8 novembro 2013
Vindeira Venture Academy é a fase formativa da cuarta edición de Vindeira Capital Network (VCN’13), organizada polo Clúster TIC Galicia en colaboración con XesGalicia e o IGAPE. Púxose en marcha o pasado 25 de outubro e continuará ata o 15 de novembro, cun programa no que as titorías e o mentoring individualizado representan o 85% das horas de formación, un dato que da idea de ata que punto esta se adapta ás necesidades e características particulares de cada emprendedor e proxecto. A sesión de hoxe comezará ás 9 da mañá e rematará ás 7 da tarde, cunha pausa para un ...
8 novembro 2013
Seguindo o eixo estratéxico do Clúster TIC en materia de I+D e transferencia tecnolóxica, os grupos de I+D e entidades de investigación TIC que o desexen, poderán solicitar o apoio do Clúster TIC ás súas novas liñas de investigación. Así, as entidades que o consideren oportuno, poderán contactar co Clúster TIC Galicia no correo info@clusterticgalicia.com, indicando o nome do grupo de I+D ou organismo de investigación e unha breve reseña do proxecto ou proxectos que están a impulsar e dos que lles gustaría contar cun posible apoio empresarial, aínda que os proxectos non teñan unha ...
31 outubro 2013
Coa finalidade de pechar o proceso de modificación estatutario comezado hai xa un ano, o Comité Estratéxico aprobou a orde do día para celebrar a Asemblea e estableceu un calendario amplo para que todos os socios teñan tempo e oportunidade de estudar e valorar a proposta de estatutos que foi remitida o pasado luns. ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA / 28 - Novembro – 2013LUGAR: Edificio FEUGA (Campus Vida – Rúa Lope Gómez de Marzoa) - Santiago de Compostela DATA: 28 de Novembro HORA: 16.30 h. en 1ª convocatoria, 17.00 h. en 2ª convocatoriaCONVOCATORIAPor medio da presente convócase Asemblea ...
31 outubro 2013
O próximo 26 de novembro, terá lugar a xornada de transferencia “Intelixencia Artificial: aplicacións e oportunidades de negocio”, organizado polo Clúster TIC Galicia e o CITIC. Ao longo desta xornada o CITIC revisará o estado actual desta disciplina computacional con capacidade de dotar a moitas aplicacións dun comportamento intelixente, facendo fincapé na súa aplicabilidade en casos reais de interese para empresas TIC e doutros sectores. Aplicacións que abranguen os ámbitos da saúde, a enxeñaría, perfís en redes sociais e Big Data entre outros. Farase unha demostración in situ das capacidades do CITIC neste ámbito, e identificaranse as tendencias futuras ...
31 outubro 2013
Para dar resposta ás demandas das empresas sobre as súas necesidades de contactar con empresas líderes en micro e nano electrónica, o Clúster TIC Galicia abre un novo Grupo de Traballo sobre internacionalización co obxectivo de ver os posibles intereses en contactar con empresas dos Países Baixos. Obteremos información de cada empresa interesada para aliar ofertas e demandas coas empresas en destino e deste xeito estudar a posibilidade de realizar unha misión aos Países Baixos, con axendas individualizadas e pechadas. As empresas interesadas en participar neste Grupo de Traballo terán que manifestar o interese antes das 18:00 horas do ...
31 outubro 2013
O Clúster TIC Galicia ven de contactar co Business Cluster Semiconductors East Netherlands, un Clúster que aglutina á cadea de valor do desenvolvemento, produción e aplicación avanzada de ICs, MEMS, sensores e sistemas inalámbricos. Deste xeito pretendemos dar resposta ás demandas que nos achegan as empresas sobre as súas necesidades de contactar con empresas líderes en micro e nano electrónica. Abrimos un novo Grupo de Traballo (GT Internacionalización – Países Baixos) co obxectivo de poñer en comunicación a empresas socias interesadas en contactar con empresas de micro e nano electrónica Holandesas. A través dos Clústeres obteremos información de cada empresa ...
25 outubro 2013
A primeira xuntanza do grupo, que tivo lugar o 24 de outubro, reuniu a 13 empresas dos sectores TIC e Audiovisual con interese en torno a dúas áreas temáticas: os contidos relacionados coa explotación de patrimonio cultural e os contidos dixitais para educación. Nesta primeira xuntanza comentouse brevemente a área temática “Content Technologies and Information Management” do Programa de Traballo de Horizonte 2020 centrándose no programa de apoio ao crecemento das pemes de industrias creativas cunha compoñente innovadora TIC. O grupo reunirase de novo o vindeiro 7 de novembro co cometido de xerar ideas.
24 outubro 2013
O Clúster TIC Galicia está organizando o IV Encontro Vindeira Capital Network (VCN) que conta coa colaboración de XesGalicia, IGAPE, CFV e o Concello de Santiago de Compostela e que se celebrará en Santiago os días 21 e 22 de novembro. Desde hoxe venres e até o próximo 15 de novembro, os proxectos preseleccionados para participar no IV Encontro Vindeira Capital Network afondarán, de xeito individualizado e moi a súa medida, en temas de mellora do seu plan de negocio, análise e alternativas para a financiación, comunicación e márketing adaptado as súas necesidades empresariais, etc, ao tempo que ...
14 outubro 2013
Co fin de potenciar a transferencia tecnolóxica e incrementar o potencial das TIC galegas en materia de I+D+i, esta mañá o Clúster TIC Galicia asinou convenio de colaboración con Gradiant. Con este acordo facilítase o desenvolvemento de actividades en conxunto para a promoción e a realización de proxectos no ámbito da I+D+i xa que o Clúster TIC manterá puntualmente informado a Gradiant das necesidades do sector ao tempo que se axiliza e se facilita a transferencia do coñecemento xa desenvolvido por Gradiant. Desde a administración salientan a importancia da cooperación das empresas en clústeres sectoriais, a ...
11 outubro 2013
Os proxectos, que viñan de superar unha primeira fase de selección á que concorreran un total de 30 iniciativas empresariais, foron avaliados este martes polo Comité Avaliador de VCN en base ás súas fortalezas, equipo promotor, tecnoloxía e grao de innovación, diferenciación fronte a proxectos semellantes e adecuación do investimento solicitado.Nos próximos días o Comité Avaliador elixirá ós proxectos participantes no VCN'13.
8 outubro 2013
O desenvolvemento conxunto de actividades para potenciar a formación dos profesionais das empresas integradas no Clúster TIC é o obxectivo principal deste convenio Os profesionais das empresas socias do Clúster TIC Galicia contarán cun desconto dun 10% na matrícula de acceso a todos os Programas abertos e ofertados pola Escola de Negocios, así como para toda a formación a medida que se deseñe para este colectivo.
4 outubro 2013
Coa participación de 23 persoas, onte celebrouse a 1ª reunión deste foro de encontro para o intercambio de información e opinión. Do debate xurdiron distintas proposta de acción que serán presentadas ao Comité Estratéxico do Clúster TIC para a súa valoración e aprobación. Os parabéns aos participantes pola dedicación e implicación e agardamos incrementar a asistencia na próxima convocatoria.
20 setembro 2013
Con carácter bimensual e de xeito permanente, o Clúster crea este foro no que se informará e propoñerán temas de actualidade para que os socios poidan opinar e deste xeito axudar a canalizar as accións do Clúster TIC. De xeito directo, áxil e distendido pretendemos xerar un punto de encontro para que as ideas e opinións tomen forma, axilicen e dinamicen o Clúster, ao tempo que se xeran confianzas que serán o comezo dunha unión de esforzos que facilitará a creación de grupos de traballo e de novos proxectos en colaboración.Aproveitaremos estas xuntanzas para informarvos das últimas actividades e ...
20 setembro 2013
Informes executivos das xornadas das que participa o Cluster
13 setembro 2013
Dado o alto número de inscricións recibidas, e para ampliar os límites que inicialmente se tiñan prantexados, a organización está adaptando e reorganizando as datas de todo o proceso para dar cabida ao maior número posible de proxectos empresariais. Un retraso que nos levará a celebrar esta edición a finais de novembro. Nestes momentos o Comité Avaliador está analizando os proxectos e nas próximas semanas poñerémonos en contacto con todos seleccionados. Por favor, se tendes calquera consulta, non dubidedes en contactarnos a través do correo: vcn@clusterticgalicia.com
12 setembro 2013
Froito da colaboración Clúster TIC Galicia e Clúster do Audiovisual Galego (CLAG) nace a iniciativa ICT-MEDIA. Un Grupo de Traballo que ten o obxectivo de promover a investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación e así xerar e propiciar sinerxías entre ambas entidades e os seus membros que permitan favorecer o incremento de proxectos colaborativos.Baixo este contexto, o grupo de traballo configúrase como un polo de colaboración estable cara á estruturación de proxectos ou actividades de I+D+I en dous temas clave ou ...
6 setembro 2013
As axudas para o fomento de Agrupacións Empresariais en I+D está aberto ate o 07 de outubro de 2013. A través de concurrencia competitiva este programa está dirixido exclusivamente a empresas pemes.Bases publicadas do DOG 05 de setembro de 2013.Resumo da convocatoria no seguinte documento
6 setembro 2013
O Clúster TIC Galicia amplía as súas capacidades coa incorporación de novo persoal. A nova estructura está formada por Rosa Méndez na Xerencia; Adela Amado na Administración; Roberto Pérez en I+D+i; Óscar Santos en Proxectos e Mª Xosé Jamardo en Comunicación e Marketing. A primeira tarefa a realizar pola nova estructura, será a de coñecer polo miúdo as empresas socias, polo que os esforzos centraranse na realización de reunións con todas para recoller información de primeira man das empresas, dos seus produtos e servizos, das súas necesidades e das súas demandas. Unha información que será fundamental para:Elaborar ...
2 agosto 2012
O Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG-AETG) están inmersos na organización da XVII Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información, un dos encontros do sector TIC máis relevantes da nosa comunidade, que reúne á meirande parte das empresas e profesionais, e no que se celebra a entrega dos xa tradicionais Premios Galicia das Telecomunicacións. O evento este ano está previsto para o vindeiro día 26 de outubro en A Toxa. Esta nova edición estará dedicada ás “Smart Cities”, un concepto de cidades comprometidas co entorno, onde as infraestruturas están dotadas de solucións tecnolóxicas ...
31 xullo 2012
A nova edición dos Premios Galicia das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2012, convocados polo Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG-AETG), terá lugar durante o trascurso da XVII Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información, que se celebrará o vindeiro 26 de outubro en A Toxa. As convocatorias que actualmente están abertas para participar son as tres seguintes:Premio Gerardo García Campos á Mellor Iniciativa Empresarial no sector TIC 2012. Este galardón está patrocinado pola Fundación Ingeniero Gerardo García Campos. Coa concesión deste premio, dotado con 6.000 euros, preténdese dar ...
24 xullo 2012
Un ano máis, desde o CPEIG estase a traballar na organización da IV Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia, que terá lugar o día 23 de novembro en Santiago de Compostela. Con este evento, o CPEIG busca homenaxear a todos os colexiados e entregar unha serie de galardóns recoñecendo o traballo das distintas entidades e persoas destacadas no ámbito da Enxeñaría en Informática de Galicia. Non obstante, o CPEIG busca entidades que actúen de patrocinadores ou colaboradores para a organización do evento, ofrecéndolles a estes a posibilidade única de participar na gala.A colaboración económica terá como contraprestación para a ...
24 xullo 2012
No marco do programa do IGAPE Re-acciona, Estratega Consulting prestará a PEMEs de 5 a 20 empregados un servizo de diagnóstico integral de competitividade fruto do cal as empresas obterán os seguintes entregables: Informe do posicionamento competitivo actual da empresa.Plan de acción incluíndo unha relación de actuacións de mellora priorizadas.Recomendacións sobre as líñas de axuda do IGAPE e otros apoios institucionais para o despliegue do plan de acción.En canto á dinámica de traballo as persoas designadas pola empresa formarán un equipo de traballo cós consultores de Estratega, co obxetivo de proporcionar a información necesaria para a realización do ...
