Gerardo García Alvela, Enxeñeiro Superior de Telecomunicacións pola Universidade Alfonso X de Madrid e Master en Dirección de Empresas TIC pola Escola de Negocios Caixanova. Comeza a súa traxectoria laboral no ano 2001 asumindo tarefas de responsabilidade no laboratorio de I+D de Intelsis Sistemas Inteligentes e asume no ano 2006 a dirección xeral de Itelsis. No ano 2011 a compañía comeza un proceso de diversificación da súa actividade dando lugar á creación de ITELSIS GROUP que é un Grupo de empresas (Itelsis, Proinfo, Silenus e Smart Green Labs) que centran a súa actividade no ámbito tecnolóxico, deseñando e fabricando os seus propios produtos no sector das Telecomunicacións, e desenvolvendo de forma transversal solucións TIC´s cara a outros sectores emerxentes onde as novas tecnoloxías son elementos básicos e imprescindibles para o seu crecemento.
Qué destacarías da situación actual do Clúster e cal sería o obxectivo principal a acadar para este ano?
Nos últimos anos o principal obxectivo foi a consolidación do Clúster como un referente do sector TIC de Galicia. Neste ano os principais obxectivos serán o incremento do número de entidades asociadas, aumentar os proxectos colaborativos a desenvolver polo Clúster, a búsqueda de novas oportunidades de negocio para os socios e rematar o ano con un equilibrio presupostario que nos permita manter unha estrutura financieira saneada.
Ademáis da Tesourería do Clúster, tes a tarefa de impulsar a Comisión de Capital Risco, cales son os obxectivos?
Os principais obxectivos da comisión de capital risco do Clúster serán a promoción entre os socios do investimento en start-ups con potencial de crecemento no noso sector e o desenvolvemento de accións formativas que permitan mellorar as capacidades dos nosos emprendedores. Así mesmo, buscaremos complementar as aportacións de capital das empresas do Clúster coas de outros fondos de capital risco da Comunidade tanto públicos como privados.
Comentarios