Plexus Tech participou nunha edición máis de Talentia Summit, a maior feira de talento e emprego de Galicia. Esta nova edición, realizada de forma virtual e presencial, tivo lugar en Santiago de Compostela no edificio administrativo de CERSIA do 11 ao 18 de novembro.
Co lema “Desata o potencial do talento”, nesta edición de 2022 do evento Plexus Tech contou cunha caseta virtual onde María Barbeira e Uxía Ponche, compoñentes da área de Captación de Talento, xestionaron un espazo para a conversación cos e as profesionais que visitaron a caseta para falar de talento, emprego e proxección profesional.
Plexus Tech é unha compañía comprometida co talento autonómico e nacional, e acudiu ao evento promocionando multitude de oportunidades laborais en diversas áreas de desenvolvemento, todas elas con diferentes graos de traballo híbrido e recursos de formación continua líderes no sector. Podes consultar algunas delas, aquí.
Ademais das casetas de empresas, a feira promoveu unha serie de webinars, tanto en formato vídeo como presentacións, nas que se trataron temas relevantes dentro do mercado laboral como o Persoal Branding ou as últimas metodoloxías de traballo en equipo.
Comentarios