20 decembro 2024
Dende o Clúster TIC Galicia desexámosvos Bo Nadal! E queremos aproveitar estes últimos días de 2024 para agradecer a todas as institucións, entidades e asociados que ao longo deste 2024 amosaron o seu apoio á nosa asociación e participaron dos proxectos e actividades que organizamos ou promovemos. Neste contexto, gustaríanos tambén destacar os temas transversais nos que estivemos ou estamos traballando co obxectivo de dar resposta á demanda do sector:
Plan Director das TIC. Este ano celebramos un fito: que o sector tecnolóxico se considerase "estratéxico" pola Xunta e que se aprobase a redacción do Plan Director da Industria das ...12 decembro 2024
O pasado 14 de novembro comezamos unha nova edición do programa "Que non te líen, ti elixes", posto en marcha pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e a Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta, e no que colaboramos, para fomentar, desde as aulas, unha orientación profesional libre de estereotipos de xénero.
Neste marco, dez mulleres profesionais, referentes no sector TIC galego, das nosas empresas socias (Aldaba, Codee, Cinfo, Ilux Visual Technologies, Inforhouse, Merlin Software, Nunegal, R, Possible e Teimas) ofreceron distintas charlas, baseándose na súa propia ...
11 decembro 2024
Hoxe celebramos o tradicional evento de peche de ano cos nosos asociados no Centro de Servicios Avanzados (CSA) da Cidade das TIC. O obxectivo desta xornada é analizar os principais proxectos que levamos a cabo dende o Clúster TIC Galicia durante este ano:
Por iniciativa propia: Os programas Tech Angels Capital e Tech Angels Network, a incubadora Node Hub, o programa formativo, posto en marcha en colaboración coa Xunta de Galicia, a Xanela Única ou a creación dos Grupos de Traballo (GT) de Intelixencia Artificial e de Comunicación, destacando a intensa actividade dos GT de Emprego e Internacionalización.En ...9 decembro 2024
Carlos Otero viu unha oportunidade no escaso avance dos formatos dos compoñentes necesarios para cultivar, con sacos de gran tamaño e multitude de opcións que é preciso comprar para traballar a terra. De aí xurdiu CT-Soil (Cartón-Terra Soil). "Trátase dun material de cultivo formado por unha dobre capa de cartón que incorpora no seu interior diferentes combinacións de elementos válidos para a agricultura ecolóxica e dous niveis de información impresa na súa base", explica.
A través deste substrato -lixeiro e compostable-, de orixe circular e local, pódese nutrir o chan e mediante un código QR, o usuario obtén as instrucións ...
5 decembro 2024
Agrupacións industriais e empresas, entre eles, o Clúster TIC Galicia, colaboran no proxecto OpenLowCodeLabs, unha iniciativa innovadora e colaborativa que ten como obxectivo principal investigar e ...
2 decembro 2024
Esta iniciativa busca facilitar o acceso a ferramentas tecnolóxicas que melloren a calidade de vida dos mozos beneficiarios, permitíndolles continuar cos seus estudos, manterse conectados cos seus seres queridos e gozar de actividades que promovan o seu benestar emocional.
O equipo de Sg Tech reafirma con esta acción o seu compromiso coa comunidade, apoiando causas que contribúen ao desenvolvemento e a inclusión tecnolóxica.
Alfredo Castro, CEO de Sg Tech, destacou: "En Sg Tech, cremos firmemente no poder da tecnoloxía para transformar vidas. Sentimos orgullosos de poder colaborar cunha organización tan admirable como a Fundación Aladina, que realiza un traballo invaluable ...
2 decembro 2024
RuralEU é o proxecto co que Raquel Braña participou na incubadora Node Hub, impulsada polo Clúster TIC Galicia, en colaboración con Incibe Emprende. O obxectivo da súa proposta é ofrecer un servizo de comunicación a municipios de menos de 6.000 habitantes para atraer e fixar poboación no rural, potenciando a proposta de valor de cada territorio. "A idea xurdiu en 2019, cando vin que aínda se situaban bandos municipais en vitrinas de igrexas e concellos", sinala Braña. Para esta profesional en continua formación participar en Node Hub supuxo un cambio brutal no seu proxecto. "Puiden aclarar os obxectivos e ...
2 decembro 2024
Fernando Vázquez, membro do Comité de Dirección do Clúster TIC Galicia e CEO de Imatia, participou o pasado venres no Obradoiro de Dixitalización de Ecosistemas Saudables, liderado polo Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar, a través do Igape.
O obxectivo deste encontro é crear un grupo de traballo, apoiado por persoal experto de diferentes organizacións, para desenvolver unha ferramenta dixital que permita aumentar os niveis de práctica e adherencia do exercicio físico como parte do tratamento ou da recuperación en persoas que padecen patoloxías crónicas.
No proxecto, ademais do Clúster TIC Galicia, participan The Well-Being Lab ...
26 novembro 2024
O director científico do Centro Singular de Investigación en Tecnologías Inteligentes (CiTIUS) e catedrático de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial, Senén Barro, vén de ser distinguido co premio Galego do Ano 2024 na categoría de Ciencia e Investigación, que outorga El Correo Gallego con carácter anual. Este galardón, que recollerá este xoves nunha gala que terá lugar na Cidade da Cultura, recoñece así o seu liderado no eido da investigación e transferencia de coñecemento en intelixencia artificial desde o CiTIUS da Universidade de Santiago de Compostela (USC).
"Senén Barro é un precursor da aplicación da intelixencia artificial a ...
18 novembro 2024
A semana pasada comezamos unha nova edición do programa "Que non te líen. Ti elixes!", impulsado pola Xunta de Galicia, e no que colaboramos co obxectivo de promover as vocacións STEM entre o alumnado galego de 3º e 4º de ESO.
Ata o 10 de decembro, distintas profesionais das nosas empresas socias visitarán ata 16 centros de ensino de toda a xeografía galega para favorecer a orientación vocacional libre de estereotipos na elección de ciclos de formación profesional con menor presenza de mulleres.
Tamara Cutrín Millán, responsable de persoas e cultura en TEIMAS, foi a encargada de inaugurar este ...
18 novembro 2024
"Gardas da memoria" xurdiu dunha tese doutoral ligada aos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS). Josefina Anllo, farmacéutica de profesión, quería desenvolver unha aplicación que abordase a deterioración cognitiva a través da detección precoz ou do exercicio e decidiu comezar este proxecto como alternativa ao manexo da lonxevidade.
No seu camiño cruzouse Node Hub, o programa de incubación impulsado por Incibe Emprende e o Clúster TIC Galicia, o que lle permitiu darlle unha nova perspectiva a esta idea. “’Gardas da Memoria’ emprega a terapia da reminiscencia, o patrimonio e a multisensorialidade para estimular e tonificar a memoria co obxectivo de atrasar ...
14 novembro 2024
O Clúster TIC Galicia, a través do seu Servizo de Emprego, vén de detectar 516 vacantes entre as súas empresas socias, o dobre que en 2023, cando se rexistraron 260. “Estes postos de ...