23 xullo 2012
O presidente do Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia, Fernando Suárez Lorenzo (Ferrol, 1973), foi entrevistado o pasado 22 de xullo polo diario La Voz de Galicia. Suárez asegura que "Galicia pode presumir moito da formación e do talento dos seus informáticos". "A informática segue sendo un sector moi puxante. A crise tamén se nota porque damos servizos a moitas empresas de moitos sectores. Pero o nivel de desemprego é moi baixo. Entre os nosos colexiados non chega ao 2%", comenta.Ler a nova completa, no diario La Voz de Galicia.
3 xullo 2012
Arteixo Telecom tomou unha participación en Sinatec Electronics, firma especializada en electrónica industrial con sede en Toledo. A operación, que inclúe unha opción de compra do cen por cento da firma nun prazo de tres anos, permitirá a Arteixo Telecom mellorar os seus recursos produtivos e loxísticos, e acceder ao sector aeroespacial.O acordo entre ambas as dúas compañías fará posible o desenvolvemento de sinerxías, compartindo recursos e capacidades que redundarán no crecemento da competitividade e a cifra de negocio das dúas firmas.En particular, para Arteixo Telecom o acordo supón incorporar aos seus activos industriais unha Sala Limpa ISO ...
28 xuño 2012
Ozona, compañía especializada en virtualización e Cloud Computing, participou xunto a destacadas empresas provedoras de solucións de TI, no lanzamento de NUBO, o portal de aplicacións para profesionais de ONO, que se presentou oficialmente o pasado día 5 de xuño en Madrid. Nubo é a tenda de aplicacións na Nube para clientes de ONO, que consiste en dar un paso máis no compromiso do operador para novas solucións tecnolóxicas, que se convertan en vantaxes competitivas para o negocio dos seus clientes. ONO pon a disposición dos seus clientes un ámbito intuitivo no que encontrar as aplicacións máis útiles e demandadas ...
15 xuño 2012
Egatel estará presente unha vez máis na próxima edición da feira BroadcastAsia, que terá lugar do 19 ao 22 de xuño en Suntec (Singapore), co obxectivo de reforzar a súa presenza no Mercado asiático.A empresa presentará no seu stand 4M4-08 as novas configuracións da gama de transmisores UHF de alta potencia con refrixeración líquida (serie TLE6800), así como sistemas en media potencia refrixerados por aire capaces de entregar ata 2,4 kW en DVB/ISDB.Dentro da serie de transmisores con refrixeración por líquido TLE6800, caracterizada polo seu deseño completamente modular, preséntase a opción de integrar o sistema de ...
15 xuño 2012
A compañía Bahía Software, especializada en Servizos de Consultoría e Tecnoloxías da Información, recibiu a acreditación 'Capability Maturity Model Integrated' (CMMI-DEV) de nivel de madurez 3 pola evolución e mellora dos procesos de desenvolvemento e mantemento do seu software. Con esta distinción, Bahía Software pasa a formar parte do selecto grupo de empresas galegas que conseguiron e manteñen este prestixioso recoñecemento internacional. Para a compañía, que alcanzou en 2008 o nivel 2 de esixencia, a obtención da acreditación CMMI nivel 3 marca un novo fito na súa historia. Por unha parte, supuxo a consecución do seu obxectivo clave na área ...
2 maio 2012
Dende o centro de formación PEN Consultoría e Formación pertencente ao Grupo Academia Postal, dáse a coñecer unha serie de accións formativas na áreas de informática e novas tecnoloxías.As accións formativas encádranse dentro do Plan Avanza 2011 -2012 do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio e van dirixidas a profesionais da informática e telecomunicacións pertencentes a pemes e autónomos de Galicia, Castela-A Mancha, Andalucía e Extremadura.Os cursos están totalmente subvencionados e na páxina web do proxecto (www.pencyf.es) pode encontrar toda a información e formularios necesarios para participar nas distintas accións formativas.Ao realizar a reserva de ...
2 maio 2012
O pasado 25 de marzo, a editorial Red Herring entregou en Amsterdam a súa distinción a Imatia Innovation, S.L., en recoñecemento ao seu labor como unha das empresas tecnolóxicas europeas líderes en innovación.Rede Herring elabora anualmente unha lista de referencia a nivel mundial de empresas TOP 100 en Europa, recoñecemento que este ano se outorgou a Imatia Innovation. Isto supón unha distinción ao identificala como unha empresa nova con moito desenvolvemento futuro e con carácter emprendedor.Rede Herring foi unha das primeiras editoriais en recoñecer no seu día o labor innovador de empresas como Facebook, Twitter, Yahoo, Skype ...
