PuntoGal celebra o Nadal coa súa última promoción para 2022

Silvia Camesella,

PuntoGal celebra o Nadal coa súa última promoción para 2022


PuntoGal celebra a chegada do Nadal cunha atractiva rebaixa no prezo dos novos dominios. Nos rexistradores sumados a esta promoción, as persoas interesadas poderán obter o seu .gal por un prezo máximo de 10 euros máis IVE. Os prezos rebaixados estarán vixentes desde o día 12 e ata o 29 de decembro. 

Para poder aproveitar a promoción de desconto nos prezos do .gal que trae o Apalpador, é preciso dirixirse ás empresas rexistradoras Blacknight, Arsys, Dinahosting, INWX, CDMon, Openprovider, R adia e OVH.com, que ofrecen distintas políticas de prezos e servizos con rexistro de dominios novos. PuntoGal recomenda visitar todas as páxinas das empresas participantes na promoción e atopar a que se adapte mellor ás súas necesidades. Toda a información atópase na páxina www.dominio.gal/promocions/.

PuntoGal, que xa supera os 6.700 dominios rexistrados, segue traballando para que todas aquelas persoas, asociacións, institucións e empresas que queiran visibilizarse na rede como parte da comunidade galega poidan facelo cun prezo competitivo.

A campaña, centrada na figura do Apalpador, foir edeseñada por Xoana Pousa, creadora multidisciplinar coruñesa formada en Belas Artes, coñecida tamén coma Cuchiflainas polo seu proxecto de roupa, accesorios e ilustración.

O dominio continúa co seu programa corporativo de apoio a iniciativas relacionadas coa lingua, a cultura e as TIC en Galicia. Entre as últimas actividades realizadas figura o patrocinio dos VII Premios Paraugas, que recoñecen as mellores estratexias de creatividade, deseño, edición, industria gráfica, márketing e comunicación, ou os VI PremiosSpin-Off PuntoGal, que distinguen a transferencia de coñecemento entre a universidade pública e a empres e alentan o emprendemento que xorde desde os grupos de investigación.

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies