21 xuño 2021
A Cidade da Cultura de Galicia foi o escenario desta xornada na que expertos na industria achegaron as súas experiencias e visión global sobre a confluencia do binomio turismo-tecnoloxía nun contexto de reactivación
Yolanda Perdomo, global tourism strategy, e Diego Antoñanzas, coach, foron os relatores principais da xornada, na que tamén se celebrou un panel interactivo con representantes do sector
O Agrupación industrial TIC Galicia e a Agrupación industrial de Turismo de Galicia son os promotores da xornada, que foi clausurada pola directora da Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro
A sustentabilidade e a transformación dixital como eixos da ...
18 xuño 2021
As 15 novas incorporacións nos últimos 8 meses reflicten o apoio do tecido tecnolóxico galego ás propostas e accións desenvolvidas pola entidade nos últimos anos
Presentáronse para aprobación o informe económico de 2020 e os orzamentos e actividades para este ano
O Clúster TIC Galicia celebrou o xoves 17 de xuño a súa Asemblea Ordinaria cun amplo apoio aos proxectos, accións e medidas desenvolvidas pola entidade para dar un novo pulo ao proxecto da Cidade das TIC, á internacionalización das empresas galegas e aumentar a oferta de perfís tecnolóxicos cunha alta cualificación, como se reflicte no maior incremento da historia ...
9 xuño 2021
A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira e o presidente do Clúster TIC Galicia, Antonio Rodríguez del Corral, asinaron un acordo de colaboración para a posta en marcha de actividades para o fomento da sociedade dixital no ano 2021.
O convenio, enmarcado dentro da Estratexia Galicia Dixital 2030, contribuirá a acadar os obxectivos de promover a adaptación ao mundo laboral cambiante, impulsar a dixitalización empresarial para a competitividade e potenciar o impulso dixital da producción local.
Mapa de capacidades tecnolóxicas de Galicia
O Clúster TIC colaborará coa Amtega no deseño e recompilación de ...
8 xuño 2021
Coas solicitudes recibidas e un ano antes da súa inauguración, o Centro de Servizos Avanzados e dúas das naves da infraestrutura están xa ao completo
Dezaoito empresas TIC de toda Galicia e un centro tecnolóxico formalizan o seu interese por estar presentes neste centro de innovación dixital, tras finalizar o 3 de xuño o prazo da primeira convocatoria
No mes de xullo darase a coñecer a puntuación das solicitudes presentadas e abrirase o proceso para ir asignando espazos
O Clúster TIC Galicia recibiu solicitudes formais para 17.000 m2 de superficie, dentro do proceso aberto para integrarse no primeiro edificio ...
31 maio 2021
O Captioma Steams de Ourense impúxose este sábado na VII edición da First Lego League Galicia, organizada pola Universidade da Coruña con carácter online. Unha das participantes deste equipo, Lucía Cid, está no programa de bolsas “Eres STEM”, no que colabora o Clúster TIC Galicia, que garanten a gratuidade absoluta na actividade de ensino extraescolar STEM de Captioma para alumnas de entre 14 e 17 anos, e cuxo obxectivo é incentivar a presenza feminina en disciplinas científico-tecnolóxicas.
O podio da First Lego League Galicia completouse con Efigy Girls Las Acacias, co Segundo Premio da Universidade da Coruña, e ...
18 maio 2021
O Clúster TIC Galicia vén de firmar un convenio con Dinahosting para aplicar un desconto dun 10% aos seus asociados sobre o prezo ordinario do servizo, publicado en dinahosting.com no momento da contratación e na contratación da alta de servizos. Esta rebaixa non se aplicará a renovacións nin no caso de que a entidade asociada teña a condición de reseller.
No marco deste acordo, Dinahosting comprométese a negociar un prezo especial mellorado con aquelas entidades asociadas que estean interesadas en desenvolver un proxecto complexo, que requira unha solución tecnolóxica específica ou a contratación de diversos servizos TIC de forma ...
18 maio 2021
O Clúster TIC Galicia colabora coa sede de everis en Galicia para impulsar e fomentar a participación do ecosistema emprendedor galego nos eAwards Spain, que convoca a fundación everis. A entidade ofrécese así para resolver calquera dúbida sobre a presentación á convocatoria dos seus asociados.
Nestes premios, cuxo prazo límite de presentación é o 21 de xuño de 2021, búscanse proxectos que se atopen, como mínimo, en fase de prototipado, baseados en tecnoloxías de alto impacto, innovadoras, escalables, sostibles, que contribúan a mellorar a calidade de vida e/ou solucionen problemas ambientais a través de modelos de negocio dixitais e ...
3 maio 2021
O presidente do Clúster TIC Galicia, Antonio Rodríguez del Corral, valora de forma positiva a implantación do grao de Intelixencia Artificial (IA) nas universidades galegas nunha reportaxe publicada esta fin de semana en La Voz de Galicia en relación a este tema. O responsable destacou a importancia desta formación, xa que ademais de responder a unha demanda das empresas, é unha anticipación do sistema, que se está a sincronizar co mercado de traballo.
«A maioría dos profesionais que cobren estes postos adoitan ser graduados en Informática, que se especializaron en IA. Isto é un hándicap porque deixa sen cubrir ...
28 abril 2021
O Clúster TIC Galicia vén de publicar as bases e procedemento para solicitar espazos na Cidade das TIC (CdT), unha iniciativa estratéxica de máis de 145.000 m² para crear un Polo TIC e de innovación dixital nos antigos terreos da Fábrica de Armas de A Coruña.
As empresas tecnolóxicas interesadas en situarse neste campus empresarial poderán alugar locais de oficina no Centro de Servizos Avanzados (CSA), de 2.000 m², ou dimensionar e deseñar o seu propio espazo segundo as súas necesidades nas Naves 2, 3 e 4, que ofrecerán 15.000 m² para este cometido.
O período de ...
15 outubro 2020
A xunta directiva do Clúster TIC Galicia refórzase no inicio do novo mandato coa incorporación de cinco empresas tecnolóxicas: Cinfo, Altia, APDTIC, Imatia e Xoia, que se suman ás doce que repiten da anterior etapa. A primeira reunión do renovado Comité de Dirección (CODI), celebrada este mércores, aprobou a configuración do novo organigrama, no que Antonio Rodríguez del Corral, CEO de Cinfo, repite como presidente do Clúster TIC ao liderar a única candidatura presentada ás eleccións do organismo.
Na nova configuración nomeouse vicepresidente a Constantino Fernández Pico, presidente e cofundador de Altia, mentres que Francisco Javier Rodríguez Martínez, do Colexio ...
1 outubro 2020
Antonio Rodríguez del Corral resultou reelixido presidente do Clúster TIC de Galicia, en representación da empresa Cinfo, ao liderar a única candidatura presentada ás eleccións do organismo. Os comicios celebráronse onte durante unha Asemblea Extraordinaria na que tamén se elixiu o Comité de Dirección (CODI).
A continuidade nas liñas de actuación marcará a actividade do novo equipo que estará ao fronte da asociación de empresas tecnolóxicas galegas durante este novo mandato de tres anos. Así, se mantén ao 80% dos dezaseis membros pertencentes ao CODI saínte, resultando electos no apartado de Grandes empresas TIC: Altia, Bahía, Everis, Idom, Imatia, R ...
1 xullo 2020
O presidente do Cluster TIC de Galicia, Antonio Rodríguez del Corral, mantivo hoxe un encontro en A Coruña co conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, e o reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, acompañados de representantes de empresas socias para acelerar o proxecto da Cidade das TIC no que a Xunta comprometeu 4,82 millóns de euros.
Durante o acto, Rodríguez del Corral presentou ante os asistentes as distintas fases da posta en marcha do Centro de Servizos Avanzados, o gran centro demostrador para a transformación dixital da industria galega, que será a primeira infraestrutura da futura ...
¡Ola! ¿Poderíamos habilitar algúns servizos adicionais para Analytics, Security & Marketing? Sempre poderá cambiar ou retirar o séu consentimento máis tarde.