30 outubro 2026
O Clúster TIC Galicia celebra Enredatic o vindeiro mércores 18 de novembro en Santiago de Compostela, unha xornada de negocios e networking dirixida ás empresas socias da entidade. O obxectivo deste encontro é promover as relacións profesionais entre as firmas, estreitar lazos, ampliar a súa rede de contactos, dar a coñecer as súas capacidades e establecer posibles vías de colaboración para abordar conxuntamente proxectos de maior envergadura.
O evento terá lugar ás 13:15 h na Sala The Loft do Lux Events Center, situado no Parque Empresarial da Sionlla, e estará aberto a todas aquelas compañías asociadas do Clúster TIC ...