A Asemblea Xeral Extraordinaria do Clúster TIC Galicia, celebrada onte en Santiago de Compostela, reelixiu a Antonio Rodríguez Del Corral coma Presidente da entidade en representación da empresa R. Tamén elixiu aos 16 membros do Comité de Dirección, 8 grandes empresas (facturación maior ou igual a 6M€) e 8 pequenas empresas (facturación inferior a 6M€), na súa maioría entidades que formaron parte do CODI nos últimos 3 anos, ás que se incorporan 3 novas entidades.
O presidente electo, Antonio Rodríguez Del Corral, comunicou que o CODI debe ser un órgano aberto e transparente, polo que é interese de todos os membros invitar a todos os candidatos non electos a sumarse ao mesmo se o seu interese é aportar ao Clúster “creemos que ese espírito é o mellor para que nestes próximos 3 anos poidamos avanzar na misión do Cluster, que non é outra que axudar a cada un dos seus socios na súa propia estratexia, axudar a xerar negocio a longo prazo e no posible, actuar de Faro de oportunidades para os socios”.
A composición do Comité de Dirección para os vindeiros 3 anos será:
Presidencia: Antonio Rodríguez Del Corral en representación da empresa R
Grandes Empresas:
Comentarios