Abertal Networks ven de lanzar un sistema online de xestión de cita previa desenvolvido para dar servizo a consultas médicas, despachos de avogados, notarías, salóns de peiteado, centros de estética, talleres, etéctera.
Cun par de clics, o cliente destes negocios pode consultar e reservar a data e hora dispoñibles para a súa cita, sen necesidade de chamadas telefónicas nin de desprazamentos.
Abertal destaca asemade a sinxeleza e comodidade do sistema para as empresas, xa que permite centralizar nunha mesma aplicación a xestión das citas online, as telefónicas e as presenciais.
Fonte: Abertal
Ler a nova no blog de Abertal
Comentarios