Máis de 180 profesionais na xornada de presentación Kit Dixital organizada por Clúster TIC Galicia

Silvia Camesella,

Máis de 180 profesionais na xornada de presentación Kit Dixital organizada por Clúster TIC Galicia


O Clúster TIC Galicia organizou unha xornada de presentación do programa Kit Dixital cuxas bases xa foron publicadas e está pendente de abrirse a primeira convocatoria, prevista para febreiro. Máis de 180 profesionais, demandantes e ofertantes TIC,  asistiron ao encontro celebrado na Cidade da Cultura, con emisión por streaming a través da canle de Youtube. Participaron como ponentes, Carlos Tabernero Fernández, socio de Sector Público en NTT DATA; Alberto Díaz Freire, responsable de alianzas e transformación dixital de R Galicia; Marco  Dalla Costa, técnico de Proxecto da Oficina  Acelerapyme do Instituto Tecnolóxico de Galicia; María Eugenia Mijares Serrano, da área de Relacións Institucionais e Desenvolvemento en DIHGIGAL, e Lucía Castro Diaz, xerente de DATAlife. Durante o evento compartíronse os detalles e procedementos dun programa que será unha gran oportunidade para o impulso da dixitalización para pemes e autónomos.

Durante o encontro, o presidente do Clúster TIC, Antonio Rodríguez Del Corral, recalcou que o MapaTIC no que a entidade está a traballar para catalogar a empresas tecnolóxicas da rexión, contará cunha sección específica  para agrupar aos axentes  dixitalizadores  socios do Kit Dixital que sirva para facilitar a información e contacto a demandantes de servizos TIC a través deste programa.

Documentos de interese:

- Presentación NTT Data

- Presentación R

- Presentación ITG

- Presentación DIHGIGAL

- Presentación DATAlife

Outros enlaces

- Bases Kit Dixital  

- Anuncio para adhesión como Axente Dixitalizador 

- Guía para rexistro como Axente Dixitalizador  

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies