O pasado xoves 19 de maio Plexus Tech celebrou nas súas oficinas de Palma de Mallorca, da man da súa partner UiPath, un workshop de automatización de procesos. A esta xornada acudiron algunhas das principais empresas do sector Hospitality & Travel a nivel nacional e internacional para coñecer de primeira man as evolucións do sector cara a unha industria máis dixital.
UiPath, partner da compañía galega e empresa líder en RPA e automatización, presentou as posibilidades que ofrece a súa plataforma de procesos relacionados con SAP para mellorar a automatización no tratamento de documentos, especialmente aqueles casos de uso aplicables ao sector do turismo.
A compañía galega é coñecedora de primeira man da evolución da industria hostaleira. Actualmente é provedora de infraestrutura de comunicacións en diversos complexos hostaleiros a nivel internacional, con solucións específicas adaptadas ás necesidades do usuario.
Ademais de coñecemento técnico, a xornada resultou nunha interesante reunión de networking onde os asistentes, relevantes actores do mundo do Hospitality, compartiron o imparable proceso de transformación dixital que experimenta o sector, que busca poñer ao cliente no centro da experiencia.
Comentarios