28 maio 2014
Manuel L. Pan é o CEO de Abertal desde a súa creación en 1997. Actualmente a empresa está especializada en dúas seccións ben diferenciadas, a Consultoría Estratéxica en TIC e na área de Turismo e TIC. Un postgrao en Telemática pola UDC e outro en Planificación de Destinos Turísticos pola UOC marcaron as liñas de especialización nas que asentamos o noso proxecto empresarial. Foi membro destacado durante anos de distintas entidades asociativas tanto do ámbito das TIC como do sector turístico. Unha implicación e participación que marcan o carácter colaborativo da propia empresa na que se entende a acción empresarial ...
26 maio 2014
Ferrolano, casado con Carme, pai de Paula, Carmen e Jorge, sempre desenvolvín a labor profesional no sector TIC, en España, (a maior parte do tempo en Galicia e Asturias), en Portugal e en México, traballando para o Grupo Televés, na Dirección Xeral de Organización e Sistemas da Xunta, no Grupo Telefónica e no Grupo SATEC onde hoxe son o responsable do Negocio en España e responsable da Delegación de Asturias e Galicia. Qué destacaría da situación actual do Clúster e cal sería o principal obxectivo a acadar durante o seu mandato? Por unha parte coido que o traballo ...
23 maio 2014
Jesús Lage Fernández (Lugo 1972) é Licenciado en Física pola Universidade de Santiago de Compostela e diplomado en Xestión das Telecomunicacións pola Escola de Organización Industrial (EOI).Desenvolveu a súa carreira profesional de máis de 17 anos integramente en empresas no eido do sector da Consultaría TIC e de negocio, traballando a meirande parte deles en Galicia, cunha paréntese de dous anos en Madrid.Incorporouse a everis no ano 2006 para desenvolver o seu proxecto en Galicia, e desde entón desempeñou diferentes responsabilidades na oficina galega de everis até asumir hai dous anos a súa responsabilidade actual de Socio Director ...
21 maio 2014
O meu nome é Esteban Vázquez, son Enxeñeiro Técnico de Informática e teño un Máster en Dirección de Proxectos pola Universidade de Santiago de Compostela. Son socio cofundador de Tesla Technologies & Software S.L, e a pesares da miña xuventude (acabo de cumprir os 31 anos), teño unha dilatada carreira dentro do sector TIC. Qué destacaría da situación actual do Clúster e cal sería o seu obxectivo principal a alcanzar durante o seu mandato? Persoalmente creo que o Clúster TIC atópase nun punto de inflexión moi importante. Despois de conseguir aglutinar sensibilidades de todo tipo (pequenas empresas ...
19 maio 2014
Rafa Villaverde, naceu en Pontevedra no ano 1977, leva en contacto coa informática desde os 13, de formación autodidacta, á idade de 23 decidiu poñer en práctica os estudos universitarios que estaba cursando en ADE pola USC e emprender no sector das TIC coa creación de INFONET, onde continúa na actualidade. Foi promotor desde os seus comezos de eventos como GALICIANET e dispón de diversas certificacións en tecnoloxías de diferentes fabricantes como Microsoft ademais de perito xudicial informático.¿Qué destacaría da situación actual do Clúster y cal sería o principal obxectivo a conseguir durante o seu mandato? O Clúster vive ...
16 maio 2014
Gerardo García Alvela, Enxeñeiro Superior de Telecomunicacións pola Universidade Alfonso X de Madrid e Master en Dirección de Empresas TIC pola Escola de Negocios Caixanova. Comeza a súa traxectoria laboral no ano 2001 asumindo tarefas de responsabilidade no laboratorio de I+D de Intelsis Sistemas Inteligentes e asume no ano 2006 a dirección xeral de Itelsis. No ano 2011 a compañía comeza un proceso de diversificación da súa actividade dando lugar á creación de ITELSIS GROUP que é un Grupo de empresas (Itelsis, Proinfo, Silenus e Smart Green Labs) que centran a súa actividade no ámbito tecnolóxico, deseñando e fabricando ...
15 maio 2014
O Clúster TIC Galicia promove o proxecto “Certificados UNE-TIC” que ten por finalidade a implantación e certificación das empresas TIC na norma UNE166002 para mellorar a xestión da I+D+i. Dito proxecto está cofinanciado nun 50% polo Igape e polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER). Os sistemas de xestión da I+D+i, en base á norma UNE166002, permiten optimizar os procesos de investigación, desenvolvemento e innovación tecnolóxica baseándose en estruturas coñecidas de sistemas de xestión. Permiten ás empresas mellorar de xeito sistemático as súas actividades de I+D+i, sen encorsetalas en regras fixas que ...
14 maio 2014
Alejandro Lamas Pérez é licenciado en Química pola Universidade de Santiago de Compostela. Traballou como consultor para Dragados e Adantia, e desde o 2005 ocupa o posto de director de Sixtema, empresa con sede en Santiago de Compostela, especializada en Sistemas de Información Xeográfica. Actualmente compaxina o seu cargo en Sixtema co de responsable de proxectos en Taptil, selo de desenvolvemento de aplicacións móbiles. Que destacaría da situación actual do Clúster e cal sería o obxectivo principal a acadar durante o seu mandato? O Clúster actualmente conta cunha importante masa asociativa, o que o converte nun referente no sector TIC ...
12 maio 2014
O meu nome é Alfredo Ferreiro, teño 44 anos e son Enxeñeiro Superior de Telecomunicacións pola Universidade de Vigo. Síntome afortunado, pois tiven a gran sorte de poder desenvolver, durante os últimos 20 anos, o 100% da miña carreira profesional en Galicia, desempeñando diversas funcións de responsabilidade, tanto técnicas, como de vendas ou de xestión, nalgunha das grandes multinacionais do sector. Actualmente desempeño o cargo de Director da Delegación de Hewlett Packard en Galicia. Qué destacaría da situación actual do Clúster e cal sería o obxectivo principal a acadar durante o seu mandato? Creo que o Clúster está pasando por ...
9 maio 2014
O pasado mércores 7 de maio, o Clúster TIC asistiu á conferencia final do proxecto AT Clusters, proxecto liderado polo IGAPE, que xuntou a clústeres sectoriais de Galicia, Asturias, Portugal, Francia e Irlanda con representantes empresariais galegos, a través de mesas redondas ao redor dos sectores naval, téxtil, alimentación e industrias culturais. Durante a xornada, os participantes destacaron a importancia da cooperación dos clústeres, sobre todo a nivel internacional, como vía para atopar novas oportunidades para as empresas e o papel que estas organizacións terán na implantación das Estratexias de Especialización rexionais a nivel europeo. A xornada comezou cunha introdución ...
9 maio 2014
Luz Castro, socia e directora do departamento de multimedia de imaxin|software. Enxeñeira en Informática pola Universidade da Coruña e profesora interina na Facultade de Ciencias da Comunicación na UDC.Fun vicepresidenta de Eganet e participei no primeiro Comité de Dirección do Cluster TIC.I Premio Ada Byron do CPEIG.Qué destacaría da situación actual do Clúster e cal sería o obxectivo principal a acadar durante o seu mandato? As empresas pequenas que nos presentamos de forma conxunta ao comité de dirección facemos fincapé na necesidade dun Clúster TIC que fomente o crecemento, a cooperación e a participación empresarial, xerando ...
7 maio 2014
José Antonio Román incorpórase a SIVSA como Director Xeral no ano 2007. En marzo do 2012 adquire o 50% da compañía xunto con outro socio, polo que se converte en socio propietario.A súa carreira profesional desenvolveuse maioritariamente en Galicia, en compañías moi destacadas no sector TIC como SERESCO, COREMAIN ou SIVSA.Desde 1976 a 2004 desenvolve a súa carreira profesional na compañía SERESCO. Desde o ano 1986 até 1991, é destinado como Director da Delegación de SERESCO a Galicia, con sede en Vigo.En marzo de 2004 incorpórase a COREMAIN. Responsabilizándose da xestión das diferentes áreas de negocio en ...
5 maio 2014
Luis Alberto Hermida-Cachalvite Manzano, Licenciado en Economía pola facultade de CC.EE. e EE. de Vigo e MBA Executive pola Universidade Antonio Nebrija. É auditor de Interno Calidade e PRL en diversas entidades privadas. Desde maio de 2005 até marzo de 2007 foi xefe de equipo en auditorías contables e de revisión de subvencións cofinanciados por fondos FEDER e fondos FSE. Certificación e revisión de gastos dentro de diferentes programas sectoriais da Unión Europea, especialmente os pertencentes ao VII Programa Marco. Os últimos 7 años traballou como Responsable de Planificación e Control de Egatel e desde 2013 é o Director ...
21 abril 2014
Antonio Rodríguez Del Corral califica de “histórica” a posta en marcha do programa Transformatic, que permitirá mellorar os apoios á creación de novas empresas, transferir a innovación ao mercado e impulsar o papel das tecnoloxías da información e as comunicacións como panca de cambio da economía de Galicia.Antonio Rodríguez del Corral, presidente do Clúster TIC Galicia, participou esta mañá no acto de sinatura do convenio de colaboración co que se pon en marcha o programa Transformatic. Este programa supón unha alianza entre a Xunta de Galicia, o sistema universitario, os centros tecnolóxicos de Galicia e o Clúster como representante ...
16 abril 2014
O Cluster TIC Galicia e o Clúster Audiovisual Galego (Clag) organizan un obradoiro orientado a adquisición de coñecementos empresariais, mediante un enfoque visual, participativo e eminentemente práctico, "Transformar unha Idea nun Negocio con Éxito".O obxectivo é estudar a viabilidade dun proxecto e o seu potencial de negocio, identificando clientes e as relacións con eles, socios, actividades e recursos clave, posibles ingresos e os custos da súa posta en marcha. Esta acción formativa está dirixida ás empresas desenvolvedoras de contido dos medios dixitais e interactivos, así como a todos aqueles cun proxecto concreto e un cliente ao que satisfacer. O obradoiro ten ...
9 abril 2014
O Clúster TIC Galicia promove o proxecto “Plataforma de eFactura Integrada cos xestores de contabilidade e ERPs das empresas” que ten por finalidade desenvolver unha plataforma de factura electrónica que permita ás empresas realizar unha mellor xestión da súa empresa, sempre cumprindo con todas as obrigacións legais que se lle esixen tanto ao emisor como ao receptor para o uso da factura electrónica. Dito proxecto está cofinanciado nun 50% polo Igape e polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).Co uso desta plataforma, as empresas poderán cumprir coa lexislación que obriga ao envío das facturas no formato electrónico facturae ás ...
9 abril 2014
A asemblea xeral do Clúster TIC de Galicia, que agrupa a preto dun centenar de empresas do sector tecnolóxico na comunidade, reelixiu esta semana a Antonio Rodríguez Del Corral, responsable de desenvolvemento de R, como presidente, cargo que ocupa desde xuño do 2012.-No clúster conviven empresas de tamaños moi diferentes, ¿como se harmoniza a convivencia?-O difícil, e a tarefa dun clúster é integrar os pequenos especialistas cos grandes tractores. Para iso, visitáronse todas as empresas e fíxose unha radiografía rigorosa para ver que produtos tiña cada unha, que áreas de coñecemento e con quen traballaban, en que países ...
3 abril 2014
A Asemblea Xeral do Clúster TIC Galicia, celebrada onte en Santiago de Compostela, reelixiu, por 44 votos a favor e 8 en branco, a Antonio Rodríguez Del Corral Presidente da entidade en representación da empresa R. Tamén elixiu aos membros do Comité de Dirección, que viu reformulada a súa composición cos novos estatutos cos que se pasou a ter un mínimo de catro membros e un máximo de 17, entre os socios de pleno dereito, e con paridade entre as empresas grandes (facturación maior ou igual a 6M€) e pequenas (facturación inferior a 6M€). O presidente electo, Antonio Rodríguez ...
