2 agosto 2013
O Clúster está coa organización da edición 2013 de Vindeira Capital Network (VCN) e nesta fase inicial unha das accións é a de detectar oportunidades de negocio baseadas nas tecnoloxías que se desenvolven nas empresas e animar a estas para que potencien a creación de spin-outs para que os beneficios, tanto tecnolóxicos como financeiros, revertan na empresa matriz.Todas as empresas socias do Clúster TIC Galicia poden participar rexistrándose online até o 6 de setembro. Máis información na web oficial
2 agosto 2013
Tal e como se aprobou en Asemblea, as liñas estratéxicas que se desenvolverán neste plan trienal son a de potenciar a internacionalización, favorecer a transferencia tecnolóxica e I+D e a de fomentar proxectos tractores. Eixos que se sosterán cun traballo transversal e constante na que se dinamizará a participación activa dos membros adheridos e na que se buscará que a colaboración sexa un motor de arrastre que facilite, incremente e axilice a realización de proxectos.
2 agosto 2013
Ante o director xeral do IGAPE, Javier Aguilera, o Clúster TIC e Cointega asinaron un acordo marco de colaboración que facilitará a investigación e a transferencia de coñecemento e tecnoloxía do sector TIC ao sector téxtil. Unha colaboración que xenerará novas oportunidades de negocio e de participación conxunta en proxectos de I+D+i a nivel autonómico, nacional e internacional.
26 xullo 2013
Co obxectivo de transformar Galicia cara a unha economía baseada no coñecemento, o Clúster TIC Galicia ven de asinar o Pacto de Cooperación no Desarrollo Dixital de Galicia, coa Xunta de Galicia e coas empresas HP, Indra, Everis, Tecnocom, Iecisa, Satec, Televés, R, Altia e Coremain. O Presidente da Xunta de Galicia, ratificou deste xeito o seu compromiso coas TIC e manifestou, no acto de sinatura, que “unha das prioridades que se derivan deste documento é a aposta pola convocatoria de financiación de grandes proxectos innovadores que permitan a captación de fondos europeos”. A partires de agora ábrese unha nova ...
26 xullo 2013
O Programa I2C INN financia proxectos relacionados coa creación de novos centros produtivos (ou transformación dos procesos actuais), a dotación de unidades de I+D nas empresas ou a compra de licenzas industriais (transferencia de tecnoloxía) e consiste en subvencións en concorrencia competitiva cunha dotación orzamentaria de 2 millóns de euros para o ano 2013, dirixidas a empresas de tódolos tamaños.As principais características deste programa son:Financiamento de investimentos innovadores, dotación de unidades de I+D e transferencia tecnolóxica (compra licenzas)Investimentos innovadores: custe subvencionable entre 50.000€ e 300.000€Dotación unidades I+D: custe subvencionable mínimo de 30 ...
26 xullo 2013
O pasado 24 de xullo celebrouse no edificio CITEXVI en Vigo a I Xornada de Transferencia sobre Análise Avanzada de Vídeo, organizada porlo Clúster TIC Galicia e o Centro Tecnolóxico Gradiant. Durante a mesma, as empresas presentes comprobaron de primeira man a aplicabilidade dos sistemas de análise de vídeo, os sistemas de recoñecemento facial, os sensores 3D e a realidade aumentada a diversos sectores e aplicacións coma seguridade, saúde ou marketing.A xornada comezou cunha charla técnica sobre os sistemas de análise de vídeo e as súas posibilidades na interpretación de esceas con aplicacións en seguridade e cidades intelixentes, continuando ...
19 xullo 2013
Como vimos informando dende fai unhas semanas, o Clúster TIC e Gradiant organizan unha xornada de transferencia sobre sistemas intelixentes de análise de vídeo o vindeiro mércores 24 de xullo no Edificio CITEXVI, en Vigo. Lembrámosvos que a xornada é gratuita e aberta a todas as empresas, previa inscripción a través do correo info@clusterticgalicia.com antes das 15h do luns 22 de xullo. [Ler máis] Ao longo da xornada "Sistemas Intelixentes de Análise de Vídeo: aplicacións e oportunidades de negocio", Gradiant revisará o estado actual das tecnoloxías de visión por computador e análise de vídeo intelixente, facendo fincapé na ...
19 xullo 2013
O pasado mércores tivemos reunión do Comité Estratéxico, que será a última até setembro, e na que se informou da proposta de convenio con Gradiant e dos proxectos e actividades que se están canalizando a través da Oficina Integrada. Na próxima semana será remitida a todos os socios a acta desta reunión.
19 xullo 2013
A nova edición de Vindeira Capital Network (VCN) segue avanzando a bo ritmo e xa conta co interese de 8 proxectos empresariais para participar no IV Encontro Vindeira Capital Network, que terá lugar o próximo mes de outubro. Lebrámosvos que o periodo de inscrición de proxectos permanecerá aberto ata o próximo 6 de setembro, para que todas aquelas ideas empresariais que busquen financiamento teñan a oportunidade de participar nesta nova edición da iniciativa. Sexa para un start-up de recente creación, unha spin-off universitaria xurdida dun centro de coñecemento ou unha spin-out corporativa vinculada a unha empresa madura, a iniciativa ...
19 xullo 2013
Durante as xornadas celebradas ao longo da última semana, nas cidades da Coruña e Vigo, presentaron os intrumentos financieiros dirixidos a empresas galegas destacando, por riba do resto de liñas, o programa de financiamento Conecta PEMES, nova acción de apoio a proxectos de I+D consorciados entre PEMES e centros de coñecemento cunha dotación orzamentaria de 13,8M€ para o ano 2013. Estas xornadas tiveron un carácter eminentemente práctico, para facilitar a resolución de dúbidas das empresas, dividíndose as xornadas en dúas partes diferenciadas: a primeira parte consistiu nun repaso dos principais apoios a entidades innovadoras que están a xestionar ...
12 xullo 2013
O cluster participou na Iniciativa Colaborativa Intercluster 2013, celebrada en Madrid o pasado 9 de xullo, encontro técnico organizado polo Foro ADR (Asociación Nacional de Axencias de Desenvolvemento Rexional) para identificar e emprender oportunidades innovadoras de negocio interclusters, que reuniu a un total de 102 profesionais de clusters e organismos vencellados ao mundo da empresa de toda España. Nos vindeiros meses estudiaranse un total de 25 proxectos co obxectivo de xerar novas ideas de negocio con propostas de traballo entorno a 5 temáticas principais: turismo e ocio, cidades sostibles, alimentación sostible, e-health e industrias creativas. Ler máis http ...
11 xullo 2013
O Comité das Rexións (CDR) establece nas súas consideracións xerais, que os clústers son importantes motores e condutores da innovación, contribuíndo á competitividade e ao desenvolvemento sostible da industria e os servizos. Ademais, indica que estes órganos potencian o desenvolvemento económico das rexións mediante a creación de riqueza e empregos, polo que tamén, indica, "contribúen á cohesión territorial", obxectivo que foi incluído entre os fins da Unión Europea no tratado de Lisboa.O Comité sinala que é "necesaria a participación das autoridades públicas e entidades privadas no estímulo aos clústers e no apoio ao mantemento destes na vangarda dos seus ...
11 xullo 2013
Para permitir a inscripción de tódalas ideas interesadas, amplíase o prazo de inscrición até o próximo 6 de setembro. Lembrámosvos que a iniciativa VCN, promovida polo Cluster TIC Galicia e a Plataforma Tecnolóxica Vindeira, ten como principal obxectivo a atracción de investimento público e privado, principalmente capital risco, cara a proxectos empresariais galegos. O seu eixo principal de actuación xira en torno a celebración do Encontro VCN, que en 2013 chegará á súa cuarta edición, no que os promotores de proxectos teñen a oportunidade de presentar fronte a investidores de toda España a súa idea empresarial, co fin de ...
5 xullo 2013
O pasado 4 de xullo o Clúster TIC Galicia participou nun encontro de traballo organizado pola Oficina de Transferencia de Resultados de Investigación, OTRI, da Universidade de Vigo no marco do proxecto europeo Tempus – Osmose (Ouverture Structurée université MOnde Socio-Economique).Ao encontro asistiu unha delegación composta por 17 representantes de universidades tunisianas co obxectivo de coñecer de preto modelos de colaboración público-privada de xestión de actividades de I+D+i, e aos que se lles presentou o modelo de colaboración nesta materia entre a Plataforma Tecnolóxica das TIC (Vindeira) e o Clúster TIC.O proxecto europeo Tempus – Osmose ...
5 xullo 2013
Os cambios organizativos aprobados na asemblea do Clúster permitiron consolidar o acordo para a reunificación dunha importante parte do sector das novas tecnoloxías da comunicación e da información. Un feito que abre novas portas de crecemento e expansión.O acordo establecido fará que o Clúster sexa máis aberto e participativo e, con maior claridade, o punto de unión e de colaboración entre grandes e pequenas empresas, e o de tódolos axentes TIC de Galicia implicados na innovación que xunto ao bon facer, xa demostrado, das asociacións empresariais e dos colexios profesionais, que xa traballan no Clúster, como é o caso ...
5 xullo 2013
O Igape organiza un encontro sectorial coa plataforma empresarial de COLOMBIA. Desenvolverase entre os días 9 e 12 de xullo no Complexo Administrativo de San Lázaro, en Santiago de Compostela, e contará coa participación do Cluster TIC Galicia.Os días 9 a 12 de xullo a directora da Plataforma da Rede Pexga en Colombia, Lina Natalia Calderón, estará en Santiago de Compostela para manter talleres sectoriais de networking.Máis información na web do Igape Inscrición Teléfono para os interesados: 902 300 903
5 xullo 2013
As conclusións da Asemblea Xeral Ordinaria foron o tema principal da entrevista a Antonio Rodríguez del Corral, presidente do Clúster TIC, emitida o sábado día 29 de xuño no programa Banda Ancha, de Radio Galega. Del Corral destacou a ratificación das tres liñas principais de traballo do Clúster (internacionalización, transferencia e proxectos tractores) e sinalou que as empresas teñen cada vez máis claro que para competir é necesario asociarse e cooperar. Neste sentido destacou a complementariedade das empresas pequenas e grandes, e a función de arrastre que poden desempeñar as segundas. O presidente do Clúster dixo que o gran reto ...
28 xuño 2013
O próximo 24 de xullo, no CITEXVI en Vigo, terá lugar a xornada de transferencia Sistemas Intelixentes de Análise de Vídeo: aplicacións e oportunidades de negocio, organizado polo Clúster TIC Galicia e Gradiant. O horario será de 10:30 a 14 horas.Ao longo desta xornada, Gradiant revisará o estado actual das tecnoloxías de visión por computador e análise de vídeo intelixente, facendo fincapé na súa aplicabilidade en casos reais de interese para empresas TIC e doutros sectores. Durante a xornada farase demostración in situ das capacidades de Gradiant neste ámbito, e identificaranse as tendencias futuras e oportunidades de ...
28 xuño 2013
O Cluster TIC participou no III Foro RIS3 Galicia. Innovación e cambio social: instrumentos para ou período 2014-2020, organizada por GAIN e que tivo lugar esta mañá no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia, en Santiago de Compostela. Actualmente estase a definir como levar a cabo esta especialización que se deseñará seguindo catro prioridades: Talento investigador e empresarial.Transferencia de resultados ao mercado (potenciando a investigación orientada ao mercado).Movilización de capital privado.Innovación eficiente na peme.A xornada pechouse cun taller de debate do Grupo de Traballo 2 - Políticas horizontais dá RIS3 Galicia, centrado en tres puntos:Impulsar a ...
28 xuño 2013
70 empresas TIC de Galicia incorpóranse ao ClústerGrazas o acordo de reincorporación de Eganet, o Clúster incorpora a todas as empresas desta entidade, sumando 70 novas altasNa sesión ordinaria da súa Asemblea Xeral, celebrada onte en Santiago de Compostela, o Clúster TIC Galicia pechou o acordo para a reincorporación de EGANET e das súas empresas socias. Deste xeito, a representatividade verase incrementada e permitirá a dinamización e ampliación das capacidades para afrontar novos proxectos. Nos próximos meses o Clúster pechará a súa reestructuración coa modificacióndos seus estatutos nos que se recollerán as melloras funcionais. En canto a proxectos ...
12 xaneiro 2012
Bahia Software prevé completar dentro do primeiro semestre de 2012 o proceso de mellora do seu sistema de calidade en desenvolvemento (CMMI), para pasar do nivel 2 que actualmene ten acreditado a compañía, ao nivel 3.A compañía, membro do Cluster TIC Galicia, destaca na súa web que se trata dun “reto importante”, impulsado polo seu departamento de Calidade e a Oficina de Proxectos, pero no que é esencial a colaboración e participación de toda a organización.O proceso para acadar o nivel 3 de CMMI-DEV implica, por unha banda, “avaliar o nivel de implantación e institucionalización dos procesos seguidos ...
12 xaneiro 2012
Itelsis ven de adquirir “participacions estratéxicas” en dúas compañías do sector que considera destacadas polo seu dinamismo, especialización e valor engadido. Trátase de Silenus Consultoría e Proinfo.Silenus Consultoría presta servizos profesionais TIC, propoñendo tecnoloxía para a mellora dos procesos das organizacións, co obxectivo de incrementr a súa produtividade e competitividade.Pola súa banda, Proinfo é un ha empresa especializada no despregamento e mantemento de redes de telecomunición: fibra óptica (HFC, FTTH, GPON), cable estruturado e inalámbricas.Itelsis, que é menbro do Cluster TIC Galicia, informou das operacions o pasado día 9, indicando que se trata de pasos no desenvolvemento ...
4 xaneiro 2012
IBM fixo público o “acordo definitivo” para adquirir Green Hat, provedor de solucións de software que axudan a probar en contornos cloud a calidade das aplicacións antes do seu lanzamento.A multinacional estadounidense non informou dos detalles financeiros da operación, pero si precisou que, unha vez pechada a adquisición, as solucións de Green Hat se integrarán na oferta de software Rational de IBM.O principal valor das solucións de Green Hat reside en que abaratan sustancialmente os costes das simulacións, ao traballar con contornas virtuais nas que as probas esixen moito menos tempo e traballo.Fonte: IBMLer a nota ...
4 xaneiro 2012
Telvent anunciou que Guiyang Power, a compañía de distribución eléctrica de Guizhou (China), ven de seleccionar a súa tecnoloxía Smart Grid para “avanzar cara a xesión intelixente da súa rede”.Segundo precisa Telvent, a súa solución integrarase na actual plataforma tecnolóxica de Guiyang Power e “terá a capacidade de recoller datos de campo altamente fiables, tratalos e xerar información que servirá para dar soporte a tarefas de planificación, operación e análise”.Ignacio González Domínguez, presidente e conselleiro delegado de Telvent, indicou que a solución Smart Gird non so cubrirá as necesidades actuais de Guiyang Power, senón que sentará as bases ...
2 xaneiro 2012
A Cátedra UAM Telefóniva ven de convocar a segunda edición dos Premios á innovación para desenvolvemento de aplicacións para contornas móbiles. Trátase dunha convocatoria dirixida a particulares (estudiantes, investigadores, etcétera), pero tamén a grupos de investigación e pequenas e medianas empresas (pemes). O prazo para a presentación de candidaturas remata o 31 de xaneiro.Para participar no certame abonda con presentar unha idea que permita o desenvolvemento dunha aplicación novidosa para dispositivos móbiles e que fagan ou poidan facer uso das redes de comounicación móbiles de Telefónica. O único que se esixe é unha descrición da idea, sen necesidade de ...
30 decembro 2011
IBM e La Caixa anunciaron onte a sinatura dun acordo estratéxico de servizos por medio do cal a compañía informática se converte en socio tecnolóxico da entidade financeira catalana. O convenio terá unha duración de dez anos.O acordo prevé que IBM e a sociedade de servizos informaticos do grupo La Caixa (SILK) xestionarán un presuposto de infraestruturas tecnolóxicas de máis de 2.000 millóns de euros no citado periodo de dez anos.IBM prestará servizos de infraestrutura tecnolóxica, xestión de aplicacións e operacións, e xestionará os centros de proceso de datos de La Caixa situados nos concellos de Cerdanyola ...
30 decembro 2011
Visual Publinet ven de desenvolver a web www.todoslosjuguetes.com, un site pensado para atopar or regalos para os máis pequenos da casa.Trátase, segundo indica a compañía, dunha “tenda virtual de nova xeración onde todo é accesible co mínimo esforzo”.Visual Publinet destaca o bo resultado obtido en presentación e funcionamento do site.Fonte: Visual PublinetLer a nova na web de Visual Publinet
30 decembro 2011
SATDATA, en colaboración coa empresa asturiana DUO Soluciones, están a desenvolver un sistema de xesión e control remoto de cadros eléctricos. O proxecto comezará a implementarse en sistemas de alumado público do Principado, onde DUO Soluciones é distribuidor homologado de SATDATA.O control remoto do alumado obtense por medio dunha plataforma específica e a instalación dun módulo en cada cadro eléctrico. Deste xeito, se hai unha caída de tensión ou un corte de luz a plataforma de SATDATA emite unha alarma con dous destinatarios, o centro de control e o técnico de garda, que pode tratar de solucionar a ...
30 decembro 2011
Abertal Networks ven de lanzar un sistema online de xestión de cita previa desenvolvido para dar servizo a consultas médicas, despachos de avogados, notarías, salóns de peiteado, centros de estética, talleres, etéctera.Cun par de clics, o cliente destes negocios pode consultar e reservar a data e hora dispoñibles para a súa cita, sen necesidade de chamadas telefónicas nin de desprazamentos.Abertal destaca asemade a sinxeleza e comodidade do sistema para as empresas, xa que permite centralizar nunha mesma aplicación a xestión das citas online, as telefónicas e as presenciais.Fonte: AbertalLer a nova no blog de Abertal
29 decembro 2011
R, o operador galego de comunicacións por fibra óptica, pecha 2011 cunha forte medra e acada a cifra de 275.000 clientes, o que supón un incremento do 20,8% dende o comezo de 2008. Este dato tradúcese, así mesmo, en 667.000 servizos que representan un crecemento do 35,9% dende esa mesma data na que comezou a crise. Estes datos continúan ano tras ano a confirmar a boa aceptación que ten a oferta combinada de R entre fogares e empresas de Galicia, sobre todo nestes momentos nos que as familias e empresas coidan máis que nunca os seus ...
28 decembro 2011
EDISA ha firmado un acuerdo de colaboración con DYNAMIC CONSULTANTS, empresa líder en Consultoría de Negocio e Implantación de Sistemas ubicada en Colombia, que desarrolla proyectos en la mayor parte de los países hispanoamericanos.Se refuerza así la presencia de EDISA en Latinoamérica, donde ya se cuenta con una sede en Ciudad de México y con importantes proyectos de implantación de LIBRA ejecutados durante estos últimos dos años, así como nuevos contratos.DYNAMIC CONSULTANTS cuenta con una amplia experiencia y dispone de casos de éxito en organizaciones de gran dimensión del ámbito público como privado, tanto en el sector industrial ...
28 decembro 2011
Aposta por fórmulas como a colaboración pública-privada, a adquisición pública de tecnoloxía innovadora ou a compra pre-comercial. O gasto sanitario en TIC sitúase en 637 millóns de euros, dos que a metade retornan ao sistema en forma de aforro polo uso de tecnoloxía. A través da súa comisión de eSaúde, a Asociación Multisectorial de Empresas da Electrónica, Tecnoloxías da Información e a Comunicación, Telecomunicacións e Contidos Dixitais (AMETIC) fixo pública hoxe unha nota na que pide á administración sanitaria a revisión do modelo actual de contratación pública para favorecer a adquisición de solucións TIC. Deste xeito, AMETIC aboga por incentivar ...
28 decembro 2011
Telefónica España ha realizado con éxito pruebas de campo a una velocidad de transmisión de 400 gigabits por segundo (Gbit/s) sobre fibra óptica, con transporte real de datos sobre sistemas DWDM que ya están en funcionamiento. Tanto los alcances como los parámetros logrados en las pruebas han sido los esperados, lo que permitirá a la compañía asegurar su liderazgo en el mercado y ofrecer los servicios más competitivos a sus clientes.Esta experiencia ha consistido en probar la viabilidad de transmitir señales a esa alta velocidad sobre sistemas con los que ya se transporta tráfico real de clientes, y ...
26 decembro 2011
Cada vez más nuestros clientes nos demandan sistemas de gestión de flotas integrados con el Tacógrafo Digital, por la necesidad de cumplir con el Reglamento que regula los tiempos de conducción, descanso, etc. de los conductores del transporte por carretera.Para cualquier tipo de empresa con flota de vehículos dedicada al transporte es imprescindible contar con una herramienta que le permita conocer y controlar los tiempos de conducción de sus chóferes, pero la excelencia está en contar con una Solución Automátizada de Gestión de Tiempos de conducción en tiempo real, es decir, la integración de sus sistema de gestión de ...
23 decembro 2011
Bahía Software ven de gañar o premio Eganet na categoría ‘Mellor aplicación de software’, polo seu produto BayDICOM Media, un sistema de importación e exportación de imaxe médica dixital en soportes físicos que xa se aplica no Instituto Catalán da Saúde, o Hospital Santa María de Lleida ou a Fundación Hospital Asil de Granollers, entre outros.A empresa recibiu o galardón na gala da asociación Eganet que se celebrou o pasado mércores, 21 de decembro, en Santiago de Compostela.Con Bay DICOM Media é posible recuperar imaxes do paciente do sistema informático e guardalas nun soporte de almacenamento convencional (CD ...
23 decembro 2011
Atos, compañía internacional de servicios de Tecnologías de la Información y Partner Tecnológico Mundial del Comité Olímpico Internacional, ha anunciado hoy la lista de preseleccionados para la 1ª edición de su IT Challenge, el concurso que busca a los mejores profesionales de TI del futuro en más de 25 universidades de todo el mundo, que comenzó el pasado 17 de octubre.Desde que se anunció el concurso en octubre se han recibido 77 inscripciones, con una impresionante calidad en las propuestas. 14 de los equipos preseleccionados han sido elegidos por un jurado compuesto por representantes de la Comunidad Científica de ...
23 decembro 2011
Ya está disponible el documento titulado "novedades LIBRA 2011", que recoge todas las mejoras que se han introducido en LIBRA durante el año 2011 en todos los módulos del producto.En el año 2012 se llevarán a cabo sesiones de presentación en todas las sedes de la empresa.Fuente: EDISALeer más
23 decembro 2011
SAEC DATA participou o mércores 21 de decembro na xornada organizada polo Centro Demostrador TIC de Galicia (CDTIC), onde presentou as súas solucións tecnolóxicas para a industria transformadora de produtos da pesca.Segundo asegura a empresa a través da súa páxina web e no seu perfil de Twitter, a presentación, que resultou un éxito, consistiu nunha demostración sobre unha solución enfocada á clasificación, automatización, trazabilidade e comercialización de produtos pesqueiros, así como dunha máquina de clasificación de vieiras mediante tecnoloxía de visión artificial.Ir á web de SAEC DATA
23 decembro 2011
Segundo a última enquisa levada a cabo en España pola Organización de Consumidores e Usuarios (OCU) para coñecer a opinión que temos do servizo que nos ofrecen as operadoras de Internet e telefonía, en xeral estamos moi descontentos con tódalas opcións das que dispoñemos, sendo“as compañías máis grandes do mercado as que saen peor paradas”.E é que sexa cal sexa o noso contrato (Internet doméstico ou móbil), en España non estamos demasiado satisfeitos cos servizos que nos ofrecen as compañías, obtendo unha media de satisfacción moi inferior á de países como Bélxica, Italia ou Portugal.O veredicto emitírono uns ...
