O Clúster TIC Galicia organizou unha xornada de presentación do programa Kit Dixital cuxas bases xa foron publicadas e está pendente de abrirse a primeira convocatoria, prevista para febreiro. Máis de 180 profesionais, demandantes e ofertantes TIC, asistiron ao encontro celebrado na Cidade da Cultura, con emisión por streaming a través da canle de youtube. Participaron como ponentes, Carlos Tabernero Fernández, socio de Sector Público en NTT DATA; Alberto Díaz Freire, responsable de alianzas e transformación dixital de R Galicia; Marco Dalla Costa, técnico de Proxecto da Oficina Acelerapyme do Instituto Tecnolóxico de Galicia; María Eugenia Mijares Serrano, da área de Relacións Institucionais e Desenvolvemento en DIHGIGAL, e Lucía Castro Diaz, xerente de DATAlife. Durante o evento compartíronse os detalles e procedementos dun programa que será unha gran oportunidade para o impulso da dixitalización para pemes e autónomos.
Durante o encontro, o presidente do Clúster TIC, Antonio Rodríguez do Corral, recalcou que o MapaTIC no que a entidade está a traballar para catalogar a empresas tecnolóxicas da rexión, contará cunha sección específica para agrupar aos axentes dixitalizadores socios do Kit Dixital que sirva para facilitar a información e contacto a demandantes de servizos TIC a través deste programa.
Podes ver o video completo da xornada na nosa canle de youtube: https://youtu.be/tcTR1TR0M6M
Documentos de interese:
Outros enlaces
Comments