16 xullo 2018
O curso conta co co-financiamento do IGAPE a través do seu programa IG229 - AXUDAS A PROXECTOS DE FORMACIÓN INDUSTRIA 4.0 (2017)
28 maio 2018
A misión comercial inversa do Clúster TIC Galicia, celebrada en Santiago de Compostela durante os días 22 e 24 de maio, finalizou con éxito. As sete importadoras potenciais convidadas, procedentes de países de Europa e América, mostraron gran interese polo traballo que se está desenvolvendo na comunidade e iniciáronse interesantes colaboracións que abren novas oportunidades de negocio para o sector TIC. Durante a misión, cofinanciada polo IGAPE, leváronse a cabo encontros bilaterais e actividades de networking entre os socios do Clúster e as compañías convidadas, que pertencen a sectores como as telecomunicacións, os medios audiovisuais, a consultoría e o desenvolvemento ...
21 maio 2018
Co obxectivo de fomentar a exportación do sector tecnolóxico galego, o Cluster TIC Galicia organizará, do 22 ao 24 de maio, unha misión comercial inversa na que participarán sete empresas punteiras nos eidos das telecomunicacións, os medios audiovisuais, a consultoría e o desenvolvemento de software, procedentes de Latinoamérica, Canadá, Alemaña e Inglaterra. A xornada de inauguración terá lugar mañá martes, a partir das 9:30 h., no hotel NH Collection de Santiago de Compostela, coa apertura a cargo do director da Área de Internacionalización do IGAPE, Augusto Álvarez, e do presidente do Clúster TIC Galicia, Antonio Rodríguez. Durante o ...
16 maio 2018
No Clúster TIC seguimos sumando empresas tecnolóxicas de gran potencial innovador. A última en incorporarse é Remote Consulting Services (Inprosec), con sede en Vigo, que ofrece servizos especializados de consultoría na seguridade da información e en xestión de riscos. O obxectivo fundamental de Inprosec é axudar ás empresas a converterse en organizacións máis seguras, mantendo a excelencia no servizo grazas ó traballo dun equipo de gran experiencia, cercano e consolidado. Conta ademáis con profesionais plurilingües para ofrecer apoio en varios idiomas e traballan xunto a grandes compañías, tanto nacionais como internacionais. Damos a benvida no Clúster TIC ...
11 maio 2018
En setembro (confirmaranse as datas proximamente), desenvolveranse cursos de capacitación en ciberseguridade e xestión empresarial e organización 4.0, destinados a traballadores de pemes galegas. Ambos cursos contan co co-financiamento do IGAPE a través do seu programa IG229 - Axudas a proexectos de formación industria 4.0 (2017).
Datos clave dos dous cursosPre-inscrición e reserva de praza: confirmaranse as datas proximamente.Matrícula: confirmaranse as datas proximamente.Comezo dos cursos: confirmaranse as datas proximamente.Alumnado: traballadores de pemes galegas (conta allea, autónomo dependente...)CURSO: CiberTIC Galicia, ciberseguridade para a Industria 4.0A ciberseguridade é unha temática prioritaria en calquera ...
30 abril 2018
Desenvolver, dinamizar e acelerar negocios en Galicia vinculados ós contidos dixitais durante os próximos dous anos. Ese é o principal obxectivo do plan DICO Mindset, liderado pola Asociación para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e os Clústers TIC e Audiovisual, e presentado o pasado mércores, 2 de maio, na Cidade da Cultura, durante a Xornada DICO in motion. O evento contou coa presenza dos presidentes dos Clústers TIC e Audiovisual, Antonio Rodríguez del Corral e Jorge Algora, respectivamente, quenes puxeron en valor o papel de ambas entidades á hora de posicionar a Galicia como referente na ...
25 abril 2018
A startup Muutech Monitoring Solutions, con sede en Nigrán, súmase ao Clúster TIC Galicia. Trátase dunha empresa nova, fundada en 2017 e con sede en Nigrán, que ofrece servizos integrais de monitoraxe cloud para realizar de forma sinxela e escalable a recollida, a análise predictiva e o almacenado de datos en tempo real. Muutech está dirixida a entornos de sistemas de información, industriais e de produción. A súa principal ferramenta de monitoraxe é Zabbix, coa que as empresas poden recoller e visualizar datos de diferentes fontes, como autómatas, sensores, bases de datos, servidores, equipos de comunicación, etc. Ademais, este sistema ...
23 abril 2018
O próximo 2 de maio, na Cidade da Cultura, terá lugar a Xornada DICO in motion co obxectivo de presentar e poñer en marcha o DICO Mindset. Trátase dun plan de acción para impulsar durante os anos 2018-2020 o sector dos contidos dixitais en Galicia, liderado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e os Clústers TIC e Audiovisual. Este plan xurde do proxecto Viraxe TIC, que se elaborou coa colaboración dos Clústers TIC e Audiovisual, e co que foi posible realizar unha análise profunda para identificar as oportunidades de negocio no ámbito dos contidos dixitais en ...
19 abril 2018
Empresas punteiras do sector tecnolóxico amosaron fronte a máis de medio centenar de clientes potenciais e investidores privados as solucións innovadoras que se están a desenvolver e comercializar en Galicia, en sectores como a automoción, a alimentación, o audiovisual e o desenvolvemento e deseño de software. A presentación tivo lugar durante a Xornada Tecnolóxica do Cluster TIC Galicia, desenvolvida en colaboración co IGAPE, e celebrada esta mañá na Cidade da Cultura. O acto contou coa presenza do conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, quen asegurou que “as empresas participantes na xornada de hoxe son a mostra de ...
12 abril 2018
O Cluster TIC Galicia, en colaboración co IGAPE, celebrará o próximo xoves, 19 de abril, unha xornada para dar a coñecer novos productos innovadores do sector tecnolóxico en Galicia. A xornada terá lugar na Sala Eisenman da Cidade da Cultura, a partir das 9:30 h., coa inauguración a cargo de Antonio Rodríguez, presidente do Cluster TIC Galicia, e de Norberto Penedo, director da Área de Competitividade do IGAPE. A empresa viguesa Xesol Innovation será a encargada de abrir o encontro coa ponencia “O coche do futuro: tecnoloxía para unha nova automoción”. Esta compañía crea solucións para o ...
2 novembro 2017
A actividade contará coa presenza da Secretaria Xeral de Emprego da CEEI - Xunta de Galicia, Covadonga Toca, que exporá ante os asistentes accións relacionadas coa formación, a adaptación de perfís profesionais e as axudas á incorporación laboral.A participación empresarial será de gran importancia xa que, durante o almorzo, os asistentes terán ocasión de expoñer a súa opinión ou aportar as súas ideas sobre as liñas de apoio necesarias en materia de emprego que se adapten ao sector TIC. A sesión será interactiva e non se centrará exclusivamente na exposición de información.A quen vai dirixido?Todos os membros do ...
11 setembro 2017
A Asociación @asLAN celebra unha nova edición do Tour Tecnolóxico comenzando o vindeiro 21 de setembro en Santiago de Compostela. Esta iniciativa, que forma parte do Plan de Actividades da Asociación @asLAN para 2017, dirixido a crear espazos de encontro e divulgación tecnolóxica conectados con ASLAN2018, conta co respaldo a nivel nacional do Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación e do CDTI, así como de destacados provedores do sector como Sophos, Cambium Networks, Watchguard, Dell EMC, Flytech, Eset, Alcatel, Allied Telesis, Gigaset, CCTV Center e Thycotic. Este ano a nivel local, recibe o apoio de INEO e CLUSTER TIC GALICIA ...
5 maio 2017
A Asemblea Xeral Extraordinaria do Clúster TIC Galicia, celebrada onte en Santiago de Compostela, reelixiu a Antonio Rodríguez Del Corral coma Presidente da entidade en representación da empresa R. Tamén elixiu aos 16 membros do Comité de Dirección, 8 grandes empresas (facturación maior ou igual a 6M€) e 8 pequenas empresas (facturación inferior a 6M€), na súa maioría entidades que formaron parte do CODI nos últimos 3 anos, ás que se incorporan 3 novas entidades. O presidente electo, Antonio Rodríguez Del Corral, comunicou que o CODI debe ser un órgano aberto e transparente, polo que é interese de todos os ...
