Entrevista a José Antonio Román

Entrevista a José Antonio Román


José Antonio Román incorpórase a  SIVSA como Director Xeral no ano 2007. En marzo do 2012 adquire o 50%  da compañía xunto con outro socio, polo que se converte en socio propietario.

A súa carreira profesional desenvolveuse maioritariamente en Galicia, en compañías moi destacadas no sector TIC como SERESCO, COREMAIN ou SIVSA.

Desde 1976 a 2004 desenvolve a súa carreira profesional na  compañía SERESCO. Desde o ano 1986 até 1991,  é destinado como Director da Delegación de SERESCO a Galicia, con sede en Vigo.

En marzo de 2004 incorpórase a COREMAIN. Responsabilizándose da xestión das diferentes áreas de negocio en Asturias e tamén de algunhas contas importantes en Madrid e Galicia. Permanecendo no cargo até decembro de 2006.

Finalmente incorpórase como Director Xeral  en xaneiro de 2007 á compañía SIVSA dedicada ás TIC no sector sanitario principalmente. Na actualidade desempeña dito posto. 

Qué destacaría da situación actual do Clúster e cal sería o principal obxectivo a acadar durante o seu mandato?

“Estamos iniciando unha nova etapa no Clúster despois das últimas eleccións, que afrontamos con ilusión e gañas renovadas. Traballamos arduamente co obxectivo de potenciar o desenvolvemento das  empresas TIC galegas para colocalas no plano de competitividade internacional que se merecen. Pretendemos dotar ao sector TIC galego de elementos que permitan a cohesión do sector para fomentar a colaboración entre empresas, para abordar proxectos de gran envergadura aliñados coa estratexia de especialización RIS3 e para fomentar a I+D+i en Galicia.” 

Coa responsabilidade acadada como membro do CODI, qué obxectivos se marca? 

“Como membro do CODI teño a responsabilidade de impulsar a internacionalización das empresas do Clúster no ámbito Iberoamericano en particular, polo que os obxectivos marcados están orientados a facilitar acordos e sinerxías con empresas xa establecidas, xestionar axudas coas administracións locais e nacionais, sensibilizar sobre a importancia da exportación e da cooperación empresarial para a busca de novos mercados, … en definitiva, impulsar a internacionalización desde a experiencia e habilidades adquiridas ao estar á fronte dunha compañía con un gran percorrido internacional.”

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies