Inetum, mellor IBM Business Partner 2022

Silvia Camesella,

Inetum, mellor IBM Business Partner 2022


Inetum, empresa líder en Europa en servizos e solucións dixitais, foi galardoada como Partner do Ano en Servers, categoría que inclúe IBM Power e IBM Mainframe, durante a celebración do IBM Ecosystem Summit 2022

IBM celebrou a súa gala anual, o Ecosystem Summit, con 300 profesionais reunidos en Espazo Platea, en Madrid. Unha xornada na que a compañía presentou as súas últimas novidades e realizou a entrega de premios a aqueles partners que tiveron un desempeño destacable en 2022.

Carlos Muñoz, director xeral de Inetum en Iberia Latam, recolleu o premio Partner do ano IBM Servers da man de Horacio Morell, presidente de IBM España, e Fernando Suárez, Partner Ecosystem Leader de IBM España, Portugal, Grecia e Israel. “Unha gran noticia que fortalecerá o noso partnership, tanto na unidade de Systems como no resto de portfolio de IBM”, foi a mensaxe que trasladaron ambas as compañías.

Entre as novidades sinaladas por Fernando Suárez destacan os resultados de crecemento que xerou a actividade dos Business Partners no último ano. “A mellor maneira de seguir crecendo no negocio é colaborar cos nosos partners. Todos os investimentos destinados a recursos, programas, etc.., están dedicadas a traballar con eles. IBM vende tecnoloxía que hai que integrar nun proxecto, e é fundamental que todos os partners teñan o coñecemento da tecnoloxía para que durante a elaboración do proxecto atopen as solucións aos seus problemas. Os nosos socios teñen que saber que non hai límites en termos de ambición, mentalidade, tecnoloxía e co-creación”.

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies