elaborar o plan director da industria das TIC, acompañar ao Clúster TIC Galicia nos trámites e incorporar as modificacións que poidar xurdir ata a súa aprobación no Consello da Xunta.Investigar ...25 febreiro 2025
Red.es, entidade pública adscrita ao Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública, vén de seleccionar por segundo ano consecutivo ás nosas asociadas Cinfo, Galvintec, Igalia e Situm, entre as 50 pemes tecnolóxicas que estarán no Pavillón de España no Mobile World Congress (MWC) Barcelona 2025, o evento global máis importante e influente dedicado ao sector dixital e á conectividade, que terá lugar do 3 ao 5 de marzo na cidade condal.O Pavillón de España é o punto de encontro para coñecer o gran potencial do noso país no ámbito tecnolóxico a través dunha selección de compañías ...
24 febreiro 2025
O Clúster TIC Galicia colabora un ano máis co Congreso & EXPO anual ASLAN2025, que se celebra o 18, 19 e 20 de marzo no Palacio de Congresos de Madrid. Organizado pola Asociación Aslan, a 32ª edición deste evento terá lugar baixo o título «IA + Innovación dixital. Grandes retos e oportunidades», unha ocasión idónea para coñecer como está a evolucionar a ciberseguridade, o posto de traballo dixital, a automatización ou a xestión do dato grazas á Intelixencia Artificial e como afrontar os novos retos para redes, contornas multicloud, centros de datos e outras infraestruturas dixitais. Consulta o programa completo aquí ...
24 febreiro 2025
O Clúster TIC Galicia, en colaboración co Clúster da Madeira e o Deseño de Galicia (CMD), organiza a sesión informativa “Intelixencia Artificial aplicada á empresa”, unha xornada para abordar como dar soporte á oficina técnica de prototipos e elaboración de planos de fabricación neste sector.
Na sesión, que terá lugar o mércores 5 de marzo no Biopolo A Sionlla de Santiago de Compostela, expoñerase tamén como a integración da IA nos negocios permite un feedback activo mediante a análise en tempo real de recensións e comentarios, identificando oportunidades de mellora en produtos e servizos mentres se reforza a relación ...
10 febreiro 2025
O Clúster TIC Galicia participou o pasado venres, 7 de febreiro, na xornada demostrativa "Ferramentas de IA para a Mellora Operativa das Empresas do Sector Téxtil", organizada en colaboración con Cointega na súa sede, sita no edificio dotacional do PTL Valladares de Vigo. Neste encontro, diferentes empresas socias presentaron a firmas do sector téxtil os seguintes casos de uso para o desenvolvemento dunha plataforma con diferentes ferramentas de IA:
Creación de variantes de cor sobre modelos existentes utilizando modelos da paleta e foto shooting (Cinfo e Tesla Technologies & Software).Asistentes virtuais: chatbots e asistentes de compra para a atención ...3 febreiro 2025
O III Encontro Investir en ciencia si é rendible reunirá a máis de 80 relatores, representantes de sete universidades españolas e europeas e líderes dos ecosistemas de ciencia e tecnoloxía e investimento do conxunto de España e doutros países europeos para impulsar o debate sobre a “soberanía tecnolóxica” de Europa e o papel fundamental que debe xogar o emprendemento científico como motor da innovación e da Intelixencia Artificial (IA).A terceira edición deste encontro, que se celebrará o 19 e 20 de febreiro, analizará novos proxectos de investimento en novas tecnoloxías relacionadas coa IA e as ciencias da vida e ...
3 febreiro 2025
O Clúster TIC Galicia participa por primeira vez como Ambassador no IoT Solutions World Congress (IOTSWC), que se celebra en Barcelona do 13 ao 15 de maio. Trátase do principal evento a nivel mundial centrado en IoT, intelixencia artificial (IA) e transformación dixital, onde líderes da industria e da innovación e responsables da toma de decisións se dan cita para dar forma ao futuro dos negocios e da sociedade.O IOTSWC reunirá na Fira de Barcelona a 11.000 visitantes de máis de 100 países e ofrecerá unha plataforma dinámica para establecer contactos, compartir coñecementos e descubrir as solucións de ...
31 xaneiro 2025
O 13 de febreiro finaliza o prazo para que as compañías aspirantes presenten a súa candidatura
O asesoramento na redacción do documento conta cun orzamento de licitación de 45.980 euros
O Clúster TIC Galicia vén de publicar o prego de condicións para a contratación dun servizo de consultoría que apoie á entidade na recollida de información, redacción e aprobación do Plan director do sector TIC de Galicia. Este paso chega despois de que o presidente da entidade, Antonio Rodríguez del Corral, e a conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, asinaran un convenio de colaboración para avanzar na ...
30 xaneiro 2025
A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, e o presidente do Clúster TIC Galicia, Antonio Rodríguez del Corral, asinaron hoxe un convenio de colaboración para avanzar na elaboración do Plan director da industria das TIC
Tras a firma do acordo, a conselleira recordou que os plans directores son instrumentos da planificación da política industrial enmarcados nunha estratexia que ten como obxectivo “facilitar o proceso de adaptación e transformación enerxética e dixital da industria galega”, dixo.
Neste marco, subliñou que o convenio asinado por importe de 60 ...
23 decembro 2024
Juan de Dios e Matías Núñez fundaron Human Experiencie Hub en Buenos Aires (Arxentina) no ano 2022. Trátase dun proxecto de educación dixital para formar, a través de contidos de calidade e leccións prácticas, Design Thinkers, isto é, profesionais de deseño de produtos dixitais con habilidades creativas e criterio propio para resolver problemas, deseñando experiencias innovadoras, centradas nas persoas.
"O obxectivo era dar resposta á falta de programas formativos de deseño de produto con retos laborais reais aos que te soes enfrontar cada día nunha empresa que oferta este tipo de servizos", explica Juan de Dios. Esta idea empezou ...
20 decembro 2024
Dende o Clúster TIC Galicia desexámosvos Bo Nadal! E queremos aproveitar estes últimos días de 2024 para agradecer a todas as institucións, entidades e asociados que ao longo deste 2024 amosaron o seu apoio á nosa asociación e participaron dos proxectos e actividades que organizamos ou promovemos. Neste contexto, gustaríanos tambén destacar os temas transversais nos que estivemos ou estamos traballando co obxectivo de dar resposta á demanda do sector:
Plan Director das TIC. Este ano celebramos un fito: que o sector tecnolóxico se considerase "estratéxico" pola Xunta e que se aprobase a redacción do Plan Director da Industria das ...18 decembro 2024
Dende o Clúster TIC Galicia vimos de abrir o prazo de solicitude para os cursos en materia tecnolóxica da nova convocatoria do noso plan formativo, que se desenvolverá de xaneiro a marzo de 2025. A través deste programa, este ano cualificáronse ...
¡Ola! ¿Poderíamos habilitar algúns servizos adicionais para Analytics, Security & Marketing? Sempre poderá cambiar ou retirar o séu consentimento máis tarde.