A comida de Nadal de Plexus Tech tivo lugar o pasado venres 16 de decembro ao grande en Santiago de Compostela, na que foi a primeira gran celebración da compañía galega despois da pandemia.
Despois de tres anos sen poder celebrarse, desde a compañía había moitas ganas de poder organizar algo máis que unha simple comida, un evento que se denominou Plexus Fest, por ser máis que unha comida, unha gran festa onde celebrar e compartir os éxitos deste 2022, nun Palacio de Congresos e Exposicións que acolleu ás case 700 persoas vinculadas a Plexus Galicia e que colaboran día a día nos múltiples proxectos a nivel nacional e internacional da compañía.
Ademais deste evento, celebráronse outros nas diferentes cidades onde Plexus Tech ten presenza en España e Portugal como Huelva, Tenerife, Madrid, Barcelona ou Palma de Mallorca, aos que se apuntaron máis de 400 compañeiros.
Comentarios