Egatel acudirá como cada ano a NABShow 2014, para presentar as súas últimas novidades en transmisores de TV. A exposición dedicada aos medios electrónicos de comunicación e de contidos terá lugar en Las Vegas Convention Center entre o 7 e o 10 de abril en Las Vegas (Estados Unidos).
Egatel presentará no stand SU9802 os seus novos Transmisores UHF de Alta Eficiencia en Banda Larga (Serie WHET). A solución Doherty é por primeira vez Banda Larga, o que significa que é aplicable a toda a banda UHF e non será necesario que os operadores fagan ningún cambio nin modificación nos amplificadores ante un cambio de canle.
Como exemplo da Serie WHET, exhibirase un transmisor de 3KW DVB/ISDB (4KW ATSC), modelo TLWH7804. O equipo de refrixeración líquida caracterízase polo seu deseño completamente modular e inclúe un sistema de bombas integrado no mesmo rack que o transmisor. Esta solución optimiza o investimento e o deseño das nosas instalacións.
En refrixeración por aire presentarase e realizaranse demostracións en funcionamento real co amplificador Doherty de 600 Wrms DVB/ISDB (700Wrms ATSC), modelo AUH601, co que se poden levar a cabo integracións de até 5 amplificadores por rack, alcanzando potencias próximas a 3 kW en DVB/ISDB (3,5KW en ATSC), cun rendemento enerxético inmellorable. O deseño destes amplificadores inclúe aspectos que sintetizan todo o "know-how" de Egatel, evitando a circulación de aire por placas ou compoñentes, redundando fontes de alimentación extraíbles polo frontal ou dispondo os ventiladores na parte exterior para unha sinxela substitución sen necesidade de abrir o módulo.
A tecnoloxía Doherty aplicada nos amplificadores proporciona un rendemento de até un 42%, optimizando significativamente o consumo enerxético e, por tanto, os custos de operación.
Con independencia da potencia ou sistema de refrixeración utilizado, Egatel ofrece os seus moduladores en deseños de 1Ou 19" para os estándares DVB-T/-H/T2, ISDB-T/TB e ATSC, cumprindo cos máis altos parámetros técnicos de calidade. A precorrección dixital adaptativa ofrécese de serie en todas as configuracións, facilitando a operación e o mantemento, e co uso de programas de control baseados en servidores web embebidos, memorias extraíbles con inserción frontal para a carga e descarga de configuracións, opcións de monitorización da RF, etc.
Finalmente é de destacar a consolidada oferta de Egatel en solucións de reemisores en baixas potencias, permitindo traballar igualmente en calquera standard e coas máis altas prestacións en canceladores de ecos dinámicos, como así o testemuñan as referencias da empresa en todo o mundo.
Sobre Egatel
Egatel é unha empresa especializada na investigación, desenvolvemento e fabricación de produtos e sistemas de radiofrecuencia destinados a transportar ou difundir sinais de televisión -tanto en formato analóxico como dixital- e sinais de radio dixital para cubrir as necesidades do mercado broadcast profesional global.
Egatel está integrada na área de Servizos e Tecnoloxía de COMSA EMTE, grupo referente no sector das infraestruturas e a enxeñaría. COMSA EMTE suma unha facturación de ao redor de 2.000 millóns de euros, conta cun persoal de máis de 10.000 persoas e presenza en 24 países. O grupo está organizado en tres áreas de negocio: Infraestruturas e Enxeñaría, Servizos e Tecnoloxía, e Concesións e Enerxías Renovables.
Comentarios