3 febreiro 2017
A semana pasada despedimos o que foi o primeiro evento internacional celebrado en Galicial sobre contidos dixitais, o DIgitalCOntents (DICO) Summit 2017. O encontro, organizado pola Amtega, Clúster TIC de Galicia e o CLAG, reuniu na Cidade da Cultura de Santiago a profesionais e representantes de empresas de referencia para abordar as últimas novidades sobre os contidos dixitais e a súa repercusión en novos modelos de negocio en diferentes ámbitos. Durante dúas xornadas, ofrecéronse aos participantes intervencións de 30 entidades e profesionais de referencia de ámbito estatal e europeo que amosaron a súa visión sobre os contidos e a transformación ...
17 xaneiro 2017
Representantes de Nokia, Nagra e Technicolor mostrarán os alicerces sobre os que se asentan os novos contidos dixitais e que tecnoloxías sustentan a súa comercialización, distribución e protección no panel "Construíndo a base para os contidos dixitais do futuro". Esta mesa celebrarase o 24 de xaneiro durante a primeira xornada do evento internacional DIgitalCOntents (DICO) Summit 2017, organizado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) o Clúster TIC Galicia e o Clúster Audiovisual Galego (CLAG).Moderados polo presidente do Clúster TIC Galicia, Antonio Rodríguez do Corral, o director de Servizos de Nagra-Iberia, Xavier Cosculluela; o responsable de ...
22 novembro 2016
A unión fai a forza. Os tres clusters galegos recoñecidos a nivel europeo coa categoría Gold Label pola ESCA (European Secretariat for Cluster Analysis) sábeno mellor que ninguén e decidiron aliarse para aunar sinerxias e impulsar máis rápido e de forma máis intensa a xa coñecida como cuarta revolución industrial. Integran a alianza "Clusters Galicia 4.0" o Clúster de Empresas de Automoción de Galicia (Ceaga), o Clúster TIC Galicia e o Clúster de Acuicultura. Unha das súas primeiras accións conxuntas foi participar a semana pasada en San Sebastián no "IV Congreso Internacional de Clusters", donde contactaron con organizacións empresariais ...
29 xullo 2016
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), xunto co Clúster TIC de Galicia e o Clúster do Audiovisual Galego (CLAG) formalizaron esta mañá a posta en marcha de Viraxe TIC, un programa que busca acelerar o desenvolvemento e a competitividade do sector de contidos dixitais na Comunidade e que implica ao conxunto do hipersector TIC galego, un sector estratéxico para o crecemento económico-social da Comunidade, que representa o 2,3% do PIB galego e emprega a máis de 19.500 persoas.O convenio asinado hoxe entre a directora da Amtega, Mar Pereira, e os presidentes dos Clústers tecnolóxico ...
28 xullo 2016
O convenio ViraxeTIC, impulsado pola Xunta de Galicia a través da AMTEGA, e os clusters dos sectores TIC e audiovisual, ten por obxectivo a posta en marcha dun programa de impulso para os contidos dixitais en Galicia. O acto de sinatura será presidido pola Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), Mar Pereira, xunto aos Presidentes de ambas asociacións. Ademais, durante o acto de sinatura, Manuel Balsera, Director Comercial e de Marketing de AMC Networks International Iberia, realizará unha breve ...
15 xuño 2016
O Cluster TIC Galicia xunto coa Xunta presentou onte, 14 de xuño, os Plans de Sistemas Sectoriais elaborados para impulsar a implantación da Industria 4.0 no agroalimentario, a madeira e o téxtil.Durante a xornada, o conselleiro defendeu que a dixitalización debe capilarizar todos os sectores estratéxicos galegos, e apostou polo sector TIC como un dos pilotos de Galicia no seu percorrido cara á Industria 4.0. Un traballo que suporá, apuntou, un novo campo de oportunidades laborais coa transformación dixital da industria galega.Os Plans Sectoriais analizan o potencial e as necesidades de mellora competitiva que as TIC poden ...
8 xuño 2016
O 14 de xuño, ás 12:30h, terá lugar na sala Eisenman da Cidade da Cultura (Santiago de Compostela) a presentación dos Plans de Sistemas Sectoriais para os sectores Alimentario, da Madeira e o Téxtil, iniciativa do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) en colaboración co Cluster TIC Galicia. Esta acción enmárcase dentro da Axenda de Competitividade Industrial, constituíndo unha ferramenta para o fomento da implantación da Industria 4.0 nos sectores industriais galegos, analizando a súa situación actual e as posibilidades de dixitalización futuras. Durante a xornada, presentaranse as principais conclusións recollidas nos plans para cada sector ...
19 setembro 2022
A compañía líder europea en servizos e solucións dixitais integrou nos seus equipos a un centenar de estudantes para completar a súa formación académica.
54 deses bolseiros proveñen da Universidade Politécnica de Madrid e o resto doutros centros universitarios e de Formación Profesional.
Carlos Muñoz, director xeral de Inetum en Iberia Latam, e Juan Carlos Crespo, director xeneral adxunto, participaron na sesión de benvida que tivo lugar na sede central de Inetum en Madrid e animaron a todos eles a aproveitar estas prácticas para descubrir o mundo da empresa e o negocio. Telva Arroio, directora corporativa de People & Talent ...
14 setembro 2022
O pasado 5 de setembro celebrouse a inauguración da exposición internacional AI: More than Human, Plexus Tech tivo o pracer de participar no xa considerado un dos proxectos máis importantes do ano.
Porque AI: More than Human é un impresionante proxecto baseado nun estudo sen precedentes que reúne algúns dos proxectos de investigación máis destacados a nivel mundial, realizados por institucións como o Massachussets Institute of Technology (MIT), Sony Computer Science Laboratories, Google Research, o Departamento de Informática do Imperial College de Londres ou DeepMind Technologies, con instalacións artísticas que exploran as posibilidades creativas da IA nas súas obras, como ...
12 setembro 2022
O pasado 5, 6 e 7 de setembro celebrouse unha nova edición das Xornadas da Sociedade de Enxeñería de Software e Tecnoloxías de Desenvolvemento de Software (SISTEDES) en Santiago de Compostela. Un evento patrocinado por Plexus Tech con récord de participación polos 240 asistentes entre os que se atopan os membros dos grupos de investigación máis importantes das universidades españolas, profesionais do sector e representantes de empresas e sector público.
Durante as xornadas, presentáronse máis de 150 traballos científicos ante a comunidade investigadora experta en tres grandes áreas da informática, Enxeñería de Software e Bases de Datos, Ciencia e Enxeñería ...
9 setembro 2022
Durante a súa participación na mesa redonda “Saúde Dixital: Retos e Oportunidades”, xunto a profesionais do sector da saúde, Miguel Ángel Montero, director de Saúde Dixital de Inetum España, analizou o grao de implantación de ferramentas tecnolóxicas no sector sanitario. “A pandemia afectou de forma decisiva no ecosistema da saúde ...
2 setembro 2022
O luns 5 de setembro dan comezo as Xornadas da Sociedade de Enxeñería de Software e Tecnoloxías de Desenvolvemento de Software (SISTEDES) en Santiago de Compostela. Plexus Tech participa activamente como patrocinador do evento.
SISTEDES 2022 é unha oportunidade única para compartir impresións sobre a actualidade do sector do desenvolvemento e os desafíos por vir. Ademais de ser patrocinadores, Plexus Tech conta cun espazo privilexiado para poder charlar e debater dos temas máis relevantes da actualidade do sector cos asistentes.
O evento constará de diferentes xornadas como as de Enxeñería do Software e Bases de Datos (JISBD), de Ciencia ...
2 agosto 2022
A Comunidade de Madrid converte en Oficina 360 o seu Centro de Información e Asesoramento Universitario (CIAU), co obxectivo de "facilitar que os estudantes, familias e centros docentes poden acceder a unha axuda máis próxima e personalizada". O vicepresidente, conselleiro de Educación e Universidades, Enrique Ossorio, visitou a sede o pasado 26 de xullo na madrileña rúa de Alcalá, 32, para coñecer o novo modelo que permitirá aos alumnos contactar cos técnicos a través de vídeo.
Oficina 360 é o software implantando na Comunidad de Madrid, fabricado e desenvolvido por Plexus Tech e que forma parte da suite dos seus ...
1 agosto 2022
Infonet, compañía de servizos e solucións tecnolóxicas, impulsora de cloud.gal, recibiu o premio á "Mellor Iniciativa Empresarial Consolidada", no marco da V edición dos premios PEL da Deputación da Coruña, galardóns cos que a institución provincial recoñece cada ano ás empresas, asociacións e agrupacións industriais que apostan polo desenvolvemento económico, a innovación e a xeración de emprego de calidade.
Rafa Villaverde, CEO da compañía, foi o encargado de recoller o galardón, dedicándollo a todo o seu equipo, nun evento celebrado no Teatro Jofre de Ferrol. Este recoñecemento pon de manifesto o bo facer de Infonet, valorando a súa traxectoria ...
14 xullo 2022
Cinfo e Kipu Quantum asinaron un acordo para impulsar o desenvolvemento da tecnoloxía e aplicacións de computación cuántica no Mercado Ibérico. Cinfo utilizará o exclusivo enfoque de computación cuántica de propósito específico de Kipu para crear novas aplicacións para os clientes da península ibérica.A computación ...
11 xullo 2022
Plexus Tech participou activamente na 14ª Noite dá Enxeñaría en Informática de Galicia, organizada polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) o pasado 1 de xullo, un evento no que Cristóbal Ramos, Socio Director da área de Negocio da empresa, entregou o Premio Ada Byron dedicado ás mulleres enxeñeiras informáticas, en concreto a Nùria Castell e Karina Gilbert.
Este premio recoñeceu de forma compartida a Nùria Castell e Karina Gilbert. Ambas son importantes académicas procedentes da Universidade Politécnica de Cataluña, e ademais participan activamente en cuestións de igualdade de xénero e en accións e programas para incrementar ...
4 xullo 2022
A primeira tecnolóxica independente de Galicia e de España, Plexus Tech, continúa o seu proceso de expansión no mercado europeo e internacional, contando xa con centros de negocio e polos tecnolóxicos en Polonia, Alemaña, Londres, Lisboa ou Miami. Con este despregamento e crecemento en novos países, a compañía galega busca gañar un coñecemento e unha experiencia fundamental para ofrecer un mellor servizo a grandes compañías que son clientes actuais e a novos mercados moi demandantes de coñecemento e talento tecnolóxico hiperespecializado.
Para iso, a tecnolóxica desenvolveu un plan interno de ‘supertalentos’ nas últimas tecnoloxías como cloud, data, ecommerce ou ciberseguridade ...
27 xuño 2022
O pasado martes 21 de xuño, un equipo de Plexus Tech desprazouse a Barcelona para asistir á segunda xornada do Salesforce Innovation Day, o evento da compañía americana onde se expoñen as súas últimas novidades en materia de innovación e tecnoloxías na nube para empresas.
Na mesma liña que na sesión do pasado 14 de xuño en Madrid, Plexus Tech foi esta vez o patrocinador dunha xornada inspiradora e repleta de novidades. Nestas xornadas organizadas por Salesforce, tanto expertos como profesionais do sector comparten experiencias e casos de éxito sobre a transformación dixital.
Ademais, esta sesión serviu tamén de reflexión ...
27 xuño 2022
O pasado xoves 23 de xuño, Plexus Tech asistiu ao Bonita Day en calidade de partner 360 da empresa francesa Bonitasoft, un evento no que a compañía deu a coñecer a plataforma Bonita a través de achegas de valor de clientes e socios como Plexus Tech.
Nesta xornada presentáronse novidades do ecosistema de Bonitasoft, como os seus novos proxectos de transformación dixital, o Process Analytics UI e testing da plataforma DPA. Ademais, diversos expertos e profesionais compartiron experiencias e casos de éxito empregando a plataforma.
Tamén se reflexionou sobre «como os negocios poden afrontar os desafíos que expón o futuro» ...
20 xuño 2022
O pasado venres 17 de xuño, un equipo de Plexus Tech asistiu ao Salesforce Innovation Day, onde se expuxeron as últimas novidades de transformación dixital e innovación na nube das súas partners da empresa americana.
Nestas xornadas organizadas pola compañía, diversos expertos e profesionais compartiron experiencias e casos de éxito. Tamén se reflexionou sobre «como os negocios poden afrontar os desafíos que expón o futuro».
Na mesma liña, o próximo 21 de xuño, Plexus Tech será o patrocinador da xornada que se realizará en Barcelona.
14 xuño 2022
A guerra en Ucraína cumpre hoxe 110 días e cóntanse por centenares as persoas ucraínas que solicitaron e concedéuselles protección en Galicia. As súas necesidades son innumerables, desde as máis básicas, de alimentación e refuxio, ata outras que pasan por escolarización, posibilidades de traballo ou medios de comunicación. Desde a Asociación Galega de Axuda a Ucraína ( AGA- UCRAÍNA) tratan de coordinar todos os esforzos para que os cidadáns ucraínos que buscan refuxio en Galicia conten con todos os recursos necesarios para manter ...
13 xuño 2022
O Director de Arquitectura de Plexus Tech, Julio Fernández, participou o pasado xoves 9 de xuño na presentación do libro “O reto da banca na economía dixital: Un desafío organizativo e evolutivo" na sede da Afundación de Abanca na Coruña. Este libro afronta a relación da banca coa nova economía dixital e os cambios de procesos e cultura necesarios para adaptarse a esta novo paradigma.
Na creación do libro, Julio colaborou man a man con profesionais do sector da economía e as finanzas para achegar un punto de vista analítico desde a tecnoloxía e a innovación. A obra realiza unha ...
6 xuño 2022
En SIVSA, a innovación forma parte da cultura corporativa e do noso día a día. É, xunto ao noso equipo, un dos nosos valores máis importantes e unha das principais razóns que nos fan seguir sendo competitivos no mercado.
Neste sentido, traballamos para o grupo automobilístico ítalo-franco-estadounidense Stellantis nun proxecto de I+D+i en continua evolución para ofrecer servizos avanzados aos usuarios de vehículos e ofrecer solucións innovadoras máis flexibles, personalizadas e conectadas, acordes coas necesidades cambiantes da sociedade.
O primeiro paso foi crear un kit de desenvolvemento de software ( SDK) nativo, tanto no sistema operativo Android como en ...
30 maio 2022
O pasado 25 de maio Aruba celebrou o seu evento Atmosphere Spain ‘22, no teatro Goya de Madrid. Alí estiveron representantes de Plexus Tech estiveron esta pasada semana no evento da compañía de Hewlett Packard Enterprises, dada a súa condición de partners, para coñecer as melloras e innovacións nos servizos da compañía californiana.
Como sponsors do evento, Plexus Tech contou cunha caseta ao que multitude de participantes achegáronse para coñecer as solucións e implementacións da compañía con Aruba, como Clearpass, Naas ( Network as a Service) ou Traqus.
O evento contou con gran afluencia de público e ofreceu o último en ...
23 maio 2022
Hoxe en día parécenos o máis normal atopar un negocio dixital en cada esquina, pero a finais dos 90 todo era moi distinto. Por iso Visual Publinet sentou precedente en Vigo e en toda Galicia. Tres galegos decidiron lanzarse ao baleiro e facer da súa paixón unha forma de vida, creando así una das primeiras axencias de deseño web en Galicia.
Un dos primeiros pasos ...
23 maio 2022
O pasado xoves 19 de maio Plexus Tech celebrou nas súas oficinas de Palma de Mallorca, da man da súa partner UiPath, un workshop de automatización de procesos. A esta xornada acudiron algunhas das principais empresas do sector Hospitality & Travel a nivel nacional e internacional para coñecer de primeira man as evolucións do sector cara a unha industria máis dixital.
UiPath, partner da compañía galega e empresa líder en RPA e automatización, presentou as posibilidades que ofrece a súa plataforma de procesos relacionados con SAP para mellorar a automatización no tratamento de documentos, especialmente aqueles casos de uso aplicables ...
16 maio 2022
O experto en Ciberseguridade de Plexus Tech, Edgar Carrillo Egea, foi entrevistado na cadea de televisión Cuatro, para dar a súa visión sobre a polémica xerada polo software espía Pegasus, presuntamente utilizado para acceder a dispositivos de diversas personalidades políticas como o presidente do Goberno, Pedro Sánchez ou a ministra de Defensa, Margarita Robles que, en teoría, deberían ser menos vulnerables a ciberataques.
Edgar Carrillo participou nos programas “En boca de todos” e “Cuatro al Día” e neles comentou que “en España contamos con grandes expertos en ciberseguridade. Recibimos moitísimos ataques, como calquera outro país e é moi difícil poder ...
22 novembro 2021
O director científico do CiTIUS, catedrático de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial na Universidade de Santiago de Compostela, recibiu o pasado xoves en Madrid o galardón que recoñece a súa traxectoria investigadora na cerimonia de entrega dos Premios de Investigación Sociedade Científica Informática de España – Fundación BBVA 2020-2021.
«É unha honra inmensa. O meu agradecemento ao xurado, á SCIE e á Fundación BBVA non só polo galardón, senón tamén porque a través dos premios nacionais prestigian a investigación española en informática». Senén Barro, director científico do CiTIUS (Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da Universidade de Santiago ...
22 outubro 2021
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) pon en marcha unha nova edición do Programa Tecnólog@ por un día, que volve a ofrecer a estudantes de 12 a 17 anos a oportunidade de experimentar, en primeira persoa, unha xornada laboral con profesionais das empresas do sector TIC en Galicia. A iniciativa desenvólvese no marco do Plan de Promoción de Talento Dixital de Galicia DigiTalent.
Nesta edición, retómase a presencialidade do programa e ofreceranse 66 prazas, grazas a colaboración de 6 empresas tecnolóxicas que, xunto coa Amtega, posibilitarán a experiencia de acoller a “Tecnólog@s por un día”: Altia ...
23 xuño 2021
A oportunidade que ten Galicia de especializarse en intelixencia artificial foi un dos argumentos da xornada coa que hoxe comezou a súa actividade o centro GaiásTech da Xunta, que ocupa unha superficie de 500 metros cadrados na Cidade da Cultura.
A xornada de traballo estivo precedida das intervencións da directora da Amtega, Mar Pereira, e da directora da Fundación Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez. Así mesmo, o director da Área de Sociedade Dixital da Amtega, Miguel Rodríguez, ofreceu unha visión global do proceso de transformación dixital de Galicia que se reflicte na plataforma DixiTerrae.
A xornada técnica inaugural, baixo ...
22 xuño 2021
Un equipo de investigación interdisciplinar con participación do IGFAEcreou un prototipo para a detección de gas radon, un sistema modularpara monitorar e controlar a concentración de radon en contornaspechadas, de forma automática e a distancia
O gas radon é a maior fonte de exposición a radiación natural enhumanos e causa entre o 3 e o 14% dos casos de cancro de pulmón
O Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) da USC colaborou no deseño e desenvolvemento dun prototipo para a detección de gas radon en edificacio ...
22 xuño 2018
A Asemblea Xeral Ordinaria do Clúster TIC de Galicia incluirá na edición do 28 de xuño de 2018 unha serie de mesas de traballo nas que os asociados poderán debatir sobre algúns dos temas máis relevantes no eido das novas tecnoloxías da comunicación. Estas mesas serán espazos físicos nos que, dende as 13:20 ata as 14:45 os asistentes exporán o estado e posibilidades de participación e influencia do Clúster TIC. Os asociados están convidados a formar parte deste evento previo á asemblea. Tamén se ofrecerá un xantar de networking ...
8 novembro 2016
Un ano máis, co obxectivo de estimular e recoñecer o traballo de todos os axentes comprometidos co desenvolvemento do tecido produtivo baseado na Sociedade da Información, convócase unha nova edición dos Premios Clúster TIC Galicia. Esta iniciativa pon de relevo ante a sociedade o labor das empresas, profesionais ou entidades que deseñan, programan, desenvolven, implantan ou usan produtos ou servizos galegos que teñen na innovación e no uso das novas tecnoloxías a súa razón de ser.Os galardóns convócanse en seis categorías: Innovación, Internacionalización, Liderado TIC, Start-ups e Software Libre, ás que se lles une nesta edición a categoría de ...
27 outubro 2015
O Comité Avaliador Experto dos Premios Clúster TIC Galicia vén de dar a coñecer aos finalistas das 5 categorías. Unha selección complicada dado o alto nivel das 34 candidaturas presentadas.Os finalistas son:Categoría Innovación:o AVANSIG (A Coruña)o EGATEL (San Cibrao das Viñas)o SINERGIA G6 (O Porriño) Categoría Internacionalización:o IGALIA (A Coruña)o Quobis (O Porriño)o Optare Solutions (Vigo) Categoría Liderado TIC:o ALTIA CONSULTORES (A Coruña)o CPEIG (Santiago de Compostela)o HEWLETT PACKARD SERVICIOS (Santiago de Compostela) Categoría Startup:o APPENTRA SOLUTIONS (A ...
19 abril 2012
Baixo o paraugas do grupo de traballo de Innovación e Demanda Temperá, poñeranse en marcha seis proxectos para a procura de mercados e oportunidades de negocio en nichos estratéxicos. Segundo a proposta presentada polo grupo de traballo e aprobada polo Comité Estratéxico do Cluster na súa reunión do pasado 12 de abril, as comisións ou subgrupos de traballo crearanse arredor de empresas interesadas en dedicar recursos a impulsar un proxecto de demanda temperá en cada unha das áreas seleccionadas.Cada subgrupo funcionará de maneira autónoma, cun responsable que reportará ao coordinador do grupo de traballo, que neste caso está liderado ...
9 marzo 2012
O grupo de traballo Innovación e Demanda Temperá traballará na posta en marcha de sete comisións para impulsar cada un dos proxectos seleccionados de ente a axenda estratéxica de I+D+i proposta por Vindeira e aprobada polo Comité de Dirección e o Comité Estratéxico do Cluster.As comisións ou subgrupos de traballo crearanse arredor de empresas interesadas en dedicar recursos a impulsar un proxecto de demanda temperá en cada unha das áreas seleccionadas. Unha vez acadada unha masa crítica mínima de empresas interesadas en cada proxecto, o subgrupo porase en marcha e funcionará de maneira autónoma. Haberá un coordinador ...
2 marzo 2012
O próximo luns, 5 de marzo, reunirase o grupo de traballo de Globalizción e Internacionalización para pulir os últimos detalles do Plan de Internacionalización do sector TIC galego. A elaboración dunha estratexia para dar un forte pulo á saída aos mercados exteriores das empresas do eido das Tecnoloxías da Información e das Comunicacións é un compromiso adquirido polo Cluster ante a Consellería de Economía e Industria, e conta co apoio expreso da administración galega. Este plan, que está xa moi avanzado na súa elaboración, marcará obxectivos ambiciosos que deberán ser acadados nos próximos tres anos, e fixará como mercados preferentes ...
1 abril 2011
O grupo de Traballo de Formación rematou a elaboración da enquisa de necesidades formativas, tendo aprobado as conclusións do traballo na súa reunión correspondente ao mes de marzo. Ao cuestionario, que foi enviado a todas as empresas e entidades membros do Cluster, responderon o 24,27% dos consultados. Como principal conclusión, pódese sinalar que as necesidades de formación máis demandadas son as relacionadas coa Xestión de proxectos e coa Programación. O primeiro contido é sinalado polo 80% dos consultados, mentres que o segundo é solicitado polo 76%.Tras Xestión de Proxectos e Formación, os seguintes contidos con maior demanda son ...