17 xuño 2010
A Asemblea Xeral Ordinaria apoia a iniciativa de impulsar un gran pacto tecnolóxico-industrial para Galicia
Os membros do Cluster TIC ratificaron tamén a posta en marcha dun ambicioso plan de captación de investimentos, cuxa primeira actividade será un evento no que participarán os principais fondos de capital risco e que terá lugar no mes de xullo. A organización conta xa con 104 membros: 95 empresas, catro asociacións empresariais e cinco asociacións e colexios profesionais. Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2010. O Cluster TIC Galicia celebrou hoxe en Santiago de Compostela a súa Asemblea Xeral Ordinaria. Na xuntanza, os ...
17 xuño 2010
• Os membros do Cluster TIC ratificaron tamén a posta en marcha dun ambicioso plan de captación de investimentos, cuxa primeira actividade será un evento no que participarán os principais fondos de capital risco e que terá lugar no mes de xullo. O Cluster TIC Galicia celebrou hoxe en Santiago de Compostela a súa Asemblea Xeral Ordinaria. Na xuntanza, os máis de cen membros da organización aprobaron o informe de xestión presentado polo equipo directivo que encabeza Rafael Valcarce Baiget, ratificaron a incorporacion dos novos membros da organización e deron luz verde ao Plan Operativo Anual e ao Presuposto e Contas ...
15 xuño 2010
Valora positivamente a política de Telecomunicacións do Goberno galego e presenta unha serie de iniciativas para, mantendo a actual dirección, dar un importante salto adiante en modernización e competitividade. Unha delegación do Cluster TIC Galicia encabezada polo seu presidente, Rafael Valcarce Baiget, reuniuse hoxe co presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo. No encontro participou tamén a secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, María del Mar Pereira.
No encontro, os responsables do Cluster TIC expuxeron ante o máximo responsable do Goberno da Comunidade Autónoma Galega a relevancia do sector das Tecnoloxías de Información e das Comunicacións no conxunto ...
15 maio 2010
O Cluster TIC Galicia, integrado por máis dun centenar de entidades pertencentes ao hipersector das Tecnoloxías da Información e das Comunicacións, asume o labor de impulsar e liderar o avance da comunidade autónoma cara un novo modelo económico baseado na innovación, a produtividade, o valor engadido e o desenvolvemento sostible. Un modelo asentado no coñecemento que é imprescindible para mellorar a capacidade das empresas galegas de competir nos mercados globais e, deste xeito, crear emprego de calidade e garantir o avance económico e social do país. Facer pública esta vontade de asumir un papel de liderado cara a nova economía ...
13 maio 2010
Nunha declaración trasladada á Presidencia da Xunta, o Cluster TIC Galicia asegura que a economía de subsistencia que ten imperado en Galicia non pode ser o modelo para a implantación das novas tecnoloxías. Defende que potenciar a capacidade exportadora de produtos de valor engadido debe ser un obxectivo prioritario, apoiado polo Goberno de Galicia con todos os seus medios. O Cluster TIC defende que Galicia debe dar un paso adiante para virar a tendencia que fai medrar a “fenda dixital”, apostando por ser líder en Europa na implantación e uso das novas tecnoloxías. Esta idea foi trasladada á Presidencia da ...
27 abril 2010
O Comité Estratéxico do Cluster TIC Galicia ratificou a posta en marcha das comisións e grupos de traballo, cos que a entidade comeza a traballar cara aos seus obxectivos estratéxicos. Este método de reparto das tarefas responde ao compromiso expresado desde a presidencia de artellar fórmulas para a participación de todas as entidades representadas no Cluster nos procesos de toma de decisións. Unha destas comisión dedicarase a elaborar unha proposta para os novos estatutos da entidade, compromiso que tamén adquiriu o presidente, Rafael Valcarce, ante a Asemblea Xeral Extaordinaria do 11 de febreiro. O resto de grupos traballarán nas seguintes ...
27 abril 2010
O Comité Estratéxico aprobou a iniciativa pola cal o Cluster TIC Galicia estará representado en ERRIN, a rede de investigación e innovación das rexións europeas.Antonio Rodríguez del Corral, vicepresidente do Comité de Dirección, será o representante do Cluster TIC neste foro internacional. En ERRIN participan administracións, universidades e centros de investigación de 80 rexións europeas. Esta plataforma, creada en 2006, ten como obxectivos principais facilitar o intercambio de coñecemento e establecer lazos de colaboración entre os seus membros para o desenvolvemento das súas capacidades no terreo da investigación e a innovación. Conta con nove grupos de traballo, entre eles ...
¡Ola! ¿Poderíamos habilitar algúns servizos adicionais para Analytics, Security & Marketing? Sempre poderá cambiar ou retirar o séu consentimento máis tarde.