O Cluster TIC Galicia intégrase na plataforma europea ERRIN

O Cluster TIC Galicia intégrase na plataforma europea ERRIN


O Comité Estratéxico aprobou a iniciativa pola cal o Cluster TIC Galicia estará representado en ERRIN, a rede de investigación e innovación das rexións europeas.

Antonio Rodríguez del Corral, vicepresidente do Comité de Dirección, será o representante do Cluster TIC neste foro internacional. En ERRIN participan administracións, universidades e centros de investigación de 80 rexións europeas. Esta plataforma, creada en 2006, ten como obxectivos principais facilitar o intercambio de coñecemento e establecer lazos de colaboración entre os seus membros para o desenvolvemento das súas capacidades no terreo da investigación e a innovación. Conta con nove grupos de traballo, entre eles, Enerxía e Cambio Climático; Tecnoloxías da Saúde; Transporte; Biotecnoloxía e Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC).

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies