O Clúster TIC Galicia suma as forzas de empresas, asociacións empresariais, colexios profesionais e outros axentes do macrosector das TIC de Galicia
6 novembro 2026
O Clúster TIC Galicia promove, xunto á Fundación Galicia Constrúe e Startup Galicia, o primeiro piloto do Proxecto Conexión, unha iniciativa que busca impulsar a colaboración intersectorial no noso territorio, conectando as demandas dos clústeres produtivos coas capacidades das empresas, startups, centros tecnolóxicos e universidades galegas.
O obxectivo é favorecer relacións horizontais entre sectores, mellorar o coñecemento mutuo e acelerar a adopción de tecnoloxías e innovacións emerxentes en ámbitos industriais maduros, aproveitando a capacidade innovadora xa instalada en Galicia.
Tras unha primeira xornada desenvolvida durante o evento Conecta Empresas, celebrado o pasado 9 de xullo, no que se levou a ...
4 novembro 2026
Apoia a presenza de seis empresas socias nun mesmo espazo para abrir novas oportunidades a nivel nacional e internacional
2bedigital, Cloud.gal, Ilux Visual Technologies, ScanMeNow, Macrotest e Quobis presentan as súas solucións de IA, ciberseguridade, infraestrutura cloud, comunicacións seguras ou avatares dixitais
O Clúster TIC Galicia participa xunto a seis empresas socias e con stand propio en Tech Show Madrid, a maior cita tecnolóxica multisectorial de España, que se celebra hoxe e mañá en IFEMA Madrid con máis de 470 expositores, 400 relatores e unha previsión de asistencia de 27.000 visitantes.
A axencia 2bedigital, Cloud.gal, Ilux Visual ...
2 novembro 2026
Un total de 13 profesionais de 9 empresas socias impartirán diferentes charlas en 15 centros educativos nas provincias da Coruña, Pontevedra e Lugo
Os relatorios están dirixidos ao alumnado de 3º e 4º da ESO co fin de promover a presenza de mulleres en sectores tradicionalmente masculinizados, como o TIC
O Clúster TIC Galicia participa unha edición máis no programa 'Que non te líen, ti elixes' desenvolvido polas consellerías de Emprego, Comercio e Emigración e de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta. O obxectivo desta iniciativa é aumentar a presenza de mulleres en sectores tradicionalmente masculinizados como o ...
30 outubro 2026
O Clúster TIC Galicia celebra Enredatic o vindeiro mércores 18 de novembro en Santiago de Compostela, unha xornada de negocios e networking dirixida ás empresas socias da entidade. O obxectivo deste encontro é promover as relacións profesionais entre as firmas, estreitar lazos, ampliar a súa rede de contactos, dar a coñecer as súas capacidades e establecer posibles vías de colaboración para abordar conxuntamente proxectos de maior envergadura.
O evento terá lugar ás 13:15 h na Sala The Loft do Lux Events Center, situado no Parque Empresarial da Sionlla, e estará aberto a todas aquelas compañías asociadas do Clúster TIC ...
16 outubro 2026
A cidade herculina será a sede de XSCALE A Coruña, a primeira iniciativa de inmersión e soft landing de Galicia para conectar o ecosistema empresarial e tecnolóxico galego con scaleups internacionais de alto potencial que queren entrar no mercado europeo desde o noso territorio.
Organizada pola Oficina de Promoción Tecnolóxico Industrial e na que colabora o Clúster TIC Galicia, celebrarase do 26 ao 28 de outubro no Centro de Servizos Avanzados (CSA) da Cidade das TIC.
O evento central do encontro terá lugar o luns 26 de outubro co «Meet the Scaleups», onde as 16 empresas gacela seleccionadas presentarán os ...
15 outubro 2026
O proxecto europeo ALLOCATE, liderado polo Concello da Coruña e no que participamos como socios, vén de abrir o prazo de preinscrición no curso "IA Verde e Ética para a Innovación Urbana".
A formación, deseñada conxuntamente polos socios de ALLOCATE, contará con persoal experto do ámbito académico, empresarial e institucional do propio Concello da Coruña, da nosa entidade, da Universidade da Coruña, da AESIA, de Altia e de Khora Urban Thinkers, que abordarán os principais retos tecnolóxicos, ambientais e regulatorios da intelixencia artificial.
A través de sesións prácticas, estudos de casos reais e actividades colaborativas, as persoas participantes adquirirán coñecementos ...
3 novembro 2026
A investigación, realizada a 1.100 comercios electrónicos, sinala que só o 8,8% supera a revisión sen incidencias
A provincia de Pontevedra concentra dous terzos dos casos graves e as reclamacións son o principal punto débil
Unha de cada catro tendas en liña galegas presenta deficiencias legais graves ou críticas. É la principal conclusión dun estudo realizado por Visual Publinet sobre 1.106 comercios electrónicos da comunidade. O 26,4% atópase nos dous niveis de maior risco da análise, mentres que só o 8,8% supera as comprobacións sen incidencias.
Las diferencias son especialmente acusadas entre provincias. En ...
29 outubro 2026
Councilbox participou en DATAfórum Xustiza 2026, o congreso máis importante en España do sector da Xustiza Dixital e o Humanismo, que tivo lugar na Coruña do 21 ao 23 de outubro. O evento, organizado polo Concello da Coruña, a Universidade da Coruña e o Ministerio da Presidencia, Xustiza e Relacións coas Cortes, reuniu a salientables profesionais deste ámbito, así como do tecnolóxico, universitario e do terceiro sector social vinculado á defensa dos dereitos e o acceso á xustiza.
Este encontro permitiulles compartir a súa experiencia en distintos ámbitos da transformación dixital da Xustiza, presentar novas liñas de traballo e, sobre ...
30 setembro 2026
Este recoñecemento consolida a súa aposta pola nube e reforza a súa capacidade para a transformación dixital dos clientes
Un fito moi especial para Plexus Tech: vén de acadar oficialmente a categoría de AWS Advanced Partner. Este logro consolida a súa aposta pola nube, reforzando ademais a súa capacidade para acompañar aos clientes nos seus procesos de transformación dixital.
Neste sentido, o recoñecemento pon en valor a experiencia da compañía na definición, implantación e operación de solucións sobre AWS para organizacións de diferentes sectores. E tamén distingue o traballo do seu equipo de profesionais.
Ao mesmo tempo, este fito está ...
16 marzo 2026
O Igape vén de lanzar unha nova liña de préstamos directos do programa IG408B para o financiamento empresarial en Galicia, cunha dotación orzamentaria de 62,5 millóns de euros, cuxo obxectivo é facilitar o acceso ao crédito e impulsar o desenvolvemento e a competitividade do tecido empresarial galego.
Quen pode solicitar estes préstamos?
Poden ser beneficiarias desta convocatoria as empresas que desenvolvan unha actividade e conten cun centro de traballo en Galicia, así como outras entidades ou agrupacións que cumpran os requisitos establecidos na convocatoria.
O financiamento pode destinarse a diferentes actuacións vinculadas ao desenvolvemento empresarial galego, como ...
19 maio 2025
O Plan Galego de Investigación e Innovación 2025-2027, presentado pola Xunta o pasado mes de abril, postúlase como un ambicioso marco estratéxico para consolidar Galicia como un polo de referencia en investigación e innovación a nivel europeo e global, favorecendo a creación de novas tecnoloxías e a súa transferencia efectiva ao mercado.
Cun investimento de 1.310 millóns de euros, un 20% máis que o plan anterior, esta nova proposta, elaborada mediante un amplo proceso participativo, inclúe 165 actuacións articuladas a través de cinco programas verticais (Talento, Coñecemento, Innovación e emprendemento, Colaboración Estratéxica, Posicionamento), catro eixos estratéxicos transversais, denominados iniciativas ...
22 novembro 2021
O director científico do CiTIUS, catedrático de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial na Universidade de Santiago de Compostela, recibiu o pasado xoves en Madrid o galardón que recoñece a súa traxectoria investigadora na cerimonia de entrega dos Premios de Investigación Sociedade Científica Informática de España – Fundación BBVA 2020-2021.
«É unha honra inmensa. O meu agradecemento ao xurado, á SCIE e á Fundación BBVA non só polo galardón, senón tamén porque a través dos premios nacionais prestigian a investigación española en informática». Senén Barro, director científico do CiTIUS (Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da Universidade de Santiago ...
Catálogo de produtos e servizos das entidades asociadas ao Clúster TIC
A REVISTA DO CLÚSTER
O Agrupación industrial TIC Galicia traballa para poñer en valor o sector galego das tecnoloxías da información e das comunicacións, promovendo a cooperación e desenvolvendo servizos e ferramentas que lles axuden de maneira efectiva a mellorar a súa competitividade e incrementar o seu volume de negocio.
Subscríbete ao noso boletín e mantente informado sobre os próximos eventos e últimas novas.
Responsable do tratamento: CLÚSTER TIC GALICIA.
Finalidade do tratamento: Publicitaria, xestión das altas no boletín do Clúster TIC.
Lexitimación: consentimento do interesado.
Para más información consulta a nosa política de privacidade.