22 decembro 2011
A Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (AETG), a Associació Catalana d’Enginyers de Telcomunicació (ACET) e a Asociación Canaria de Ingenieros de Telecomunicación (ACIT) participan nunha nova edición do proxecto formativo presentado ante o Ministerio de Industria para formar profesionais para as Redes de Innovación de Comercio electrónico, formación do sector das telecomunicacións con liñas de inclusión para maiores de 45 años.Fonte: COETG/AETGLer a información completa
22 novembro 2021
O director científico do CiTIUS, catedrático de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial na Universidade de Santiago de Compostela, recibiu o pasado xoves en Madrid o galardón que recoñece a súa traxectoria investigadora na cerimonia de entrega dos Premios de Investigación Sociedade Científica Informática de España – Fundación BBVA 2020-2021.
«É unha honra inmensa. O meu agradecemento ao xurado, á SCIE e á Fundación BBVA non só polo galardón, senón tamén porque a través dos premios nacionais prestigian a investigación española en informática». Senén Barro, director científico do CiTIUS (Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da Universidade de Santiago ...
22 outubro 2021
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) pon en marcha unha nova edición do Programa Tecnólog@ por un día, que volve a ofrecer a estudantes de 12 a 17 anos a oportunidade de experimentar, en primeira persoa, unha xornada laboral con profesionais das empresas do sector TIC en Galicia. A iniciativa desenvólvese no marco do Plan de Promoción de Talento Dixital de Galicia DigiTalent.
Nesta edición, retómase a presencialidade do programa e ofreceranse 66 prazas, grazas a colaboración de 6 empresas tecnolóxicas que, xunto coa Amtega, posibilitarán a experiencia de acoller a “Tecnólog@s por un día”: Altia ...
23 xuño 2021
A oportunidade que ten Galicia de especializarse en intelixencia artificial foi un dos argumentos da xornada coa que hoxe comezou a súa actividade o centro GaiásTech da Xunta, que ocupa unha superficie de 500 metros cadrados na Cidade da Cultura.
A xornada de traballo estivo precedida das intervencións da directora da Amtega, Mar Pereira, e da directora da Fundación Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez. Así mesmo, o director da Área de Sociedade Dixital da Amtega, Miguel Rodríguez, ofreceu unha visión global do proceso de transformación dixital de Galicia que se reflicte na plataforma DixiTerrae.
A xornada técnica inaugural, baixo ...
22 xuño 2021
Un equipo de investigación interdisciplinar con participación do IGFAEcreou un prototipo para a detección de gas radon, un sistema modularpara monitorar e controlar a concentración de radon en contornaspechadas, de forma automática e a distancia
O gas radon é a maior fonte de exposición a radiación natural enhumanos e causa entre o 3 e o 14% dos casos de cancro de pulmón
O Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) da USC colaborou no deseño e desenvolvemento dun prototipo para a detección de gas radon en edificacio ...
22 xuño 2018
A Asemblea Xeral Ordinaria do Clúster TIC de Galicia incluirá na edición do 28 de xuño de 2018 unha serie de mesas de traballo nas que os asociados poderán debatir sobre algúns dos temas máis relevantes no eido das novas tecnoloxías da comunicación. Estas mesas serán espazos físicos nos que, dende as 13:20 ata as 14:45 os asistentes exporán o estado e posibilidades de participación e influencia do Clúster TIC. Os asociados están convidados a formar parte deste evento previo á asemblea. Tamén se ofrecerá un xantar de networking ...
8 novembro 2016
Un ano máis, co obxectivo de estimular e recoñecer o traballo de todos os axentes comprometidos co desenvolvemento do tecido produtivo baseado na Sociedade da Información, convócase unha nova edición dos Premios Clúster TIC Galicia. Esta iniciativa pon de relevo ante a sociedade o labor das empresas, profesionais ou entidades que deseñan, programan, desenvolven, implantan ou usan produtos ou servizos galegos que teñen na innovación e no uso das novas tecnoloxías a súa razón de ser.Os galardóns convócanse en seis categorías: Innovación, Internacionalización, Liderado TIC, Start-ups e Software Libre, ás que se lles une nesta edición a categoría de ...
27 outubro 2015
O Comité Avaliador Experto dos Premios Clúster TIC Galicia vén de dar a coñecer aos finalistas das 5 categorías. Unha selección complicada dado o alto nivel das 34 candidaturas presentadas.Os finalistas son:Categoría Innovación:o AVANSIG (A Coruña)o EGATEL (San Cibrao das Viñas)o SINERGIA G6 (O Porriño) Categoría Internacionalización:o IGALIA (A Coruña)o Quobis (O Porriño)o Optare Solutions (Vigo) Categoría Liderado TIC:o ALTIA CONSULTORES (A Coruña)o CPEIG (Santiago de Compostela)o HEWLETT PACKARD SERVICIOS (Santiago de Compostela) Categoría Startup:o APPENTRA SOLUTIONS (A ...
19 abril 2012
Baixo o paraugas do grupo de traballo de Innovación e Demanda Temperá, poñeranse en marcha seis proxectos para a procura de mercados e oportunidades de negocio en nichos estratéxicos. Segundo a proposta presentada polo grupo de traballo e aprobada polo Comité Estratéxico do Cluster na súa reunión do pasado 12 de abril, as comisións ou subgrupos de traballo crearanse arredor de empresas interesadas en dedicar recursos a impulsar un proxecto de demanda temperá en cada unha das áreas seleccionadas.Cada subgrupo funcionará de maneira autónoma, cun responsable que reportará ao coordinador do grupo de traballo, que neste caso está liderado ...
9 marzo 2012
O grupo de traballo Innovación e Demanda Temperá traballará na posta en marcha de sete comisións para impulsar cada un dos proxectos seleccionados de ente a axenda estratéxica de I+D+i proposta por Vindeira e aprobada polo Comité de Dirección e o Comité Estratéxico do Cluster.As comisións ou subgrupos de traballo crearanse arredor de empresas interesadas en dedicar recursos a impulsar un proxecto de demanda temperá en cada unha das áreas seleccionadas. Unha vez acadada unha masa crítica mínima de empresas interesadas en cada proxecto, o subgrupo porase en marcha e funcionará de maneira autónoma. Haberá un coordinador ...
2 marzo 2012
O próximo luns, 5 de marzo, reunirase o grupo de traballo de Globalizción e Internacionalización para pulir os últimos detalles do Plan de Internacionalización do sector TIC galego. A elaboración dunha estratexia para dar un forte pulo á saída aos mercados exteriores das empresas do eido das Tecnoloxías da Información e das Comunicacións é un compromiso adquirido polo Cluster ante a Consellería de Economía e Industria, e conta co apoio expreso da administración galega. Este plan, que está xa moi avanzado na súa elaboración, marcará obxectivos ambiciosos que deberán ser acadados nos próximos tres anos, e fixará como mercados preferentes ...
1 abril 2011
O grupo de Traballo de Formación rematou a elaboración da enquisa de necesidades formativas, tendo aprobado as conclusións do traballo na súa reunión correspondente ao mes de marzo. Ao cuestionario, que foi enviado a todas as empresas e entidades membros do Cluster, responderon o 24,27% dos consultados. Como principal conclusión, pódese sinalar que as necesidades de formación máis demandadas son as relacionadas coa Xestión de proxectos e coa Programación. O primeiro contido é sinalado polo 80% dos consultados, mentres que o segundo é solicitado polo 76%.Tras Xestión de Proxectos e Formación, os seguintes contidos con maior demanda son ...