O Clúster TIC Galicia participa no Obradoiro de Dixitalización de Ecosistemas Saudables, liderado polo Clúster da Industria do Deporte

Silvia Camesella,

O Clúster TIC Galicia participa no Obradoiro de Dixitalización de Ecosistemas Saudables, liderado polo Clúster da Industria do Deporte


Fernando Vázquez, membro do Comité de Dirección do Clúster TIC Galicia e CEO de Imatia,  participou o pasado venres no Obradoiro de Dixitalización de Ecosistemas Saudables, liderado polo Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar, a través do Igape. 

O obxectivo deste encontro é crear un grupo de traballo, apoiado por persoal experto de diferentes organizacións, para desenvolver unha ferramenta dixital que permita aumentar os niveis de práctica e adherencia do exercicio físico como parte do tratamento ou da recuperación en persoas que padecen patoloxías crónicas.

No proxecto, ademais do Clúster TIC Galicia, participan The Well-Being Lab, BeOne Fitness & Sport, Dous Deporte Acea de Ama, 10mets, Instituto Médico Arriaza, EcoSport Clinical, Clúster Saúde de Galicia, CSG, Agrupación industrial TIC Galicia e asociacións como AECC Coruña e Bolboretas Coruña Dragon Barco BCS.

Este obradoiro consta de varias reunións, en liña e presenciais, para dar forma á citada solución que conecta deporte, saúde e benestar, contribuíndo a xerar un ecosistema innovador en Galicia.

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies