O pasado xoves, 23 de marzo, Vitae organizou un evento no Centro de Servizos Avanzados da Cidade das TIC denominado "A utilidade da IA nos equipos de desenvolvemento de software: realidade, ficción ou unha promesa esaxerada?", á que asistiron máis de 60 persoas.
Na sesión interviñeron Carlos Escudeiro, catedrático no Departamento de Enxeñería de Computadores da Universidade da Coruña (UDC), Juan Martínez Neira, director da área de Desenvolvemento de Plexus Tech, e a Carlos González Jardón, director de IT Governance & Architecture de ABANCA. Das súas intervencións conclúese que a intelixencia artificial no desenvolvemento de software é útil e unha realidade que veu para quedar. Con todo, as promesas sobre o seu enorme potencial aínda están por coñecer. Outras ideas que lanzou a xornada son:
O impacto da IA nos departamentos de desenvolvemento das organizacións é escaso, dun 3%, pero destaca o seu uso na axuda na resolución de problemas de codificación, a súa alta utilidade en Testing e en xerar documentación.
Para a súa implantación nas empresas, é necesario acometer adaptacións. Ademais, as ferramentas de IA aínda non están deseñadas para que sexan rendibles, xa que abonar 20 € por cada plataforma de IA por programador, é un custo inasumible polas organizacións na actualidade.
Os que máis defenden a IA son os programadores júnior e ten máis detractores entre programadores sénior, dándose o paradoxo de que a IA ofrece maior utilidade ao segundo colectivo.
¡Ola! ¿Poderíamos habilitar algúns servizos adicionais para Analytics, Security & Marketing? Sempre poderá cambiar ou retirar o séu consentimento máis tarde.
Comentarios