21 marzo 2014
Onte celebrouse unha nova sesión das "Xuntanzas Debate", na que participaron 15 empresas socias do Clúster TIC Galicia. Na reunión fíxose unha presentación de distintas iniciativas e proxectos que pon en marcha o Clúster e tamén se fixo balance e valoración das actividades realizadas polo Clúster até o de agora.Fran Rodríguez, secretario do Clúster TIC, presentou distintas iniciativas que comezará a potenciar o Clúster, entre elas os selos de recoñecemento á Empresas Tractoras e de Proxectos Colaborativos Clúster. Con estes distintivos téntase recoñecer a colaboración entre empresas e a subcontratación de grandes á pequenas empresas, eixos estratéxicos do Clúster ...
12 marzo 2014
O Clúster TIC convida aos seus socios a participar na “Xuntanza Debate Clúster” que se celebrará o próximo 20 de marzo ás 18 horas. Un foro de intercambio de información, opinión e coñecemento entre socios que axuda a canalizar as accións do Clúster TIC. De xeito directo, áxil e distendido preténdese xerar un punto de encontro para que as ideas e opinións tomen forma, axilicen e dinamicen o Clúster, ao tempo que se xeran confianzas que serán o comezo dunha unión de esforzos que facilitará a creación de grupos de traballo e de novos proxectos en colaboración. Nesta convocatoria, ademais ...
28 maio 2014
O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) vén de fallar o Premio Ada Byron, que nesta edición dos galardóns anuais recaeu en Bertha Guijarro Berdiñas, vicecoordinadora-responsable científica do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) da Universidade da Coruña.Bertha Guijarro (A Coruña, 1969) é doutora en Informática pola UDC, universidade na que desenvolve a súa carreira profesional como docente e investigadora desde o ano 1993. Profesora titular no Departamento de Computación da Facultade de Informática da UDC, é membro activo do Grupo de Investigación LIDIA (Laboratorio de Investigación e Desenvolvemento en Intelixencia ...
28 maio 2014
Este movemento reforza a estratexia de especialización iniciada a principios de 2013 e focaliza en tres sectores principais: sanidade, onde Coremain acumula máis de vinte anos de casos de éxito e referencias; educación, con importantes proxectos tanto no sector público como no privado e cunha importe e recente alianza coa compañía galega Netex; e telecomunicacións, onde Coremain xa está presente nalgúns dos máis importantes xogadores a nivel nacional e que se ve reforzada co talento dos profesionais de Discalis, que aportan máis de 10 anos de experiencia en xestión de proxectos a nivel nacional e internacional, sendo ademais a única ...
27 maio 2014
Segundo Constantino Fernández, “o aumento do tamaño non impediu o mantemento da rendibilidade”. Así, o EBITDA individual aumentou un 4% a respecto do 2012 e chegou a 4,64 millóns de euros. “Si se comparase o consolidado de 2013 co individual de 2012, o crecemento é do 18%”, destacou o presidente de Altia. Por outro lado, o beneficio neto da compañía aumentou en 2013 a nivel consolidado “un 20% con respecto a 2012”. Dous condicionantes Na súa intervención diante dos accionistas, o presidente de Altia detívose en “dous aspectos que condicionaron en parte a conta de resultados ...
26 maio 2014
Ó longo da súa intervención, Manuel Ángel Alonso debullará os detalles da convocatoria que foi presentada o pasado 12 de maio na Cidade da Cultura, o lugar que albergará o novo Centro de CrowdWorking. O prazo de presentación de candidaturas permanecerá aberto ata o 15 de xuño, a través da dirección http://galicia.openfuture.org/, polo que as empresas e profesionais interesados en incorporarse a «Galicia Open Future» poden presentar as súas candidaturas cumprimentando o formulario de inscrición; o proceso de selección rematará a mediados de xullo, e o Centro de Crowdworking estará operativo despois do verán. O programa é ...
13 maio 2014
O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) celebrou unha asemblea xeral e unha xuntanza extraordinaria o pasado sábado, día 10 de maio. Entre outros puntos, os presentes acordaron recoñecer co Premio Colexiado de Honra a Domingo Molina Moscoso, Director de Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (TIC) da Administración do Estado, e a Jacinto Canales de Caso, presidente do Consello de Colexios de Enxeñaría en Informática.O CPEIG decidiu premiar a Domingo Molina pola súa “capacidade transformadora do Sector Público Administrativo Estatal”. Ademais de ser o responsable do recentemente publicado modelo de Gobernanza TIC, un dos eixos ...
13 maio 2014
A Comisión Europea identificou dentro do seu programa de Factorías do Futuro que a modelización e simulación é unha ferramenta clave para a competitividade das pequenas e medianas empresas da manufactura Europea, xunto con outras Tecnoloxías da información e as Comunicacións, como a robótica. Por isto, creouse a iniciativa denominada I4MS (ICT Innovation for Manufacturing SMEs – InnovaciónTIC para las PYMEs manufactureras) onde está financiando diversos proxectos avaliadores das posibilidades destas tecnoloxías. Dentro deste programa, o centro de infraestruturas e servizos CESGA, encárgase de facilitar a preparación de propostas de experiencias por parte das pemes de España e Portugal para ...
5 maio 2014
O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) vén de facer público o recoñecemento a TADEGa (Tecnoloxías de Atención á Diversidade na Educación Galega) coa concesión do premio e-Inclusión.A asociación sen ánimo de lucro está integrada maioritariamente por profesionais da educación galega que se centran na atención á diversidade: diversidade funcional, terceira idade, multiculturalidade, o rural, altas capacidades, marxinalidade social, etc.Este galardón representa unha novidade dentro dos premios anuais que o CPEIG entrega na Noite da Enxeñaría en Informática, que este ano se celebrará o día 13 do mes de xuño.A accesibilidade das TIC, vital ...
29 abril 2014
O alcalde de Xove, José Demetrio Salgueiro Rapa, e o director executivo de eLABORO, Jesús Velasco, presentaron hoxe a aplicación City4xove, dirixida a facilitarlles aos veciños unha nova vía de interacción co concello. Nun acto desenvolvido no Centro Cívico e ao que asistiron representantes de diversos colectivos sociais de Xove, Salgueiro e Velasco explicaron as múltiples vantaxes que vai representar esta ferramenta tecnolóxica a prol da notificación de avisos por parte da poboación. A aplicación está xa dispoñible para a súa descarga gratuíta en Google Play, para plataformas Android. Segundo sinalaron, a principal función de City4xove é a de poñer ...
29 abril 2014
A plataforma galega de información ambiental constituirá o punto único de acceso para as empresas do sector: xestores, produtores e transportistas de residuos, consultoras ambientais, organismos de control, etc. Entidades públicas e privadas cumprirán as súas obrigas medioambientais por medio de GAIA que a súa vez, disporá de capacidades de interconexión e comunicación con outros sistemas de información ambiental tanto no ámbito autonómico como estatal ou europeos. O contrato de desenvolvemento adxudicado supón un importante paso en materia ambiental para a Xunta de Galicia. GAIA centralizará os procedementos administrativos en materia de medio ambiente, favorecendo a comunicación entre as empresas ...
28 abril 2014
O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática (CPEIG) vén de abrir o período de inscrición ao primeiro obradoiro de Scratch organizado pola entidade, en colaboración co CiTIUS (Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías da Información). O Scratch é unha linguaxe de programación e unha comunidade en liña orientada á xente nova, onde os rapaces poden programar e compartir medios interactivos, historias, xogos e animacións con outros mozos e mozas. O Scratch axuda a pensar creativamente, a razoar e a traballar en colaboración.O curso está dirixido a rapaces cunha idade comprendida entre os 10 e os 14 anos, e desenvolverase ...
14 abril 2014
O alcalde de Cabana de Bergantiños, José Muiño, e o director executivo de eLABORO, Jesús Velasco, presentaron hoxe a aplicación Cabanízate, dirixida a facilitarlles aos veciños unha nova vía de interacción co concello. Nun acto desenvolvido en Neaño e ao que asistiron membros do Goberno local, persoal do concello, das empresas concesionarias e representantes de diversos colectivos sociais de Cabana, Muíño e Velasco explicaron as múltiples vantaxes que vai representar esta ferramenta tecnolóxica a prol da notificación de avisos por parte da poboación cabanesa. A aplicación está xa dispoñible para a súa descarga gratuíta en Google Play, para plataformas Android ...
7 abril 2014
Despois de dous anos de proceso de implantación en Panamá, a empresa socia Grupo Arcade Inforhouse comeza a recoller os froitos do seu arriscado investimento. Nunha entrevista ao Correo Gallego, o seu director xeral, Vidal Díaz Cotón, explica o proceso de internacionalización desta firma compostelá e o recente contrato asinado con Claro Panamá:“A recente firma do acordo de 1,1 millóns de dólares co operador de telecomunicacións Claro Panamá, empresa pertencente a América Móbil, cuarto operador mundial, é un dos froitos máis relevantes da filial panameña do Grupo Arcade Inforhouse no proceso de internacionalización que esta empresa compostelá iniciou ...
3 abril 2014
O conselleiro xefe en TIC e ex-director xeral de Informática da Comisión Europea, Francisco García Morán, recibirá o premio Traxectoria Profesional, que concede anualmente o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG). O galardón entregarase no decurso da sexta Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia, prevista para o vindeiro mes de xuño en Santiago. Coa concesión do premio a García Morán, o CPEIG quere poñer de manifesto a relevancia da profesión informática nos máis altos niveis de decisión, a prol dunha administración pública con garantías de interoperabilidade e seguridade. TRAXECTORIA Francisco García Morán é licenciado ...
3 abril 2014
A compañía iniciou a comercialización deste software no mercado nacional e prevé exportalo proximamente á súa sede de negocios en Norteamérica, aproveitando a recente apertura de oficina en México, onde xa iniciou operacións comerciais. A investigación e a innovación representan un obxectivo irrenunciable das sociedades modernas, nas que unha das súas prioridades esenciais é a saúde da poboación. No ámbito das ciencias da saúde, os institutos de investigación sanitaria representan a estrutura organizativa máis avanzada existente no noso país, para a xeración de coñecemento neste campo. Con todo, a organización e xestión da actividade investigadora nas institucións son complexas ...
14 marzo 2014
Egatel acudirá como cada ano a NABShow 2014, para presentar as súas últimas novidades en transmisores de TV. A exposición dedicada aos medios electrónicos de comunicación e de contidos terá lugar en Las Vegas Convention Center entre o 7 e o 10 de abril en Las Vegas (Estados Unidos). Egatel presentará no stand SU9802 os seus novos Transmisores UHF de Alta Eficiencia en Banda Larga (Serie WHET). A solución Doherty é por primeira vez Banda Larga, o que ...
13 marzo 2014
A compañía tecnolóxica Plexus, de orixe galega, comeza un proxecto nos hospitais Southern General e Yorkhill Childrens Hospital en Glasgow (Escocia), dentro do proceso de internacionalización emprendido pola empresa fai xa máis de dous anos. Trala implantación o ano pasado do sistema de xestión de esperas e direccionamento de pacientes Quenda Medic no hospital Queen Alexandra en Portsmouth, Plexus firmou un acordo marco co Servizo Nacional de Saúde de Escocia (NSS).Dito acordo dará servizo aos máis de 20 trusts e organizacións do ...
6 marzo 2014
Un ano despois de iniciar un proceso de transformación de compañía, Coremain iniciou operacións comerciais en México. Tras crear unha empresa radicada no devandito país, coparticipada coas galegas Valora Consultores e Academia Postal e apoiados financieramente polo plan PRIMEX do Igape, abriu unha oficina comercial nunha das zonas empresariais de México DF. O director de desenvolvemento de negocio da compañía, Tito Barreiro, estivo no país nunha misión comercial cun resultado moi positivo pois, moi probablemente, nas próximas semanas se peche o primeiro dos proxectos no sector sanitario. É importante resaltar que a internacionalización da compañía nunca se viu ...
6 marzo 2014
Redegal, a empresa galega de enxeñaría dixital para as vendas e consultoría tecnolóxica, estará presente na feira eShow Barcelona 2014, que terá lugar os próximos días 12 e 13 de marzo na Fira de Barcelona. A empresa participa por primeira vez neste evento coincidindo coa celebración do seu décimo aniversario e apoiada polos bos resultados cultivados con grandes contas nacionais, pero tamén de México, onde a entidade deu o salto a finais do ano pasado. eShow é o principal circuíto feiral na península Ibérica e Latinoamérica, dedicado a ecommerce, Mercadotecnia online, hosting e Cloud Computing, redes sociais, tecnoloxías móbiles e ...
22 novembro 2021
O director científico do CiTIUS, catedrático de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial na Universidade de Santiago de Compostela, recibiu o pasado xoves en Madrid o galardón que recoñece a súa traxectoria investigadora na cerimonia de entrega dos Premios de Investigación Sociedade Científica Informática de España – Fundación BBVA 2020-2021.
«É unha honra inmensa. O meu agradecemento ao xurado, á SCIE e á Fundación BBVA non só polo galardón, senón tamén porque a través dos premios nacionais prestigian a investigación española en informática». Senén Barro, director científico do CiTIUS (Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da Universidade de Santiago ...
22 outubro 2021
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) pon en marcha unha nova edición do Programa Tecnólog@ por un día, que volve a ofrecer a estudantes de 12 a 17 anos a oportunidade de experimentar, en primeira persoa, unha xornada laboral con profesionais das empresas do sector TIC en Galicia. A iniciativa desenvólvese no marco do Plan de Promoción de Talento Dixital de Galicia DigiTalent.
Nesta edición, retómase a presencialidade do programa e ofreceranse 66 prazas, grazas a colaboración de 6 empresas tecnolóxicas que, xunto coa Amtega, posibilitarán a experiencia de acoller a “Tecnólog@s por un día”: Altia ...
23 xuño 2021
A oportunidade que ten Galicia de especializarse en intelixencia artificial foi un dos argumentos da xornada coa que hoxe comezou a súa actividade o centro GaiásTech da Xunta, que ocupa unha superficie de 500 metros cadrados na Cidade da Cultura.
A xornada de traballo estivo precedida das intervencións da directora da Amtega, Mar Pereira, e da directora da Fundación Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez. Así mesmo, o director da Área de Sociedade Dixital da Amtega, Miguel Rodríguez, ofreceu unha visión global do proceso de transformación dixital de Galicia que se reflicte na plataforma DixiTerrae.
A xornada técnica inaugural, baixo ...
22 xuño 2021
Un equipo de investigación interdisciplinar con participación do IGFAEcreou un prototipo para a detección de gas radon, un sistema modularpara monitorar e controlar a concentración de radon en contornaspechadas, de forma automática e a distancia
O gas radon é a maior fonte de exposición a radiación natural enhumanos e causa entre o 3 e o 14% dos casos de cancro de pulmón
O Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) da USC colaborou no deseño e desenvolvemento dun prototipo para a detección de gas radon en edificacio ...
22 xuño 2018
A Asemblea Xeral Ordinaria do Clúster TIC de Galicia incluirá na edición do 28 de xuño de 2018 unha serie de mesas de traballo nas que os asociados poderán debatir sobre algúns dos temas máis relevantes no eido das novas tecnoloxías da comunicación. Estas mesas serán espazos físicos nos que, dende as 13:20 ata as 14:45 os asistentes exporán o estado e posibilidades de participación e influencia do Clúster TIC. Os asociados están convidados a formar parte deste evento previo á asemblea. Tamén se ofrecerá un xantar de networking ...
8 novembro 2016
Un ano máis, co obxectivo de estimular e recoñecer o traballo de todos os axentes comprometidos co desenvolvemento do tecido produtivo baseado na Sociedade da Información, convócase unha nova edición dos Premios Clúster TIC Galicia. Esta iniciativa pon de relevo ante a sociedade o labor das empresas, profesionais ou entidades que deseñan, programan, desenvolven, implantan ou usan produtos ou servizos galegos que teñen na innovación e no uso das novas tecnoloxías a súa razón de ser.Os galardóns convócanse en seis categorías: Innovación, Internacionalización, Liderado TIC, Start-ups e Software Libre, ás que se lles une nesta edición a categoría de ...
27 outubro 2015
O Comité Avaliador Experto dos Premios Clúster TIC Galicia vén de dar a coñecer aos finalistas das 5 categorías. Unha selección complicada dado o alto nivel das 34 candidaturas presentadas.Os finalistas son:Categoría Innovación:o AVANSIG (A Coruña)o EGATEL (San Cibrao das Viñas)o SINERGIA G6 (O Porriño) Categoría Internacionalización:o IGALIA (A Coruña)o Quobis (O Porriño)o Optare Solutions (Vigo) Categoría Liderado TIC:o ALTIA CONSULTORES (A Coruña)o CPEIG (Santiago de Compostela)o HEWLETT PACKARD SERVICIOS (Santiago de Compostela) Categoría Startup:o APPENTRA SOLUTIONS (A ...
19 abril 2012
Baixo o paraugas do grupo de traballo de Innovación e Demanda Temperá, poñeranse en marcha seis proxectos para a procura de mercados e oportunidades de negocio en nichos estratéxicos. Segundo a proposta presentada polo grupo de traballo e aprobada polo Comité Estratéxico do Cluster na súa reunión do pasado 12 de abril, as comisións ou subgrupos de traballo crearanse arredor de empresas interesadas en dedicar recursos a impulsar un proxecto de demanda temperá en cada unha das áreas seleccionadas.Cada subgrupo funcionará de maneira autónoma, cun responsable que reportará ao coordinador do grupo de traballo, que neste caso está liderado ...
9 marzo 2012
O grupo de traballo Innovación e Demanda Temperá traballará na posta en marcha de sete comisións para impulsar cada un dos proxectos seleccionados de ente a axenda estratéxica de I+D+i proposta por Vindeira e aprobada polo Comité de Dirección e o Comité Estratéxico do Cluster.As comisións ou subgrupos de traballo crearanse arredor de empresas interesadas en dedicar recursos a impulsar un proxecto de demanda temperá en cada unha das áreas seleccionadas. Unha vez acadada unha masa crítica mínima de empresas interesadas en cada proxecto, o subgrupo porase en marcha e funcionará de maneira autónoma. Haberá un coordinador ...
2 marzo 2012
O próximo luns, 5 de marzo, reunirase o grupo de traballo de Globalizción e Internacionalización para pulir os últimos detalles do Plan de Internacionalización do sector TIC galego. A elaboración dunha estratexia para dar un forte pulo á saída aos mercados exteriores das empresas do eido das Tecnoloxías da Información e das Comunicacións é un compromiso adquirido polo Cluster ante a Consellería de Economía e Industria, e conta co apoio expreso da administración galega. Este plan, que está xa moi avanzado na súa elaboración, marcará obxectivos ambiciosos que deberán ser acadados nos próximos tres anos, e fixará como mercados preferentes ...
1 abril 2011
O grupo de Traballo de Formación rematou a elaboración da enquisa de necesidades formativas, tendo aprobado as conclusións do traballo na súa reunión correspondente ao mes de marzo. Ao cuestionario, que foi enviado a todas as empresas e entidades membros do Cluster, responderon o 24,27% dos consultados. Como principal conclusión, pódese sinalar que as necesidades de formación máis demandadas son as relacionadas coa Xestión de proxectos e coa Programación. O primeiro contido é sinalado polo 80% dos consultados, mentres que o segundo é solicitado polo 76%.Tras Xestión de Proxectos e Formación, os seguintes contidos con maior demanda son ...