As contas de Altia en 2013 revelan unha cifra de facturación consolidada de 45,27M€, un 59,7% máis a respecto a 2012

As contas de Altia en 2013 revelan unha cifra de facturación consolidada de 45,27M€, un 59,7% máis a respecto a 2012


Segundo Constantino Fernández, “o aumento do tamaño non impediu o mantemento da rendibilidade”. Así, o EBITDA individual aumentou un 4% a respecto do 2012 e chegou a 4,64 millóns de euros. “Si se comparase o consolidado de 2013 co individual de 2012, o crecemento é do 18%”, destacou o presidente de Altia. Por outro lado, o beneficio neto da compañía aumentou en 2013 a nivel consolidado “un 20% con respecto a 2012”.  

Dous condicionantes  

Na súa intervención diante dos accionistas, o presidente de Altia detívose en “dous aspectos que condicionaron en parte a conta de resultados de 2013: a integración de Exis, por un lado, e a adxudicación e posta en marcha dun novo proxecto para a OAMI, por outro”.  

“Consideramos que a integración de Exis ten un valor estratéxico de primeira orden. Durante o pasado ano e os principios deste, a operación consumiu considerables recursos, que esperamos revertan en breve en beneficios futuros”, sinalou Fernández Pico. “A operación non permite consolidarnos no sector privado en clientes de primeiro nivel, con Madrid como punta de lanza”, engadiu.  

Xunto a isto, o presidente da compañía destacou as “sólidas bases de negocio” sobre as que se asenta Altia. Estas sólidas bases van permitir que se lle presente aos accionistas e ao mercado un novo Plan de Negocio para o período 2014-2015, que proxecta continuar coa senda de crecemento e solvencia financeira que caracteriza a Altia desde a súa constitución.  

Distribución de dividendos  

Na Xunta Xeral de Accionistas de Altia abordouse tamén o pago dun dividendo total de 756.600,35 euros, o que supón a distribución dun dividendo de 11 céntimos por acción. Nas últimas semanas rexistrouse unha corrente alcista na cotización do valor que a levou a máximos históricos (por riba dos 10€ por acción).

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies