O Clúster TIC Galicia asina convenio de colaboración con Gradiant

O Clúster TIC Galicia asina convenio de colaboración con Gradiant


Co fin de potenciar a transferencia tecnolóxica e incrementar o potencial das TIC galegas en materia de I+D+i, esta mañá o Clúster TIC Galicia asinou convenio de colaboración con Gradiant.

Con este acordo facilítase o desenvolvemento de actividades en conxunto para a promoción e a realización de proxectos no ámbito da I+D+i  xa que o Clúster TIC manterá puntualmente informado a Gradiant das necesidades do sector ao tempo que se axiliza e se facilita a transferencia do coñecemento xa desenvolvido por Gradiant.

Desde a administración salientan a importancia da cooperación das empresas en clústeres sectoriais, a colaboración entre clústeres e a estreita relación destes cos centros tecnolóxicos, tanto sectoriais como horizontais, como claves para incrementar a competitividade das pemes.

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies