O Clúster TIC reelixe a R e renova a súa estructura executiva coa entrada de 16 empresas

O Clúster TIC reelixe a R e renova a súa estructura executiva coa entrada de 16 empresas


A Asemblea Xeral do Clúster TIC Galicia, celebrada onte en Santiago de Compostela, reelixiu, por 44 votos a favor e 8 en branco, a Antonio Rodríguez Del Corral Presidente da entidade en representación da empresa R. Tamén elixiu aos membros do Comité de Dirección, que viu reformulada a súa composición cos novos estatutos cos que se pasou a ter un mínimo de catro membros e un máximo de 17, entre os socios de pleno dereito, e con paridade entre as empresas grandes (facturación maior ou igual a 6M€) e pequenas (facturación inferior a 6M€).  

O presidente electo, Antonio Rodríguez Del Corral, salientou e agradeceu a alta participación e o respaldo dado polas entidades socias, un aval ás liñas de actuación xa executadas e aos obxectivos marcados nos que o Clúster fai unha firme aposta pola Innovación, a Internacionalización e a especialización do sector TIC galego como xeito de potenciación empresarial e creación de emprego estable e de calidade para que as tecnoloxías da información e da comunicación sexan o referente e o motor do cambio económico en Galicia.  

Coas eleccións remata o proceso de adecuación da entidade ao novo marco estatutario e o máximo órgano executivo queda composto do seguinte xeito:
Presidencia,  Antonio Rodríguez Del Corral en representación da empresa R  
Membros do Comité de Dirección en representación de Grandes Empresas:   Coremain, Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), Egatel, Everis, Hewlett Packard, Satec, Seidor e Sivsa.  
Membros do Comité de Dirección en representación de Pequenas Empresas:   Abertal, Bahía Software, Imaxín Software, Infonet, Itelsis, Sixtema, Tesla e Visual Publinet.

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies