A GAIN convoca o Programa de Investimentos Innovadores (Programa I2C INN)

A GAIN convoca o Programa de Investimentos Innovadores (Programa I2C INN)



O Programa I2C INN financia proxectos relacionados coa creación de novos centros produtivos (ou transformación dos procesos actuais), a dotación de unidades de I+D nas empresas ou a compra de licenzas industriais (transferencia de tecnoloxía) e consiste en subvencións en concorrencia competitiva cunha dotación orzamentaria de 2 millóns de euros para o ano 2013, dirixidas a empresas de tódolos tamaños.

As principais características deste programa son:

  • Financiamento de investimentos innovadores, dotación de unidades de I+D e transferencia tecnolóxica (compra licenzas)
    • Investimentos innovadores: custe subvencionable entre 50.000€ e 300.000€
    • Dotación unidades I+D: custe subvencionable mínimo de 30.000€
    • Transferencia Tecnolóxica: sen custe mínimo subvencionable
  • Intensidade da axuda: 50% para pequenas, 40% para medianas e 30% para grandes
  • Non compatible coa liña de equipamento tecnolóxico do IGAPE (de presentar o mesmo proxecto en ambas liñas, tramitarase o de maior importe)
  • Máximo 3 proxectos por beneficiario (a intensidade da axuda diminúe no segundo e terceiro proxectos presentados)
  • Posibilidade de pagamentos anticipados, ata un 25% do importe da subvención
O prazo de presentación de solicitudes remata o vindeiro 22 de agosto.

Pódese consultar a convocatoria oficial no DOG do 22 de xullo.

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies