O Clúster TIC Galicia avanza no Plan Director da industria das TIC coa redacción dun informe da diagnose e previsións para o sector

Silvia Camesella,

O Clúster TIC Galicia avanza no Plan Director da industria das TIC coa redacción dun informe da diagnose e previsións para o sector


O Clúster TIC Galicia segue a traballar no deseño do Plan Director da industria das TIC pasando á segunda fase do proxecto, que está a elaborar en colaboración coa Secretaría Xeral de Industria, dependente da Consellería de Economía e Industria da Xunta. Nesta nova etapa, contémplase a definición e priorización das tarefas de actuación, así como a redacción dun informe coa diagnose, desafíos e perspectivas de futuro do sector tecnolóxico galego. 

Estes novos pasos prodúcense despois de que se presentasen na Asemblea Xeral Ordinaria, celebrada o pasado 27 de xuño, as suxerencias e opinións das empresas socias a través do Grupo de Traballo "Plan Director", creado expresamente pola entidade para realizar as achegas precisas no deseño deste mecanismo de planificación.

O Plan director das TIC contará así con medidas, mecanismos e os medios necesarios para fortalecer o sector, mellorar a competitividade, fomentar a súa internacionalización e sustentabilidade, impulsar a innovación industrial, incrementar o emprego industrial e estimular a captación de investimento.

O sector tecnolóxico é considerado "estratéxico" pola Xunta, xunto coa industria metalmecánica, a automoción, a construción naval, o sector forestal-madeira, e a loxística industrial, para os que o Goberno autonómico tamén está a redactar plans directores. Estes documentos, xunto co Plan autonómico de impulso e aceleración de proxectos industriais, pretenden servir de guía para a planificación da política industrial da Xunta e están enmarcados nunha estratexia global que ten como obxectivo facilitar o proceso de adaptación e transformación enerxética e dixital da industria galega.

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies