23 December 2024
Juan de Dios e Matías Núñez fundaron Human Experiencie Hub en Buenos Aires (Arxentina) no ano 2022. Trátase dun proxecto de educación dixital para formar, a través de contidos de calidade e leccións prácticas, Design Thinkers, isto é, profesionais de deseño de produtos dixitais con habilidades creativas e criterio propio para resolver problemas, deseñando experiencias innovadoras, centradas nas persoas.
"O obxectivo era dar resposta á falta de programas formativos de deseño de produto con retos laborais reais aos que te soes enfrontar cada día nunha empresa que oferta este tipo de servizos", explica Juan de Dios. Esta idea empezou ...
20 December 2024
Dende o Clúster TIC Galicia desexámosvos Bo Nadal! E queremos aproveitar para agradecer a todas as institucións, entidades e asociados que ao longo deste 2024 amosaron o seu apoio á nosa asociación e participaron dos proxectos e actividades que organizamos ou promovemos. Este ano centramos os nosos esforzos en temas transversais co obxectivo de dar resposta á demanda do sector tecnolóxico. Destacamos os seguintes:
Plan Director das TIC. Este ano celebramos un fito: que o sector tecnolóxico se considerase "estratéxico" pola Xunta e que se aprobase a redacción do Plan Director da Industria das TIC, unha petición que viña reclamando ...18 December 2024
Dende o Clúster TIC Galicia vimos de abrir o prazo de solicitude para os cursos en materia tecnolóxica da nova convocatoria do noso plan formativo, que se desenvolverá de xaneiro a marzo de 2025. A través deste programa, este ano cualificáronse ...
12 December 2024
O pasado 14 de novembro comezamos unha nova edición do programa "Que non te líen, ti elixes", posto en marcha pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e a Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta, e no que colaboramos, para fomentar, desde as aulas, unha orientación profesional libre de estereotipos de xénero.
Neste marco, dez mulleres profesionais, referentes no sector TIC galego, das nosas empresas socias (Aldaba, Codee, Cinfo, Ilux Visual Technologies, Inforhouse, Merlin Software, Nunegal, R, Possible e Teimas) ofreceron distintas charlas, baseándose na súa propia ...
11 December 2024
Hoxe celebramos o tradicional evento de peche de ano cos nosos asociados no Centro de Servicios Avanzados (CSA) da Cidade das TIC. O obxectivo desta xornada é analizar os principais proxectos que levamos a cabo dende o Clúster TIC Galicia durante este ano:
Por iniciativa propia: Os programas Tech Angels Capital e Tech Angels Network, a incubadora Node Hub, o programa formativo, posto en marcha en colaboración coa Xunta de Galicia, a Xanela Única ou a creación dos Grupos de Traballo (GT) de Intelixencia Artificial e de Comunicación, destacando a intensa actividade dos GT de Emprego e Internacionalización.En ...9 December 2024
Carlos Otero viu unha oportunidade no escaso avance dos formatos dos compoñentes necesarios para cultivar, con sacos de gran tamaño e multitude de opcións que é preciso comprar para traballar a terra. De aí xurdiu CT-Soil (Cartón-Terra Soil). "Trátase dun material de cultivo formado por unha dobre capa de cartón que incorpora no seu interior diferentes combinacións de elementos válidos para a agricultura ecolóxica e dous niveis de información impresa na súa base", explica.
A través deste substrato -lixeiro e compostable-, de orixe circular e local, pódese nutrir o chan e mediante un código QR, o usuario obtén as instrucións ...
5 December 2024
Agrupacións industriais e empresas, entre eles, o Clúster TIC Galicia, colaboran no proxecto OpenLowCodeLabs, unha iniciativa innovadora e colaborativa que ten como obxectivo principal investigar e ...
2 December 2024
Esta iniciativa busca facilitar o acceso a ferramentas tecnolóxicas que melloren a calidade de vida dos mozos beneficiarios, permitíndolles continuar cos seus estudos, manterse conectados cos seus seres queridos e gozar de actividades que promovan o seu benestar emocional.
O equipo de Sg Tech reafirma con esta acción o seu compromiso coa comunidade, apoiando causas que contribúen ao desenvolvemento e a inclusión tecnolóxica.
Alfredo Castro, CEO de Sg Tech, destacou: "En Sg Tech, cremos firmemente no poder da tecnoloxía para transformar vidas. Sentimos orgullosos de poder colaborar cunha organización tan admirable como a Fundación Aladina, que realiza un traballo invaluable ...
2 December 2024
RuralEU é o proxecto co que Raquel Braña participou na incubadora Node Hub, impulsada polo Clúster TIC Galicia, en colaboración con Incibe Emprende. O obxectivo da súa proposta é ofrecer un servizo de comunicación a municipios de menos de 6.000 habitantes para atraer e fixar poboación no rural, potenciando a proposta de valor de cada territorio. "A idea xurdiu en 2019, cando vin que aínda se situaban bandos municipais en vitrinas de igrexas e Concellos",
sinala 2.En que consiste e que necesidades pretende cubrir?Consiste en mellorar a comunicación do Concello de forma totalmente adaptada e personalizada ...
2 December 2024
Fernando Vázquez, membro do Comité de Dirección do Clúster TIC Galicia e CEO de Imatia, participou o pasado venres no Obradoiro de Dixitalización de Ecosistemas Saudables, liderado polo Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar, a través do Igape.
O obxectivo deste encontro é crear un grupo de traballo, apoiado por persoal experto de diferentes organizacións, para desenvolver unha ferramenta dixital que permita aumentar os niveis de práctica e adherencia do exercicio físico como parte do tratamento ou da recuperación en persoas que padecen patoloxías crónicas.
No proxecto, ademais do Clúster TIC Galicia, participan The Well-Being Lab ...
26 November 2024
O director científico do Centro Singular de Investigación en Tecnologías Inteligentes (CiTIUS) e catedrático de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial, Senén Barro, vén de ser distinguido co premio Galego do Ano 2024 na categoría de Ciencia e Investigación, que outorga El Correo Gallego con carácter anual. Este galardón, que recollerá este xoves nunha gala que terá lugar na Cidade da Cultura, recoñece así o seu liderado no eido da investigación e transferencia de coñecemento en intelixencia artificial desde o CiTIUS da Universidade de Santiago de Compostela (USC).
"Senén Barro é un precursor da aplicación da intelixencia artificial a ...
18 November 2024
A semana pasada comezamos unha nova edición do programa "Que non te líen. Ti elixes!", impulsado pola Xunta de Galicia, e no que colaboramos co obxectivo de promover as vocacións STEM entre o alumnado galego de 3º e 4º de ESO.
Ata o 10 de decembro, distintas profesionais das nosas empresas socias visitarán ata 16 centros de ensino de toda a xeografía galega para favorecer a orientación vocacional libre de estereotipos na elección de ciclos de formación profesional con menor presenza de mulleres.
Tamara Cutrín Millán, responsable de persoas e cultura en TEIMAS, foi a encargada de inaugurar este ...