Un ano despois de iniciar un proceso de transformación de compañía, Coremain iniciou operacións comerciais en México. Tras crear unha empresa radicada no devandito país, coparticipada coas galegas Valora Consultores e Academia Postal e apoiados financieramente polo plan PRIMEX do Igape, abriu unha oficina comercial nunha das zonas empresariais de México DF.
O director de desenvolvemento de negocio da compañía, Tito Barreiro, estivo no país nunha misión comercial cun resultado moi positivo pois, moi probablemente, nas próximas semanas se peche o primeiro dos proxectos no sector sanitario.
É importante resaltar que a internacionalización da compañía nunca se viu como un fin, senón como un medio para ampliar o mercado ao que ofrece os seus servizos e produtos.
No caso do país norteamericano, cunha poboación superior aos cen millóns de habitantes, o foco da actividade está nos servizos e produtos orientados ao sector sanitario e ao sector da sustentabilidade.
Na imaxe de esquerda a dereita: José Luis Madrid (Valora Consultores), Tito Barreiro (Coremain) e César Blanco (Academia Postal)
Comentarios