23 abril 2012
IMATIA foi seleccionada entre os 100 finalistas dos premios Red Herring europeos, un prestixioso listado que recolle as iniciativas tecnolóxicas privadas máis prometedoras do ano en Europa.O equipo editorial de Red Herring elixe cada ano as empresas máis innovadoras de entre centos de candidatos de toda Europa. Os nominados son avaliados sobre a base de distintos criterios, como os seus resultados financeiros, grao de innovación tecnolóxica, calidade da xestión, execución da súa estratexia e nivel de integración nos seus respectivos sectores. Esta avaliación do potencial dos candidatos compleméntase cunha revisión da súa posición actual e da súa traxectoria, o ...
12 abril 2012
Segundo informou a Asociación de Empresas de Electrónica, Tecnoloxías da Información, Telecomunicacións e Contidos Dixitais (Ametic), a 85ª edición da National Association of Broadcasters de Estados Unidos, NAB 2012, a maior feira da industria profesional de radiodifusión, contará coa máis importante participación de empresas españolas da historia. Serán 20 as firmas que acudirán a esta relevante cita, o que representa un aumento do 17,6% respecto a 2011, e entre todas ocuparán unha superficie expositora de 734 metros cadrados, o maior espazo contratado xamáis pola delegación española e un 22% máis que a última edición.Como en anos anteriores ...
1 marzo 2012
O socio do Cluster Tagen Ata, en colaboración con Café de Red e o Centro de Psicoterapia e Trauma, ven de presantar espazodixital.com, un servizo de formación para Narón e comarca. Segundo informou Tagen Ata a través da rede social Twitter, as tres entidades, ás que une a orientación ao traballo colaborativo é a súa radicación en Ferrolterra, xuntáronse para crear “un espazo diferente onde as persoas aproveiten en clave de utilidade e desenvolvemento as tecnoloxías”. Deste xeito, espazodixital.com quere “romper a barreira invisible das novas tecnoloxías”, facendo que estas sexan una axuda real para a vida diaria ...
18 xaneiro 2012
Atos anunciou o pasado 9 de xaneiro a compra do 50% de MSL Group, firma especializada na subministración de resultados en tempo real e sistemas de información para grandes eventos deportivos.Atos, compañía internacional de servizos de tecnoloxías da información e membro do Cluster TIC Galicia, é partner tecnolóxico mundial para os Xogos Olímpicos e Paralímicos, o que da idea do seu vencellamento ao mundo dos grandes acontecementos deportivos.A adquisición da metade do capital de MSL Group viría reforzar este perfil de Atos, e aínda máis tendo en conta que o acordo inclúe unha opción para unha futura adqusición ...
13 xaneiro 2012
AMETIC, a patronal española da electrónica, as tecnoloxías da infomación, as telecomunicacións e os contidos dixitais, colabora, por cuarto ano consecutivo, na elaboración do informe ePYME 2011, xunto á Fundetec e a Dirección General de Política de la Pyme (DGPyme).Segundo informou AMETIC, o informe ePYME 2011 é un “estudio de referencia para a análise do papel que xogan as novas tecnoloxías no desenvolvemento e competitividade das empresas españolas”. Abrangue unha pluralidade de sectores, e AMETIC é a entidade encargada de recompilar a información que aportan os seus propios asociados.Deste xeito, as pemes do sector TIC poden acceder á ...
12 xaneiro 2012
Disashop anunciou a través da sua web que ven de incorporar ao seu catálogo de operadores nacionais de telefonía móbil as recargas de Best Móvil, ademáis de ter posto á venda a tarxeta SIM Best Móvil de cinco euros.Segundo indica Disashop, Best Mövil ofrece un 50% de saldo gratis nas recargas e chamadas internacionais por cero euros o minuto a Arxentina, México, India, China ou Chile, entre outros países.Unha única salvedade: o produto non está disponible nos puntos de venda de Disashop en Canarias.Fonte: Disashop
12 xaneiro 2012
IBM anunciou onte que, un ano máis, e van 19, liderou o ranking de patentes de Estados Unidos, batendo ademáis o récord.A compañía multinacional, que é membro do Cluster TIC Galicia, resistrou en 2011 un total de 6.180 patentes, moi por riba dos seus competidores máis directos, xa que duplicou o rendemento de Hewlett-Packard neste terreo e multiplicou por seis o de Oracle/Sun. IBM tamén superou a Samsung e Canon, que se situaron nos postos segudo e terceiro do ranking, con 4.894 e 2.921 patentes respectivamente.As máis de 6.000 invencións rexistradas por IBM ...
12 xaneiro 2012
A compañía internacional de servicios de tecnologías de la información Atos, membro do Cluster TIC Galicia, é un dos socios do consorcio PAUTA, que está a desenvolver un novidoso pastilleiro electrónico intelixente, concebido para axudar aos pacientes de idade avanzada a controlar a súa medicación baixo supervisión médica.Segundo informou Atos, o consorcio PAUTA é totalmente español, ao estar integrado pola empresa Insyte, que exerce o liderado, o departamento de I+D de Atos, o Centro de Innovación Experimental do Coñecemento (CEIEC) da Universidad Francisco de Vitoria e o Centro de Innovación en Movilidad (CEDETEL-CIM).O sistema que entre todos ...
22 novembro 2021
O director científico do CiTIUS, catedrático de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial na Universidade de Santiago de Compostela, recibiu o pasado xoves en Madrid o galardón que recoñece a súa traxectoria investigadora na cerimonia de entrega dos Premios de Investigación Sociedade Científica Informática de España – Fundación BBVA 2020-2021.
«É unha honra inmensa. O meu agradecemento ao xurado, á SCIE e á Fundación BBVA non só polo galardón, senón tamén porque a través dos premios nacionais prestigian a investigación española en informática». Senén Barro, director científico do CiTIUS (Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da Universidade de Santiago ...
22 outubro 2021
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) pon en marcha unha nova edición do Programa Tecnólog@ por un día, que volve a ofrecer a estudantes de 12 a 17 anos a oportunidade de experimentar, en primeira persoa, unha xornada laboral con profesionais das empresas do sector TIC en Galicia. A iniciativa desenvólvese no marco do Plan de Promoción de Talento Dixital de Galicia DigiTalent.
Nesta edición, retómase a presencialidade do programa e ofreceranse 66 prazas, grazas a colaboración de 6 empresas tecnolóxicas que, xunto coa Amtega, posibilitarán a experiencia de acoller a “Tecnólog@s por un día”: Altia ...
23 xuño 2021
A oportunidade que ten Galicia de especializarse en intelixencia artificial foi un dos argumentos da xornada coa que hoxe comezou a súa actividade o centro GaiásTech da Xunta, que ocupa unha superficie de 500 metros cadrados na Cidade da Cultura.
A xornada de traballo estivo precedida das intervencións da directora da Amtega, Mar Pereira, e da directora da Fundación Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez. Así mesmo, o director da Área de Sociedade Dixital da Amtega, Miguel Rodríguez, ofreceu unha visión global do proceso de transformación dixital de Galicia que se reflicte na plataforma DixiTerrae.
A xornada técnica inaugural, baixo ...
22 xuño 2021
Un equipo de investigación interdisciplinar con participación do IGFAEcreou un prototipo para a detección de gas radon, un sistema modularpara monitorar e controlar a concentración de radon en contornaspechadas, de forma automática e a distancia
O gas radon é a maior fonte de exposición a radiación natural enhumanos e causa entre o 3 e o 14% dos casos de cancro de pulmón
O Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) da USC colaborou no deseño e desenvolvemento dun prototipo para a detección de gas radon en edificacio ...
22 xuño 2018
A Asemblea Xeral Ordinaria do Clúster TIC de Galicia incluirá na edición do 28 de xuño de 2018 unha serie de mesas de traballo nas que os asociados poderán debatir sobre algúns dos temas máis relevantes no eido das novas tecnoloxías da comunicación. Estas mesas serán espazos físicos nos que, dende as 13:20 ata as 14:45 os asistentes exporán o estado e posibilidades de participación e influencia do Clúster TIC. Os asociados están convidados a formar parte deste evento previo á asemblea. Tamén se ofrecerá un xantar de networking ...
