INTRODUCIÓN
O Clúster TIC Galicia (en diante, Clúster TIC) é unha asociación sen ánimo de lucro que actúa como axente tractor do sector tecnolóxico galego. A súa misión é fortalecer a competitividade, a innovación e a dixitalización do tecido empresarial, impulsando a cooperación entre empresas, institucións e centros de coñecemento. A través da súa actividade, o Clúster contribúe de forma activa ao desenvolvemento dun ecosistema TIC en Galicia.
Neste marco, o IGAPE impulsa medidas de impulso e apoio aos clústeres galegos, como palancas clave para avanzar nos obxectivos do Plan Estratéxico de Galicia 22-30. En liña co papel estratéxico que se lles recoñece tanto na política económica galega como na Lei de Política Industrial de Galicia, a política de clúster oriéntase a reforzar tanto as actuacións de difusión xeral como o impulso de iniciativas de maior ambición e custo. O apoio aos clústeres formúlase cunha perspectiva de mellora da competitividade global dos núcleos económicos clave de Galicia, promovendo ao mesmo tempo a súa capacidade de exemplificación e transferencia cara a outros ámbitos da economía rexional. E, en concreto, este programa impúlsase grazas ao apoio das axudas ás agrupacións empresariais (clústeres) innovadoras na Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025.
Neste contexto, o Clúster TIC pon en marcha unha nova edición do programa Tech Angels, un punto de encontro entre emprendedores, startups e partners tecnolóxicos adecuados, facilitando a integración destas empresas emerxentes no mercado, reducindo riscos e fomentando a innovación. Esta nova edición emprega un modelo de xanela aberta e continua, orientado a reforzar a axilidade, a escalabilidade e a participación sostida de startups e emprendedores.
O obxectivo é brindar ás persoas emprendedoras e a startups de calquera sector a oportunidade de potenciar o seu negocio, mediante a integración de solucións tecnolóxicas avanzadas, a través dunha colaboración onde as persoas emprendedoras e as startups de calquera sector se unen a empresas socias do Clúster TIC (TECH ANGELS), os que poñen os recursos técnicos e económicos á súa disposición para proporcionarlle solucións tecnolóxicas personalizadas, necesarias para potenciar o seu negocio.
Mediante este programa buscarase xerar sinerxías que brinden as persoas emprendedoras e startups acceso a recursos tecnolóxicos avanzados e expertise especializado, impulsando así a súa rápida expansión e fortalecemento no mercado.
1. ACEPTACIÓN DAS BASES
A participación na Convocatoria supón a aceptación destas bases, sen excepcións nin condicionantes, así como de calquera resolución que se puidese producir.
En caso de se constatar durante o desenvolvemento do programa que algún membro de calquera dos equipos participantes non cumprise os compromisos establecidos nestas bases, o Clúster TIC reserva para si o dereito a exixir o cumprimento destes, e de non ser así, de proceder á exclusión do proxecto.
Así mesmo, o Clúster TIC reserva para si o dereito de cancelar, modificar ou suspender calquera aspecto ou criterio do programa.
O compromiso asumido pola aceptación destas bases entrará en vigor a partir da súa aceptación e permanecerá en vigor ata que finalice o acordo con TECH ANGEL.
2.RESPONSABILIDADE
As persoas e entidades solicitantes serán responsables de tódolos prexuízos, directos ou indirectos, que sexan causados ou poidan ser causados pola infracción destas bases, exonerando ó Clúster TIC de toda responsabilidade ó respecto, sen ningunha excepción.
Nestes termos, os/as solicitantes serán responsables da infracción de dereitos de terceiros durante a súa participación no Programa desta convocatoria e deberán indemnizar as terceiras partes afectadas e, se é o caso, ao Clúster TIC por calquera dano ou prexuízo causado e reclamado xudicial ou extraxudicialmente, incluíndo expresamente os honorarios dos/as profesionais intervenientes nos procedementos, polo incumprimento das obrigas descritas nestas bases.
3. REQUISITOS DAS PERSOAS E ENTIDADES PARTICIPANTES
Poderán participar no programa persoas emprendedoras e startups de calquera sector productivo que cumpran os seguintes requisitos:
No caso de contar cunha sociedade xa constituída:
No caso de non contar cunha sociedade constituída:
4. OBRIGAS DAS PERSOAS E ENTIDADES PARTICIPANTES
A participación na convocatoria suporá a asunción por parte das persoas ou empresas admitidas a ela, dos seguintes compromisos:
Adicionalmente, no caso de resultar seleccionadas por un TECH ANGEL, ademais das obrigas anteriormente asumirán as seguintes:
5. PROPIEDADE INTELECTUAL
Cada solicitante garante que o contido da súa presentación é da súa creación orixinal e non infrinxe ningún dereito, incluídos os dereitos de propiedade intelectual de terceiros e que o contido non é ilegal, nin foi creado incumprindo ningunha obriga contractual con terceiro.
A información facilitada pola persoa ou entidade solicitante deberá ser correcta, veraz e completa, asumindo a total responsabilidade por calquera inexactitude. En caso contrario, o Clúster TIC terá dereito, sen prexuízo de calquera outra vía legal, a retirar, rexeitar ou suspender os dereitos que se lle outorgan ao solicitante nestas bases.
A persoa ou entidade solicitante autoriza expresamente ao Clúster TIC a utilizar o seu nome e imaxe en material publicitario relacionado con esta convocatoria, sen compensación algunha.
Ao presentar a súa solicitude, a persoa ou entidade solicitante asume que a presentación do documento de solicitude confirma o seu carácter voluntario.
A persoa ou entidade solicitante acepta que o Clúster TIC adopte as decisións relacionadas coa convocatoria, e recoñece que, aínda que o seu proxecto sexa seleccionado por un TECH ANGEL, o Clúster TIC non está obrigado a desenvolvelo.
6. RESPONSABILIDADE
As persoas e entidades participantes serán responsables de todos os danos e prexuízos, directos ou indirectos, que se causen ou poidan ocasionar pola vulneración destas bases, exonerando ao Clúster TIC de toda responsabilidade ao respecto, sen excepción algunha.
Segundo estes termos, as persoas físicas e entidades participantes serán responsables da vulneración dos dereitos de terceiros durante a súa participación no programa TECH ANGELS e deberán indemnizar aos terceiros afectados e, se é o caso, ao Clúster TIC por calquera dano ou prexuízo causado e reclamado xudicialmente ou extraxudicialmente, incluíndo expresamente os honorarios dos profesionais implicados nos procedementos, por incumprimento das obrigas descritas nestas bases.
7. REVELACIÓN DE INFORMACIÓN
As persoas e entidades participantes consenten a utilización dos datos básicos do proxecto durante os procesos de valoración contemplados nas bases. Así mesmo, a aceptación destas bases autoriza ao Clúster TIC a utilizar o logotipo, denominación do proxecto, ou calquera outro tipo de soporte audiovisual desenvolvido ou gravado durante o programa, en todas aquelas actividades de difusión e comunicación que considere oportunas, con independencia do medio ou formato utilizado.
O contido de todas as ideas e proxectos que se presenten a esta convocatoria, así como todos os datos e informacións de calquera índole facilitados polas persoas e entidades participantes, serán tratados de xeito confidencial polo Clúster TIC, que se compromete a non utilizalos para fins distintos dos que se desprenden deste documento.
8. PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS
Dacordo coa normativa vixente en materia de protección de datos, infórmase de que os datos persoais facilitados polas persoas e entidades solicitantes serán incorporados a ficheiros separados titularidade do Clúster TIC. O Clúster TIC realizará o tratamento dos ditos datos coa exclusiva finalidade de avaliar os proxectos presentados, xestionar a participación no programa e difundilo e promocionalo publicamente. O Clúster TIC non recollerá, utilizará ou divulgará información persoal para fins distintos dos descritos anteriormente, salvo que os participantes dean o seu consentimento ou exista algunha obriga legal.
Os participantes dan o seu consentimento para que as imaxes gravadas durante o programa, así como os seus datos persoais, sexan públicos polos medios que o Clúster TIC considere oportunos. As persoas participantes comprométense a contar previamente coas autorizacións necesarias segundo a lei no caso de que faciliten datos de terceiros, exonerando ao Clúster TIC de toda responsabilidade en caso de reclamación por parte dun terceiro.
As persoas participantes poderán exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición previstos na Lei, dirixíndose, por calquera medio que permita acreditar o envío e a recepción, co Clúster TIC (Edificio CEM. Cidade da Cultura. 15707 Santiago de Compostela). | info@clusterticgalicia.com). Pero a cancelación de datos ou a oposición ás citadas cesións entenderase como renuncia á participación no programa.
9. COMUNICACIÓNS
Todas as notificacións relacionadas co desenvolvemento do Programa, incluída a relación de proxectos admitidos, publicaranse na páxina web www.clusterticgalicia.com. Calquera outra notificación individual comunicarase a través do correo electrónico ou número de teléfono co que se realizou a inscrición da solicitude de participación no Programa ou o que posteriormente lle facilite o promotor principal do proxecto para tal fin.
10.RECLAMACIÓNS
Para a interpretación e cumprimento destas bases, o Clúster TIC e as persoas e entidades participantes no Programa estarán suxeitos á aplicación da lexislación española.
Calquera controversia derivada da interpretación ou execución deste documento será resolta directamente polas partes, para o que se comprometen a realizar, de boa fe, os seus mellores esforzos para a solución consensuada das súas controversias, tendo en conta a común intención expresada no mesmo, no prazo máximo de quince (15) días hábiles, contados a partir da data en que calquera das partes notifique por escrito á outra calquera reclamación, sen que a falta de resposta por parte desta suspenda o citado prazo.
Calquera controversia ou reclamación derivada deste documento ou da súa interpretación que non fose resolta de acordo co establecido no apartado anterior, así como as cuestións relativas ao incumprimento, resolución ou nulidade, resolveranse mediante arbitraxe. A arbitraxe terá lugar na cidade da Coruña. O laudo arbitral será firme e inapelable, con renuncia a calquera recurso dispoñible contra o mesmo.
11.FASES DO PROGRAMA