25 marzo 2026
O Clúster TIC Galicia reafirma o seu compromiso coa igualdade de oportunidades e coa promoción das vocacións científico-tecnolóxicas entre a mocidade galega coa súa participación nunha nova edición do programa “Que non te líen, ti elixes”, impulsado polas consellerías de Emprego, Comercio e Emigración e de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta en centros escolares de todo o territorio.
Esta iniciativa, centrada na orientación académica e profesional libre de estereotipos de xénero, conta así, un ano máis, coa implicación directa de dez mulleres profesionais do sector tecnolóxico que traballan en empresas socias do Clúster TIC Galicia:
Olalla Rodríguez ...25 marzo 2026
A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego da Xunta, Zeltia Lado, visitou as oficinas de Plexus Tech en Santiago de Compostela. Un encontro centrado nestes dous aspectos clave para o presente (e o futuro) do sector IT.
Durante a visita, puideron compartir, desde dentro, cales son hoxe os retos reais en formación e captación de perfís IT. Nunha contorna en constante evolución, a conexión entre empresa, institucións e formación non pode ser puntual. Neste sentido, dende Plexus Tech teñen ...