8 novembro 2016
Un ano máis, co obxectivo de estimular e recoñecer o traballo de todos os axentes comprometidos co desenvolvemento do tecido produtivo baseado na Sociedade da Información, convócase unha nova edición dos Premios Clúster TIC Galicia. Esta iniciativa pon de relevo ante a sociedade o labor das empresas, profesionais ou entidades que deseñan, programan, desenvolven, implantan ou usan produtos ou servizos galegos que teñen na innovación e no uso das novas tecnoloxías a súa razón de ser.Os galardóns convócanse en seis categorías: Innovación, Internacionalización, Liderado TIC, Start-ups e Software Libre, ás que se lles une nesta edición a categoría de ...
27 outubro 2015
O Comité Avaliador Experto dos Premios Clúster TIC Galicia vén de dar a coñecer aos finalistas das 5 categorías. Unha selección complicada dado o alto nivel das 34 candidaturas presentadas.Os finalistas son:Categoría Innovación:o AVANSIG (A Coruña)o EGATEL (San Cibrao das Viñas)o SINERGIA G6 (O Porriño) Categoría Internacionalización:o IGALIA (A Coruña)o Quobis (O Porriño)o Optare Solutions (Vigo) Categoría Liderado TIC:o ALTIA CONSULTORES (A Coruña)o CPEIG (Santiago de Compostela)o HEWLETT PACKARD SERVICIOS (Santiago de Compostela) Categoría Startup:o APPENTRA SOLUTIONS (A ...
19 abril 2012
Baixo o paraugas do grupo de traballo de Innovación e Demanda Temperá, poñeranse en marcha seis proxectos para a procura de mercados e oportunidades de negocio en nichos estratéxicos. Segundo a proposta presentada polo grupo de traballo e aprobada polo Comité Estratéxico do Cluster na súa reunión do pasado 12 de abril, as comisións ou subgrupos de traballo crearanse arredor de empresas interesadas en dedicar recursos a impulsar un proxecto de demanda temperá en cada unha das áreas seleccionadas.Cada subgrupo funcionará de maneira autónoma, cun responsable que reportará ao coordinador do grupo de traballo, que neste caso está liderado ...
9 marzo 2012
O grupo de traballo Innovación e Demanda Temperá traballará na posta en marcha de sete comisións para impulsar cada un dos proxectos seleccionados de ente a axenda estratéxica de I+D+i proposta por Vindeira e aprobada polo Comité de Dirección e o Comité Estratéxico do Cluster.As comisións ou subgrupos de traballo crearanse arredor de empresas interesadas en dedicar recursos a impulsar un proxecto de demanda temperá en cada unha das áreas seleccionadas. Unha vez acadada unha masa crítica mínima de empresas interesadas en cada proxecto, o subgrupo porase en marcha e funcionará de maneira autónoma. Haberá un coordinador ...
2 marzo 2012
O próximo luns, 5 de marzo, reunirase o grupo de traballo de Globalizción e Internacionalización para pulir os últimos detalles do Plan de Internacionalización do sector TIC galego. A elaboración dunha estratexia para dar un forte pulo á saída aos mercados exteriores das empresas do eido das Tecnoloxías da Información e das Comunicacións é un compromiso adquirido polo Cluster ante a Consellería de Economía e Industria, e conta co apoio expreso da administración galega. Este plan, que está xa moi avanzado na súa elaboración, marcará obxectivos ambiciosos que deberán ser acadados nos próximos tres anos, e fixará como mercados preferentes ...
1 abril 2011
O grupo de Traballo de Formación rematou a elaboración da enquisa de necesidades formativas, tendo aprobado as conclusións do traballo na súa reunión correspondente ao mes de marzo. Ao cuestionario, que foi enviado a todas as empresas e entidades membros do Cluster, responderon o 24,27% dos consultados. Como principal conclusión, pódese sinalar que as necesidades de formación máis demandadas son as relacionadas coa Xestión de proxectos e coa Programación. O primeiro contido é sinalado polo 80% dos consultados, mentres que o segundo é solicitado polo 76%.Tras Xestión de Proxectos e Formación, os seguintes contidos con maior demanda son ...