Dende o Clúster TIC Galicia desexámosvos Bo Nadal! E queremos aproveitar estes últimos días de 2024 para agradecer a todas as institucións, entidades e asociados que ao longo deste 2024 amosaron o seu apoio á nosa asociación e participaron dos proxectos e actividades que organizamos ou promovemos. Neste contexto, gustaríanos tambén destacar os temas transversais nos que estivemos ou estamos traballando co obxectivo de dar resposta á demanda do sector:
Por outra banda, impulsamos o Campus Dual TIC, unha iniciativa para formar de maneira áxil e práctica aos perfís dixitais máis demandados polas empresas tecnolóxicas.
Cabe sinalar tamén o acordo pioneiro que firmamos co IES Fernando Wirtz Suárez da Coruña, un modelo experimental de FP Dual Multiempresa, polo cal o alumnado do ciclo de Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma deste centro recibirá formación conxunta xestionada pola nosa entidade.
Outra das actividades na que colaboramos e acaba de concluír é o programa “Que non te líen. Ti elixes”, promovido pola Xunta, que busca favorecer a elección de ciclos de formación profesional con menor presenza de alumnas a través de relatorios de mulleres profesionais destacadas das nosas empresas socias.
¡Ola! ¿Poderíamos habilitar algúns servizos adicionais para Analytics, Security & Marketing? Sempre poderá cambiar ou retirar o séu consentimento máis tarde.
Comentarios