18 novembro 2024
"Gardas da memoria" xurdiu dunha tese doutoral ligada aos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS). Josefina Anllo, farmacéutica de profesión, quería desenvolver unha aplicación que abordase a deterioración cognitiva a través da detección precoz ou do exercicio e decidiu comezar este proxecto como alternativa ao manexo da lonxevidade.
No seu camiño cruzouse Node Hub, o programa de incubación impulsado por Incibe Emprende e o Clúster TIC Galicia, o que lle permitiu darlle unha nova perspectiva a esta idea. “’Gardas da Memoria’ emprega a terapia da reminiscencia, o patrimonio e a multisensorialidade para estimular e tonificar a memoria co obxectivo de atrasar ...
14 novembro 2024
O Clúster TIC Galicia, a través do seu Servizo de Emprego, vén de detectar 516 vacantes entre as súas empresas socias, o dobre que en 2023, cando se rexistraron 260. “Estes postos de ...
11 novembro 2024
Orange³Legal é outro dos catorce proxectos que participaron na incubadora Node Hub, impulsada por Incibe Emprende e o Clúster TIC Galicia. Liderado por James Orange, esta academia de inglés profesional e virtual, dirixida ao sector legal, busca achegar a linguaxe xurídica en inglés a través de profesionais expertos na materia. "O profesor que imparte do curso tamén é avogado, de modo que ten un coñecemento amplo do vocabulario que se adoita empregar neste ámbito", sinala Orange.
O promotor tamén sinala que a súa plataforma diferénciase doutras similares en que as formacións son moi dinámicas e inclúen contidos multimedia xerados sobre ...
30 outubro 2024
O lema de Drakkar Ship Tech, o primeiro marketplace de provisións para buques, é Bringing the world to your ship. Detrás desta declaración de intencións está Lara García Yáñez, unha moza de 27 anos graduada en Náutica e Transporte Marítimo que participou no programa de incubación Node Hub, cuxo Demo Day se celebrou o pasado mes de setembro.
"O meu obxectivo é mellorar a calidade de vida dos tripulantes de buques. Creo que o seu papel na sociedade é imprescindible e son uns grandes esquecidos. Quero achegar a vida que levamos en terra ás tripulacións”, revela. Precisamente, esta aspiración foi ...
28 outubro 2024
XesGalicia, Unirisco e Noso Capital son algúns dos fondos que participan no evento, organizado polo Clúster TIC Galicia na sede da Zona Franca
Quince startups terán a oportunidade de mostrar os seus proxectos perante estas entidades
Once empresas socias participarán no foro con estas xestoras para xerar spin-off tecnolóxicas
Más de trinta investidores de carácter nacional e internacional danse cita hoxe e mañá en Tech Angels Capital para coñecer de preto os proxectos de quince startups galegas que buscan financiamento e reunirse cunha decena de empresas consolidadas do sector TIC, nun foro con vocación permanente, para xerar spin-off tecnolóxicas ...
21 outubro 2024
O apelido de Adrián non é casualidade: Caridad. A súa actitude solidaria cos que lle rodean reflíctese no seu proxecto ClaramenteTú, terceiro premio á mellor proposta da incubadora do Clúster TIC Galicia, Node Hub. "Cando vivía en Granada rodeábame unha contorna moi marxinal; iso fíxome darme conta do sufrimento que había ao meu ao redor, e quixen facer algo respecto diso", confesa.
Ao regresar a Galicia decidiu darlle forma á súa idea. Formouse como coach e comezou a xestar a súa proposta. "ClaramenteTú é unha solución moi completa, que combina produtos e servizos para mellorar a autoestima e o benestar ...
21 outubro 2024
O Centro de Servizos Avanzados (CSA), o primeiro edificio reformado da Cidade das TIC que abriu as súas portas hai un ano, impulsado ...
16 outubro 2024
No marco das liñas de impulso ao emprendemento que mantén o Clúster TIC Galicia na Comunidade, a entidade vén de amosar o seu apoio aos proxectos SinerxIA e StarTIC, que se están a desenvolver nas cidades da Coruña e Vigo, respectivamente, co obxectivo de atraer talento e potenciar o crecemento do ecosistema tecnolóxico galego.
Este respaldo manifestouse a través de sendas cartas de apoio para as diferentes propostas, dirixidas ao Comité de Selección de Operacións Feder da Fundación Incyde, que deu a coñecer a súa resolución o pasado mes de agosto, adxudicando con carácter provisional axudas do Feder a ...
14 outubro 2024
A idea de CertyChain, o proxecto que recibiu o primeiro premio do programa de incubación Node Hub, promovido por Incibe Emprende e o Clúster TIC Galicia, xurdiu da experiencia dun amigo: "Modificaron o seu contrato de traballo despois de que o asinase en papel", sinala Sara Chao, CEO da empresa. Este foi o punto de partida para que catro amigos, estudantes de Enxeñería Informática, puxésense ao choio.
"Estivemos a investigar que solucións existían no mercado e que tecnoloxías ou melloras podiamos achegar nós", comenta Sara Chao. Así xurdiu CertyChain, unha firma dixital, baseada na tecnoloxía blockchain, que busca resolver dúas ...
8 outubro 2024
O Clúster TIC Galicia vén de convidar aos seus asociados a participar en tres eventos tecnolóxicos de gran relevancia que van ter lugar esta semana na nosa Comunidade:
Oportunidades da industria de seguridade e defensa para Galicia. Xoves 10 de outubro, ás 9:00 h, na Finda dos Lunas (Santiago de Compostela). Trátase dun evento organizado pola Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia, para explorar as oportunidades que ofrece a industria da seguridade e defensa para as empresas galegas. Abordaranse temas como o financiamento, a innovación e a tecnoloxía aplicada. Os interesados deben confirmar a súa ...7 outubro 2024
Vestigium Capital é un dos proxectos que participaron en Node Hub, o programa de incubación promovido por INCIBE Emprende e o Clúster TIC Galicia para impulsar o ecosistema emprendedor galego, que pechou a súa primeira edición o pasado 25 de setembro na Cidade das TIC da Coruña.
A frase "o imposible é o nunca tentado" preside hoxe a oficina desta compañía, cofundada por Juan Carlos Pérez Folla e Juan Antonio Pérez Bethencourt, como reflexo da súa filosofía corporativa.
O seu obxectivo é xestionar investimentos de maneira eficiente mediante Activest, unha plataforma de xestión integral que automatiza o proceso de investimento ...
30 setembro 2024
NodeHub, o programa de incubación impulsado por INCIBE Emprende e o Clúster TIC Galicia, celebrou o peche da súa primeira edición cun Demo Day, que tivo lugar o pasado 25 de setembro na Cidade das TIC da Coruña. Durante a xornada, os emprendedores participantes tiveron a oportunidade de presentar as os seus proxectos tecnolóxicos innovadores perante investidores e membros do ecosistema TIC galego co obxectivo de acadar o financiamento preciso para poder levar a cabo as súas propostas.
As sesións pitching deron paso á deliberación dun xurado composto por expertos en innovación, emprendemento e capital de risco para determinar os ...