CAMPUS DUAL: Clúster TIC Galicia, Universidade de Vigo e Abanca aúnan esforzos para facilitar a empleabilidade aos desempregados

Óscar Santos Rodríguez,

CAMPUS DUAL: Clúster TIC Galicia, Universidade de Vigo e Abanca aúnan esforzos para facilitar a empleabilidade aos desempregados


Campus Dual é unha iniciativa pioneira e innovadora para a capacitación, empregabilidade e inserción laboral que -inicialmente- pon en marcha Clúster TIC Galicia, Universidade de Vigo e Imatia Innovation. Caracterizada pola súa proactividade e apertura a calquera entidade (asociacións, universidades, empresas e AAPP), o fin último desta iniciativa é dotar a Galicia dunha canteira de talento TIC que sexa referente a nivel nacional e internacional, e que –ademais- sirva de palanca de desenvolvemento económico e benestar social. A iniciativa vincúlase coas actuacións do Plan de Promoción do Talento Dixital da Xunta, ao que está adherido o Clúster TIC.

A incorporación de ABANCA, como aliado estratéxico, supón un gran respaldo e ratifica o seu apoio para potenciar un ecosistema de talento en Galicia. De igual forma, a empresa Bysidecar quixo unirse ao proxecto aportando o seu coñecemento e recursos no ámbito do marketing e venda dixital. Ademais, Campus Dual está en negociacións para incorporar a máis universidades e entidades, tanto públicas como privadas.

Desde o pasado mes de setembro as tres entidades promotoras estiveron colaborando con gran éxito nun Postgrado de Desenvolvemento de Software e Negocio Dixital, impartido na Escola de Estudos Empresariais da Universidade de Vigo, na cal titulados de ADE, Dereito e outras carreiras -sen coñecementos previos en programación- estanse formando en empresas TIC de maneira remunerada e desenvolvendo proxectos reais, que lles capacita para poder cubrir postos de traballo como programador de software ou consultor TIC.

Programa gratuíto de desenvolvedor Full Stack

Coa finalidade de axudar a paliar a grave situación creada polo COVID-19, Campus Dual pon en marcha unha iniciativa solidaria e totalmente gratuíta que capacita para traballar no sector TIC –por un lado- a estudantes de FP e de Universidade que están acabando os seus estudos e non contan cunha empresa onde realizar as prácticas que necesitan para iniciar a sús incorporación laboral; e, por outro lado, a persoas con experiencia profesional que foran víctimas da ola de despidos provocada por esta crise. En ambos casos, as prazas son limitadas e efectuarase un proceso de selección.

Os cursos terán unha duración de 12 semanas e organizaranse en grupos de 9 alumnos e equipos de 3, que serán supervisados por programadores profesionais de Imatia. Trátase dunha formación empírica 100% similar á que poda encontrar un usuario nun posto de traballo, combinando sesións en grupo, aprendizaxe individual e traballo en equipo. Todo o traballo realizarase en remoto, aplicando metodoloxías áxiles e apoiándose nas plataformas de colaboración dixital e de formación online máis utilizadas nas empresas.


Máis información en: https://www.campusdual.com/

Programa gratuíto: https://www.campusdual.com/curso-full-stack/

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies