27 September 2024
O luns 30 de setembro conclúe o prazo para inscribirse en Tech Angels Capital, o evento organizado polo Clúster TIC Galicia o 28 e 29 de outubro nas instalacións da Zona Franca de Vigo ...
26 September 2024
Unha representación dos equipos de talento de empresas socias do Clúster TIC Galicia asistiron onte a unha mesa de traballo convocada pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, a través da Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, para estudar liñas de acción dirixidas a facilitar a cobertura de vacantes que demanda o sector TIC galego.
Durante a xornada, traballouse en como identificar e analizar as barreiras de acceso á man de obra, especialmente ao talento estranxeiro, informouse sobre a normativa de xestión colectiva de contratacións en orixe, así como sobre as vías e recursos xa en ...
20 September 2024
A compañía Dos Espacios posiciónase como o primeiro provedor que implanta unha solución de Destino Turístico Intelixente (DTI) no Camiño de Santiago. Trátase dun innovador proxecto de dixitalización do Camiño Francés que permitirá extraer datos de fluxos de visitantes en tempo real.
O proxecto, denominado “Camiño 360º” aplicarase na área de influencia da Mancomunidade de Municipios Galegos do Camiño Francés (Arzúa, Melide, Monterroso, Palas de Rei ...
19 September 2024
Quobis impulsará Cardi@ngel, do enxeñeiro compostelán Jesús Velasco, que busca conectar persoas con problemas cardíacos e voluntariado en RCP
Cinfo promoverá Zenss, unha solución para axudar a persoas con problemas de saúde mental, da emprendedora coruñesa Astrid Rincone
Son as propostas seleccionadas das once que se presentaron á iniciativa da entidade para formalizar alianzas entre ideas de negocio e líderes tecnolóxicos
O Clúster TIC Galicia desenvolverá dúas aplicacións de saúde e benestar, no marco do seu programa Tech Angels Network, a través da alianza estratéxica entre Quobis e o proxecto Cardi@ngel, do enxeñeiro compostelán Jesús Velasco, e entre ...
17 September 2024
Docuten, empresa líder en solucións de sinatura dixital e factura electrónica, anuncia o traslado da súa sede central na Coruña. En outubro deste ano, a compañía mudará doPolígono de Agrela, onde permaneceu máis de 8 anos, ao innovador espazo de traballo HICoruña, situado no centro da cidade.
O traslado a HI Coruña representa un paso estratéxico para Docuten, permitindo á empresa traballar nun contorno que fomenta a colaboración e o intercambio de ideas con outrasmentes afíns. "Cremos no valor da comunidade e nas relacións que xorden de compartir espazos con outras compañías que, coma nós, apostan pola innovación, e HI ...
11 September 2024
O Clúster TIC Galicia organiza Tech Angels Capital, un evento exclusivo para conectar startups tecnolóxicas galegas con importantes investidores, incluíndo business angels e fondos de capital risco, interesados en impulsar o crecemento destas organizacións.
O encontro, que se celebrará o 28 e 29 de ...
9 September 2024
Sg tech foi seleccionada para encabezar un importante proxecto de transformación dixital na área de Tránsito e Transporte en Colombia. Este proxecto ten como obxectivo mellorar o acceso á información de tráfico e tránsito, mediante a centralización, actualización e validación dos datos de condutores, empresas e vehículos nos sistemas de transporte do país.
O proxecto desenvolverase en varias fases. Na primeira fase, traballarase no desenvolvemento e proba dunha nova plataforma tecnolóxica que permitirá validar e xestionar a información dos condutores e os seus vehículos. Esta plataforma tamén facilitará a autorización de trámites xestionados polas axencias de tránsito e permitirá actualizar ...
4 September 2024
O Clúster TIC Galicia ofrecerá preto do 50% da formación curricular da FP Dual de Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma do IES Fernando Wirtz Suárez da Coruña, considerada unha das titulacións con maior empregabilidade segundo o Observatorio das Ocupacións do SEPE. Aldaba, cinfo, Plexus Tech e Luckia formarán así ao alumnado deste ciclo formativo, de 2.106 horas de duración, e ...
24 July 2024
O Clúster TIC Galicia está a recoller as necesidades de capacitación dos seus asociados de cara a elaboración dun novo Plan Formativo, que se desenvolverá dende o 1 de setembro de 2024 ata o 31 de marzo de 2025. Estas accións enmárcanse no convenio que a entidade prevé asinar coa Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego nas vindeiras semanas, a través do cal se financiou o Plan Formativo do Clúster TIC de 2022, 2023 e 2024. O obxectivo deste programa é realizar accións formativas de cualificación e recualificación da poboación activa para cubrir a demanda de ...
23 July 2024
O Clúster TIC Galicia vén de recibir o texto do anteproxecto de Lei para o Desenvolvemento e Impulso da Intelixencia Artificial en Galicia, abrindo un período de alegacións para os socios que estean interesados en achegar os comentarios que estimen oportunos sobre o documento. O prazo para presentar as observacións remata o venres 26 de xullo, ás 13:00 horas, de xeito que o Clúster TIC Galicia poida revisar, agrupar e remitir de xeito conxunto todas as peticións nunha única alegación en tempo e forma.
O anteproxecto de Lei para o Desenvolvemento e Impulso da Intelixencia Artificial en Galicia converterá ...
23 July 2024
O Clúster TIC Galicia segue a traballar no deseño do Plan Director da industria das TIC pasando á segunda fase do proxecto, que está a elaborar en colaboración coa Secretaría Xeral de Industria, dependente da Consellería de Economía e Industria da Xunta. Nesta nova etapa, contémplase a definición e priorización das tarefas de actuación, así como a redacción dun informe coa diagnose, desafíos e perspectivas de futuro do sector tecnolóxico galego.
Estes novos pasos prodúcense despois de que se presentasen na Asemblea Xeral Ordinaria, celebrada o pasado 27 de xuño, as suxerencias e opinións das empresas socias a través ...
23 July 2024
O Clúster TIC Galicia vén de recibir os borradores dos plans directores do sector da automoción e da construción naval para efectuar as súas achegas no apartado de dixitalización. Os asociados que queiran aportar o seu expertise na elaboración destes instrumentos da planificación poden dirixirse á oficina da entidade, a través de info@clusterticgalicia.com ou do teléfono 881 939 651, ata o 30 de agosto.
As suxestións por parte de empresas socias forma parte do compromiso que adquiriu o Clúster TIC Galicia coa Xunta para potenciar o desenvolvemento da actividade industrial nestes sectores estratéxicos. Na elaboración destes plans directores ...