COETG-AETG convocan unha nova edición dos "Premios Galicia das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2012"

COETG-AETG convocan unha nova edición dos "Premios Galicia das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2012"




A nova edición dos Premios Galicia das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2012, convocados polo Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG-AETG), terá lugar durante o trascurso da XVII Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información, que se celebrará o vindeiro 26 de outubro en A Toxa. 


As convocatorias que actualmente están abertas para participar son as tres seguintes:

Premio Gerardo García Campos á Mellor Iniciativa Empresarial no sector TIC 2012. Este galardón está patrocinado pola Fundación Ingeniero Gerardo García Campos. Coa concesión deste premio, dotado con 6.000 euros, preténdese dar un impulso económico e social a aquelas empresas que están empezando a súa andaina ao concederse a un proxecto empresarial emerxente no ámbito das Tecnoloxías da Información e as Comunicacións.

Premio
INEO ao Produto ou Servizo TIC máis innovador de 2012. Este galardón entregarase en colaboración coa Asociación Multisectorial de Nuevas Tecnologías de la Información y la Comunicación (INEO). Con este Premio, de carácter honorífico, preténdese recoñecer ás empresas modelo para o mundo das TICs.

Premio GRADIANT á Mellor Tese Doutoral aplicada ao Sector TIC 2012. O galardón está patrocinado pola Fundación Centro Tecnolóxico das Telecomunicacións de Galicia (GRADIANT). Con este premio, dotado con 2.000 euros, preténdese fomentar a realización de teses doutorais como vehículo de xeración de coñecemento e recoñecer a aqueles investigadores das universidades galegas que teñan completada a súa tese doutoral nun eido aplicable ao sector TIC.

A recepción de candidaturas remata para todos os premios o 21 de setembro ás 14:00 horas.

Fonte: Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG-AETG)


Bases do Premio Gerardo García Campos

Bases do Premio Ineo

Solicitude de Participación Ineo

Bases do Premio Gradiant

Ficha resumo de tese Gradiant

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies