23 abril 2025
O Clúster TIC Galicia colabora, unha edición máis, no programa “Que non te líen, ti elixes”, promovido pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta para fomentar vocacións STEM entre o alumnado de 3º e 4º da ESO dos centros educativos galegos.
A través desta iniciativa, trece mulleres referentes de empresas socias da entidade están a ofrecer charlas didácticas para convidar á reflexión e xerar debates relacionados coa fenda de xénero no ámbito das TIC. O obxectivo é favorecer unha orientación vocacional libre de estereotipos na elección de estudos superiores, poñendo ...