O programa adopta un formato de xanela aberta e continua, permitindo que as persoas emprendedoras e startups presenten as súas iniciativas en calquera momento dentro do período establecido. O Clúster TIC Galicia realizará un seguimento periódico das solicitudes recibidas e, conforme aos criterios definidos nas bases, determinará a organización de sesións de pitching específicas, nas que cada candidato presentará o seu proxecto ante os Tech Angels. A continuación, detállanse as fases de desenvolvemento.

Fases do programa

  1. Solicitude de participación: as persoas e entidades interesadas en participar no Programa deberán presentar a súa solicitude ao Clúster TIC a través do formulario electrónico. Este paso inicial é como extender unha “invitación” para unha cita coa tecnoloxía.
  2. Revisión e Preselección: o Clúster TIC valorará todas as propostas e seleccionará as que cumpran os termos e condicións fixados nas bases. Esta etapa é análoga á preparación 'primeira cita’ onde se asegura que todo estea listo para o encontro.
  3. Comunicación de admisión de solicitudes: recibirás a comunicación da túa admisión ou non no programa. É o momento en que se confirma si a 'cita’ terá lugar.
  4. Obradoiros de Asesoramento: co obxectivo de guiarte e apoiarte na elaboración da candidatura que presentarás aos TECH ANGELS, ofrecerase un acompañamento ou titorización personalizada para que fagas a presentación óptima da túa iniciativa. Esta fase é crucial para pulir a presentación, asegurando que a proposta cause a mellor impresión.
  5. Pitching: as startups e persoas seleccionadas presentarán a súa idea a un panel de TECH ANGELS do Clúster TIC.
  6. Selección e Acordo: se o teu proxecto resulta elixido por un TECH ANGEL será o momento de formalizar o acordo entre ambas partes. É o punto de partida dunha relación tecnolóxica, onde a 'primeira cita' se transforma nun compromiso a longo prazo.
Modify cookies