Plexus Tech participou no recoñecemento do Proxecto Avecen, no marco da cerimonia de entrega de premios da Rede Colaborativa de Sitios de Referencia (RSCN), celebrada o pasado luns en Bruxelas. No acto estivo presente o seu socio director de Health & SocialCare, José Manuel Chao Ardao, para recoller o premio.
A solución Avecen, acrónimo de Virtual Assistant for Neurodegenerative Diseases, foi seleccionada entre 25 aplicacións a nivel europeo como referencia para un proxecto de innovación escalable nos países da Unión Europea. Con esta iniciativa preténdese desenvolver unha app que faga un seguimento e avaliación continua da execución de determinadas rutinas clínicas nos pacientes con enfermidades neurodexenerativas, con recomendacións adaptadas ao estado de cada un e avaliando o seu comportamento habitual para valorar a evolución do seu estado de saúde.
Este recoñecemento enmárcase no proxecto europeo IN4AHA, integrado por 11 entidades de 8 países europeos, entre elas o Clúster da Saúde de Galicia, que recibiu e recolleu o galardón en representación do Consorcio.
Na citada gala, a Consellería de Sanidade de Galicia tamén recibiu o premio 4 estrelas, o máximo galardón que recoñece a súa excelencia como referente na rede colaborativa da organización.
Comentarios