13 maio 2010
Nunha declaración trasladada á Presidencia da Xunta, o Cluster TIC Galicia asegura que a economía de subsistencia que ten imperado en Galicia non pode ser o modelo para a implantación das novas tecnoloxías. Defende que potenciar a capacidade exportadora de produtos de valor engadido debe ser un obxectivo prioritario, apoiado polo Goberno de Galicia con todos os seus medios. O Cluster TIC defende que Galicia debe dar un paso adiante para virar a tendencia que fai medrar a “fenda dixital”, apostando por ser líder en Europa na implantación e uso das novas tecnoloxías. Esta idea foi trasladada á Presidencia da ...
27 abril 2010
O Comité Estratéxico do Cluster TIC Galicia ratificou a posta en marcha das comisións e grupos de traballo, cos que a entidade comeza a traballar cara aos seus obxectivos estratéxicos. Este método de reparto das tarefas responde ao compromiso expresado desde a presidencia de artellar fórmulas para a participación de todas as entidades representadas no Cluster nos procesos de toma de decisións. Unha destas comisión dedicarase a elaborar unha proposta para os novos estatutos da entidade, compromiso que tamén adquiriu o presidente, Rafael Valcarce, ante a Asemblea Xeral Extaordinaria do 11 de febreiro. O resto de grupos traballarán nas seguintes ...
27 abril 2010
O Comité Estratéxico aprobou a iniciativa pola cal o Cluster TIC Galicia estará representado en ERRIN, a rede de investigación e innovación das rexións europeas.Antonio Rodríguez del Corral, vicepresidente do Comité de Dirección, será o representante do Cluster TIC neste foro internacional. En ERRIN participan administracións, universidades e centros de investigación de 80 rexións europeas. Esta plataforma, creada en 2006, ten como obxectivos principais facilitar o intercambio de coñecemento e establecer lazos de colaboración entre os seus membros para o desenvolvemento das súas capacidades no terreo da investigación e a innovación. Conta con nove grupos de traballo, entre eles ...