O presidente do Clúster TIC Galicia valora a implantación do grao de Intelixencia Artificial nas universidades galegas

Silvia Camesella,

O presidente do Clúster TIC Galicia valora a implantación do grao de Intelixencia Artificial nas universidades galegas


O presidente do Clúster TIC Galicia, Antonio Rodríguez del Corral, valora de forma positiva a implantación do grao de Intelixencia Artificial (IA) nas universidades galegas nunha reportaxe publicada esta fin de semana en La Voz de Galicia en relación a este tema. O responsable destacou a importancia desta formación, xa que ademais de responder a unha demanda das empresas, é unha anticipación do sistema, que se está a sincronizar co mercado de traballo. 

«A maioría dos profesionais que cobren estes postos adoitan ser graduados en Informática, que se especializaron en IA. Isto é un hándicap porque deixa sen cubrir outros postos nos que existe escaseza de profesionais», apunta del Corral. Con esta implantación, xeraríanse 150 prazas entre a UDC, USC e UVigo, 50 por centro. Os dous primeiros anos serían comúns a todas as facultades, e nos dous últimos, cada unha tería a súa especialización. 

Por outra banda, o presidente vincula esta proposta, que podería ser unha realidade no curso 2022-23, coa Cidade das TIC: Este proxecto «está a estimular o xurdimento destas iniciativas e (…) fai visible á sociedade esta gran oportunidade de desenvolvemento económico para Galicia». 

A noticia completa, aquí.

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies