O Clúster TIC Galicia celebra o peche de ano cos seus asociados avaliando os principais proxectos do ano e o estado das infraestruturas TIC

Silvia Camesella,

O Clúster TIC Galicia celebra o peche de ano cos seus asociados avaliando os principais proxectos do ano e o estado das infraestruturas TIC


Hoxe celebramos o tradicional evento de peche de ano cos nosos asociados no Centro de Servicios Avanzados (CSA) da Cidade das TIC. O obxectivo desta xornada é analizar os principais proxectos que levamos a cabo dende o Clúster TIC Galicia durante este ano:

  • Por iniciativa propia: Os programas Tech Angels Capital e Tech Angels Network, a incubadora Node Hub, o programa formativo, posto en marcha en colaboración coa Xunta de Galicia, a Xanela Única ou a creación dos Grupos de Traballo (GT) de Intelixencia Artificial e de Comunicación, destacando a intensa actividade dos GT de Emprego e Internacionalización.
  • En colaboración con diferentes institucións: O programa "Que non te líen. Ti elixes!", promovido polas Consellerías de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e de Política Social e Igualdade da Xunta, o acordo para a redacción do Plan Director das TIC ou a posta a disposición dos asociados dun avogado que poidar solventar as súas consultas legais.
  • Avaliación das Infraestruturas TIC: en que estado se atopa a Cidade das TIC, os polos tecnolóxicos de Vigo, StarTIC; Coruña, SinerxIA e un posible centro de negocios e servizos TIC en Santiago de Compostela.

Por outra banda, expuxéronse aqueles proxectos nos que estamos a traballar ou imos poñer en marcha en 2025.

Ademais, como novidade, neste encontro de avaliación anual, o Grupo de Traballo de Internacionalización da nosa entidade, coordinado por Iago Soto, cofundador de Quobis, organizou unha sesión sobre internacionalización no sector TIC galego cun completo programa e a intervención de relatores de referencia en diversas áreas desta materia:

ICEX como aliado do sector TIC Galego

- Jose María Blasco. Director executivo de Crecemento e Competitividade. ICEX

Mesa redonda "Axencias de apoio a internacionalización"

- Myriam Pérez. Dir.ª provincial de Comercio na Coruña e responsable do ICEX.

- Laura María González-Dopeso. Igape.

- Pablo López.  Xefe de Servizo do Departamento de Comercio Exterior. Cámara de Comercio da Coruña.

O servizo SALT do CEG na axuda a identificación de proxectos multilaterais

- Alberto Castedo. Técnico en Licitacións Internacionais. Confederación de Empresarios de GaliciaConfederación empresarios de Galicia.

Mesa redonda empresas TIC internacionalizadas de Galicia

Axenda de internacionalización do Clúster TIC Galicia en 2025

- Iago Soto, cofundador de Quobis.

- Agustín Tourón, cofundador de Councilbox.

- Miguel Romero Gómez, People&Culture Manager en Redegal.

Comments


To comment, please login or create an account
Modify cookies