Dende o Clúster TIC Galicia desexámosvos Bo Nadal! E queremos aproveitar para agradecer a todas as institucións, entidades e asociados que ao longo deste 2024 amosaron o seu apoio á nosa asociación e participaron dos proxectos e actividades que organizamos ou promovemos. Este ano centramos os nosos esforzos en temas transversais co obxectivo de dar resposta á demanda do sector tecnolóxico. Destacamos os seguintes:
Por outra banda, impulsamos o Campus Dual TIC, unha iniciativa para formar de maneira áxil e práctica aos perfís dixitais máis demandados polas empresas tecnolóxicas.
Cabe sinalar tamén o acordo pioneiro que firmamos co IES Fernando Wirtz Suárez da Coruña, un modelo experimental de FP Dual Multiempresa, polo cal o alumnado do ciclo de Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma deste centro recibirá formación conxunta xestionada pola nosa entidade.
Outra das actividades na que colaboramos e acaba de concluír é o programa “Que non te líen. Ti elixes”, promovido pola Xunta, que busca favorecer a elección de ciclos de formación profesional con menor presenza de alumnas a través de relatorios de mulleres profesionais destacadas das nosas empresas socias.
Cookies settings
We collect and process your personal information for the following purposes: Analytics, Security & Marketing.
Comments