23 April 2025
Avansig, empresa especializada en enxeñería de software e orientada ao desenvolvemento de novas ferramentas e solucións no campo dos Sistemas de Información Xeográfica (SIG), foi seleccionada como beneficiaria do programa de Implantación de Plans de Innovación en Procesos e Organización (InnovaPeme 2024) financiado pola Axencia Galega de Innovación ...
23 April 2025
O Clúster TIC Galicia colabora, unha edición máis, no programa “Que non te líen, ti elixes”, promovido pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta para fomentar vocacións STEM entre o alumnado de 3º e 4º da ESO dos centros educativos galegos.
A través desta iniciativa, trece mulleres referentes de empresas sociais da entidade están a ofrecer charlas didácticas para convidar á reflexión e xerar debates relacionados coa fenda de xénero no ámbito das TIC. O obxectivo é favorecer unha orientación vocacional libre de estereotipos na elección de estudos superiores, poñendo o foco nos ciclos de formación ...
16 April 2025
Cardi@ngel, CertyChain e Senior Lingua ábrense paso no mercado despois de participar nos programas do Clúster TIC Galicia Tech Angels Network e na incubadora NodeHub. Cardi@ngel estableceu unha alianza estratéxica con Quobis tras inscribirse en Tech Angels Network, unha proposta da entidade para acelerar e optimizar ideas de negocio mediante a incorporación ...
10 April 2025
Os vogais do Comité de Dirección do Clúster TIC Galicia Alfredo Ramos, director de R e MASORANGE en Galicia, Mónica Seoane, Business Development Associate en DataSpartan, e Jesús Lage, CEO de Bimbio, comparten unha visión optimista e ambiciosa do Plan Director da Industria das TIC. Consideran que é unha ferramenta fundamental para o desenvolvemento do sector tecnolóxico galego, que contribuirá a situalo como motor de crecemento económico, innovación e transformación dixital.
Coidan que mellorará o posicionamento de Galicia no ámbito TIC global, ademais de potenciar a colaboración público-privada, fomentar a creación de emprego cualificado e xerar novas oportunidades de negocio ...
4 April 2025
A empresa tecnolóxica galega Sixtema finalizou con éxito o proxecto RESTAUR.AR, unha ambiciosa iniciativa de I+D orientada a desenvolver novas ferramentas dixitais para a conservación, restauración e divulgación do patrimonio cultural. O proxecto foi subvencionado polo Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico e a Innovación (CDTI) e contou co apoio do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital.
RESTAUR.AR permitiu desenvolver unha solución integral que xera réplicas dixitais en 3D de obxectos patrimoniais e ...
31 March 2025
O Centro de Convencións Internacional de Barcelona (CCIB) converteuse no epicentro da innovación dixital na Administración Pública os días 12 e 13 de marzo, celebrando a 5a edición do Congrés Govern Dixital 2025 (Congreso de Goberno Dixital 2025) ou CGD2025 polas súas siglas. Durante este congreso de carácter cuatrienal, reuníronse expertos para discutir sobre o futuro da transformación dixital do sector público baixo o lema ‘A revolución dos gobernos intelixentes: inclusividad, proactividad e sustentabilidade’. A asistencia a ...
27 March 2025
Innatial Developers, empresa galega especializada en desenvolvemento de aplicacións, desenvolveu unha innovadora aplicación baseada en intelixencia artificial para a detección temperá da deterioración cognitiva, en colaboración con Samsung Iberia, o Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación da Universidade de Vigo (atlanTTic), o Grupo de Neurociencia Traslacional do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur e a ...
26 March 2025
Unha delegación de nove empresas do Clúster TIC Galicia participa na misión comercial a Florida, organizada polo ICEX España Exportación e Investimentos, Red.es e a Cámara de Comercio da Coruña, co obxectivo de explorar oportunidades de negocio no continente americano.
Quobis, Councilbox, APDTIC, Bimbio, Dos Espacios, Librebit, Hacce, Beditas e Coinscrap Finance desembarcaron en Miami para ...
18 March 2025
Máis dunha decena de organismos de transformación dixital e financeiros procedentes de Latinoamérica e Estados Unidos visitaron Galicia do 10 ao 14 de marzo, no marco da misión comercial inversa organizada polo Clúster TIC Galicia, en colaboración co Igape, para posicionar á comunidade como referente no ecosistema tecnolóxico internacional.
Durante a súa estancia, as potenciais investidoras percorreron A Coruña, Santiago de Compostela e Vigo para coñecer de primeira man proxectos de innovación e avances en I+D tecnolóxico, tanto a nivel privado como na administración pública, co obxectivo de identificar puntos de aprendizaxe e boas prácticas que se poidan extrapolar ...
17 March 2025
O pasado xoves, 23 de marzo, Vitae organizou un evento no Centro de Servizos Avanzados da Cidade das TIC denominado "A utilidade da IA nos equipos de desenvolvemento de software: realidade, ficción ou unha promesa esaxerada?", á que asistiron máis de 60 persoas.
Na sesión interviñeron Carlos Escudeiro, catedrático no Departamento de Enxeñería de Computadores da Universidade da Coruña (UDC), Juan Martínez Neira, director da área de Desenvolvemento de Plexus Tech, e a Carlos González Jardón, director de IT Governance & Architecture de ABANCA. Das súas intervencións conclúese que a intelixencia artificial no desenvolvemento de software é útil e ...
17 March 2025
Os representantes de Grandes Empresas do Comité de Dirección do Clúster TIC Galicia Alberto Borrego Díez, director de NTT DATA Galicia - Asturias, Jose Ángel Veiga, director de SATEC, e Alfredo Castro, CEO de Sg Tech, valoran o futuro Plan Director da Industria das TIC, que está a elaborar a entidade, en colaboración coa Consellería de Economía e Industria da Xunta.
Os tres líderes, vinculados a empresas internacionais con sede en Galicia, coinciden en destacar a importancia deste texto, que marcará a folla de ...
11 March 2025
O Clúster TIC Galicia organiza, dende o 11 ata o 13 de marzo, unha misión comercial inversa na que participan doce empresas de carácter innovador, organismos de transformación dixital e entidades financeiras procedentes de Latinoamérica e Estados Unidos.
A xornada de traballo comeza hoxe cunha visita a Abanca e a inauguración oficial no Centro de Servizos Avanzados (CSA) da Cidade ...
Cookies settings
We collect and process your personal information for the following purposes: Analytics, Security & Marketing.