O Clúster TIC convoca "Xuntanza Debate" para o xoves 20

O Clúster TIC convoca "Xuntanza Debate" para o xoves 20


O Clúster TIC convida aos seus socios a participar na “Xuntanza Debate Clúster” que se celebrará o próximo 20 de marzo ás 18 horas. Un foro de intercambio de información, opinión e coñecemento entre socios que axuda a canalizar as accións do Clúster TIC. 

De xeito directo, áxil e distendido preténdese xerar un punto de encontro para que as ideas e opinións tomen forma, axilicen e dinamicen o Clúster, ao tempo que se xeran confianzas que serán o comezo dunha unión de esforzos que facilitará a creación de grupos de traballo e de novos proxectos en colaboración.
 
Nesta convocatoria, ademais de informar das últimas actividades e reunións mantidas por representantes do Clúster, presentaranse os primeiros borradores de traballo sobre
os temas plantexados na anterior xuntanza: BB.DD. de queixas e peticións do sector e Xestión de ideas de proxectos estratéxicos.

Agradécese a confirmación da asistencia.
--------------------------------------------------------------------------------
CONVOCATORIA Á XUNTANZA DEBATE CLÚSTER TIC

Día: xoves, 20 de Marzo
Hora: 18:00 horas
Lugar: Sede do Clúster - Edificio FEUGA  –  Santiago de Compostela

ORDE DO DÍA

  1. Informe breve das últimas actuacións do Clúster TIC Galicia 
  2. Presentación dos selos de “Empresa Tractora” e de “Proxecto Colaborativo Clúster TIC” 
  3. Presentación de borradores de bases para a presentación de proxectos estratéxicos e de BB.DD. de queixas e peticións do sector 
  4. Ámbito de especialización dentro do Clúster TIC 
  5. Presentación de proxectos INNOEMPRESA 
  6. Varios.- Libre intervención 

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies