The ICT Cluster Galicia adds the strengths of companies, business associations, professional associations and other agents of the ICT macro sector of Galicia
6 November 2026
O Clúster TIC Galicia promove, xunto á Fundación Galicia Constrúe e Startup Galicia, o primeiro piloto do Proxecto Conexión, unha iniciativa que busca impulsar a colaboración intersectorial no noso territorio, conectando as demandas dos clústeres produtivos coas capacidades das empresas, startups, centros tecnolóxicos e universidades galegas.
O obxectivo é favorecer relacións horizontais entre sectores, mellorar o coñecemento mutuo e acelerar a adopción de tecnoloxías e innovacións emerxentes en ámbitos industriais maduros, aproveitando a capacidade innovadora xa instalada en Galicia.
Tras unha primeira xornada desenvolvida durante a xornada Conecta Empresas, celebrada o pasado 9 de xullo, na que se levou a ...
4 November 2026
Apoia a presenza de seis empresas socias nun mesmo espazo para abrir novas oportunidades a nivel nacional e internacional
2bedigital, Cloud.gal, Ilux Visual Technologies, ScanMeNow, Macrotest e Quobis presentan as súas solucións de IA, ciberseguridade, infraestrutura cloud, comunicacións seguras ou avatares dixitais
O Clúster TIC Galicia participa xunto a seis empresas socias e con stand propio en Tech Show Madrid, a maior cita tecnolóxica multisectorial de España, que se celebra hoxe e mañá en IFEMA Madrid con máis de 470 expositores, 400 relatores e unha previsión de asistencia de 27.000 visitantes.
A axencia 2bedigital, Cloud.gal, Ilux Visual ...
2 November 2026
Un total de 13 profesionais de 9 empresas socias impartirán diferentes charlas en 15 centros educativos nas provincias da Coruña, Pontevedra e Lugo
Os relatorios están dirixidos ao alumnado de 3º e 4º da ESO co fin de promover a presenza de mulleres en sectores tradicionalmente masculinizados, como o TIC
O Clúster TIC Galicia participa unha edición máis no programa 'Que non te líen, ti elixes' desenvolvido polas consellerías de Emprego, Comercio e Emigración e de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta. O obxectivo desta iniciativa é aumentar a presenza de mulleres en sectores tradicionalmente masculinizados como o ...
30 October 2026
O Clúster TIC Galicia celebra o vindeiro mércores 18 de novembro en Santiago de Compostela a segunda edición de Enredatic, unha xornada de negocios e networking dirixida ás empresas socias da entidade. O obxectivo deste encontro é promover as relacións profesionais entre as firmas, estreitar lazos, ampliar a súa rede de contactos, dar a coñecer as súas capacidades e establecer posibles vías de colaboración para abordar conxuntamente proxectos de maior envergadura.
O evento terá lugar ás 13:15 h na Sala The Loft do Lux Events Center, situado no Parque Empresarial da Sionlla, e estará aberto a todas aquelas compañías ...
16 October 2026
A cidade herculina será a sede de XSCALE A Coruña, a primeira iniciativa de inmersión e soft landing de Galicia para conectar o ecosistema empresarial e tecnolóxico galego con scaleups internacionais de alto potencial que queren entrar no mercado europeo desde o noso territorio.
Organizada pola Oficina de Promoción Tecnolóxico Industrial e na que colabora o Clúster TIC Galicia, celebrarase do 26 ao 28 de outubro no Centro de Servizos Avanzados (CSA) da Cidade das TIC.
O evento central do encontro terá lugar o luns 26 de outubro co «Meet the Scaleups», onde as 16 empresas gacela seleccionadas presentarán os ...
15 October 2026
O proxecto europeo ALLOCATE, liderado polo Concello da Coruña e no que participamos como socios, vén de abrir o prazo de preinscrición no curso "IA Verde e Ética para a Innovación Urbana".
A formación, deseñada conxuntamente polos socios de ALLOCATE, contará con persoal experto do ámbito académico, empresarial e institucional do propio Concello da Coruña, da nosa entidade, da Universidade da Coruña, da AESIA, de Altia e de Khora Urban Thinkers, que abordarán os principais retos tecnolóxicos, ambientais e regulatorios da intelixencia artificial.
A través de sesións prácticas, estudos de casos reais e actividades colaborativas, as persoas participantes adquirirán coñecementos ...
3 November 2026
A investigación, realizada a 1.100 comercios electrónicos, revela que só o 8,8% supera a revisión sen incidencias
A provincia de Pontevedra concentra dous terzos dos casos graves e as reclamacións son o principal punto débil
Unha de cada catro tendas en liña galegas presenta deficiencias legais graves ou críticas. É la principal conclusión dun estudo realizado por Visual Publinet sobre 1.106 comercios electrónicos da comunidade. O 26,4% atópase nos dous niveis de maior risco da análise, mentres que só o 8,8% supera as comprobacións sen incidencias.
Las diferencias son especialmente acusadas entre provincias. En ...
29 October 2026
Councilbox participou en DATAfórum Xustiza 2026, o congreso máis importante en España do sector da Xustiza Dixital e o Humanismo, que tivo lugar na Coruña do 21 ao 23 de outubro. O evento, organizado polo Concello dá #o Coruña, a Universidade da Coruña e o Ministerio da Presidencia, Xustiza e Relacións coas Cortes, reuniu a salientables profesionais deste ámbito, así como do tecnolóxico, universitario e do terceiro sector social vinculado á defensa dos dereitos e o acceso á xustiza.
A presenza de Councilbox neste encontro permitiulles compartir a súa experiencia en distintos ámbitos da transformación dixital da Xustiza, presentar novas ...
30 September 2026
Este recoñecemento consolida a súa aposta pola nube e reforza a súa capacidade para a transformación dixital dos clientes
Un fito moi especial para Plexus Tech: alcanzamos oficialmente a categoría de AWS Advanced Partner. Este logro consolida a súa aposta pola nube, reforzando ademais a súa capacidade para acompañar aos clientes nos seus procesos de transformación dixital.
Neste sentido, o recoñecemento pon en valor a experiencia da compañía na definición, implantación e operación de solucións sobre AWS para organizacións de diferentes sectores. E tamén distingue o traballo do seu equipo de profesionais.
Ao mesmo tempo, este fito está apoiado por ...
16 March 2026
O Igape vén de lanzar unha nova liña de préstamos directos do programa IG408B para o financiamento empresarial en Galicia, cunha dotación orzamentaria de 62,5 millóns de euros, cuxo obxectivo é facilitar o acceso ao crédito e impulsar o desenvolvemento e a competitividade do tecido empresarial galego.
Quen pode solicitar estes préstamos?
Poden ser beneficiarias desta convocatoria as empresas que desenvolvan unha actividade e conten cun centro de traballo en Galicia, así como outras entidades ou agrupacións que cumpran os requisitos establecidos na convocatoria.
O financiamento pode destinarse a diferentes actuacións vinculadas ao desenvolvemento empresarial galego, como ...
19 May 2025
O Plan Galego de Investigación e Innovación 2025-2027, presentado pola Xunta o pasado mes de abril, postúlase como un ambicioso marco estratéxico para consolidar Galicia como un polo de referencia en investigación e innovación a nivel europeo e global, favorecendo a creación de novas tecnoloxías e a súa transferencia efectiva ao mercado.
Cun investimento de 1.310 millóns de euros, un 20% máis que o plan anterior, esta nova proposta, elaborada mediante un amplo proceso participativo, inclúe 165 actuacións articuladas a través de cinco programas verticais (Talento, Coñecemento, Innovación e emprendemento, Colaboración Estratéxica, Posicionamento), catro eixos estratéxicos transversais, denominados iniciativas ...
22 November 2021
O director científico do CiTIUS, catedrático de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial na Universidade de Santiago de Compostela, recibiu en Madrid o galardón que recoñece a súa traxectoria investigadora na cerimonia de entrega dos Premios de Investigación Sociedade Científica Informática de España – Fundación BBVA 2020-2021.
«É unha honra inmensa. O meu agradecemento ao xurado, á SCIE e á Fundación BBVA non só polo galardón, senón tamén porque a través dos premios nacionais prestigian a investigación española en informática». Senén Varro, director científico do CiTIUS (Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da Universidade de Santiago de Compostela), de ...
Catalog of solutions of the partner companies of the ICT Cluster
THE CLUSTER JOURNAL
The ICT Cluster Galicia works to value the Galician sector of information and communication technologies, promoting cooperation and developing services and tools that will help them effectively to improve their competitiveness and increase their business volume.
Subscribe to our newsletter and stay informed about upcoming events and latest news.
Ea sit quaeque consulatu, nam causae nonumes in, ne sea graeci quidam pericula. Id eius scriptorem sit, affert ridens ea eam, no est illum instructior. Cu veri gubergren appellantur vis. Te summo facilisi constituto qui, ad mundi nemore causae pro. Equidem euripidis at vis, mundi intellegat quaerendum ex sit, ea nusquam fierent mea.
Ea pro nisl adhuc consequat. Mei at posse graecis epicurei, novum causae erroribus usu no, ne ubique praesent scribentur quo. Ea vis quod labitur sapientem, qui te putant laoreet sententiae, alii velit vidisse eam ex. Eum ut idque soluta diceret.